Guerras napoleónicas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
As '''Guerras Napoleónicas''' foron unha serie de [[Guerra|conflitos militares]] que tiveron lugar durante o tempo no que [[Napoleón Bonaparte]] gobernou en [[Francia]]. Foron en parte unha extensión dos conflitos que estalaron por mor da [[Revolución Francesa]], e continuaron durante todo o [[Primeiro Imperio Francés]]. Non existe consenso sobre o intre exacto no que comezaron estas guerras. Hai quen considera que comezaron cando Napoleón chegou ao poder en Francia, en novembro de [[1799]]. Outras versións sitúan o período bélico entre [[1799]] e [[1802]] no contexto das [[Guerras Revolucionarias Francesas]], e consideran a declaración de guerra entre o [[Reino Unido]] e Francia en [[1803]], que seguiu ao curto período de paz do [[Amiens|Tratado de Amiens]] en [[1802]] como o punto inicial das Guerras Napoleónicas. As Guerras Napoleónicas remataron o [[20 de novembro]] de [[1815]], trala derrota final de Napoleón na [[Batalla de Waterloo]] e o [[Tratado de París (1815)|Segundo Tratado de París]] de [[1815]]. En conxunto, o case continuado período de guerras comprendido entre o [[20 de abril]] de [[1792]] e ata o [[20 de novembro]] de [[1815]] é chamado con frecuencia ''A Gran Guerra Francesa'' (anterior á [[Primeira Guerra Mundial]], chamada simplemente ''A Gran Guerra'').
 
[[Ficheiro:Sadler, Battle of Waterloo.jpg|thumbminiatura|right|450px|[[Batalla de Waterloo]], derradeira batalla de [[Napoleón]] e definitiva derrota de [[Francia]].]]
 
== A Primeira e Segunda Coalicións ==
Liña 9:
A [[Segunda Coalición]] ([[1798]]-[[1801]]) de [[Rusia]], o Reino Unido, [[Austria]], o [[Imperio Otomán]], [[Portugal]], [[Nápoles]] e os [[Estados Papais]] contra Francia foi ao principio máis efectiva cá primeira. O goberno corrupto e dividido de Francia, baixo o [[Directorio (Francia)|Directorio Executivo]], atopábase en plena axitación, e a República estaba en bancarrota (certamente, cando en [[1799]] Bonaparte tomou o poder, atopou só 60.000 [[francos]] no Tesouro Nacional). A participación [[Rusia|rusa]] supuxo un cambio decisivo sobre a guerra da [[Primeira Coalición]]. As forzas rusas en Italia estaban mandadas polo notoriamente desapiadado e nunca derrotado [[Aleksandr Suvórov]]. A República Francesa non dispuña de líderes como [[Lazare Carnot]], o ministro de guerra que levara a Francia ás sucesivas vitorias que seguiron ás masivas reformas da primeira guerra. Ademais, Napoleón Bonaparte estaba ocupado nunha campaña no [[Exipto]], co obxectivo de ameazar á [[Imperio británico|India Británica]]. Sen dous dos seus máis importantes comandantes do conflito anterior, a República sufriu sucesivas derrotas contra uns inimigos revitalizados, financiados pola coroa británica.
 
[[Ficheiro:Kleber.jpg|esquerda|thumbminiatura|200px|O xeneral Kléber]]
[[Ficheiro:Ingres, Napoleon on his Imperial throne.jpg|thumbminiatura|Napoleón Emperador, obra de [[Jean Auguste Dominique Ingres|Ingres]]]]
Napoleón Bonaparte voltou en [[1799]], deixando a campaña no Exipto a cargo do seu segundo ao mando, o xeneral [[Jean Baptiste Kléber|Kléber]], quen foi posteriormente asasinado. Tomou o control do goberno francés en [[1799]], derrubando o [[Directorio (Francia)|Directorio]] coa axuda do ideólogo [[Emmanuel Joseph Sieyès]]. A ofensiva das forzas austríacas no [[Rin]] e en [[Italia]], converteuse nunha ameaza perentoria para Francia, pero todas as tropas rusas foran retiradas da fronte trala morte da tsarina [[Catarina II de Rusia]]. Napoleón reorganizou a milicia francesa e creou un exército de reservistas para apoiar tanto os esforzos no Rin coma en Italia. En todas as frontes, os avances franceses atoparon aos austríacos coa garda baixa. Nese momento, o exército francés contaba só con 300.000 soldados loitando contra as forzas da Coalición. En Italia, a situación era con todo máis delicada pola presión de [[Austria]], e Napoleón viuse forzado a mobilizar ao exército de reservistas. Chocou cos austríacos na [[Batalla de Marengo]] o [[14 de xuño]] de [[1800]], e podería perder a batalla de non ser pola decisiva intervención do xeneral [[Louis Charles Antoine Desaix de Veygoux|Desaix de Veygoux]], que atacou a retagarda austríaca e venceuna. Desaix morreu na batalla, e Napoleón conmemorou posteriormente a súa bravura construíndolle monumentos e tallando o seu nome no [[Arco do Triunfo de París|Arco do Triunfo]]. No [[río Rin|Rin]], en cambio, a decisiva batalla chegou cando un exército francés de 180.000 homes enfrontouse a 120.000 soldados austríacos na [[Batalla de Hohenlinden]] o [[3 de decembro]]. Austria foi definitivamente vencida e abandonou o conflito tralo [[Tratado de Lunéville]], en febreiro de [[1801]].
 
O maior problema pendente de Napoleón era agora o [[Reino Unido]], que permanecía como unha influencia desestabilizadora nas potencias continentais. O Reino Unido propiciara a [[Segunda Coalición]] a través do seu financiamento. Napoleón estaba convencido de que, sen unha derrota británica ou un tratado co Reino Unido, non podería conseguir unha verdadeira paz. O exército británico era unha ameaza relativamente pequena para Francia, pero a [[Royal Navy|Armada Real Inglesa]] era unha continua ameaza para a flota francesa e para as colonias no [[Illas Caribes|Caribe]]. Ademais, os fondos económicos do Reino Unido eran suficientes para unir ás grandes potencias do continente contra Francia e, malia as numerosas derrotas, o exército austríaco aínda era un perigo potencial para a Francia napoleónica. En calquera caso, Napoleón non foi capaz de invadir [[Gran Bretaña]] dunha forma directa. Nas famosas palabras do almirante [[John Jervis]], primeiro Conde de San Vicente (en honra á histórica vitoria naval da [[Batalla do Cabo de San Vicente]] contra a escuadra franco-española): ''Eu non digo, señores, que os franceses non vaian vir; só digo que non virán por mar'' (palabras evidentemente irónicas tratándose Gran Bretaña dunha illa), expresábase a situación tralas derrotas da frota francesa na [[Batalla do Nilo]] ([[Aboukir]], [[1 de agosto]] de [[1798]]) e a posterior derrota da flota combinada franco-española na [[Batalla de Trafalgar]] ([[21 de outubro]] de [[1805]]), ambas co almirante [[Horatio Nelson]] ao mando da flota británica. Para rematar, foi doadamente contida unha expedición francesa a [[Irlanda]].
 
[[Ficheiro:Slaget på reden.jpg|thumbnailminiatura|right|300px|[[Primeira Batalla de Copenhaguen|A batalla de Copenhague]] (2 de abril de 1801)]]
 
==== A Guerra das Canoneiras ====
Liña 52:
 
== A Quinta Coalición ==
[[Ficheiro:El_Tres_de_Mayo,_by_Francisco_de_Goya,_from_Prado_in_Google_Earth.jpg|thumbminiatura|300px|Os fusilamentos do [[3 de maio]] de [[1808]], de [[Francisco de Goya]].]]O alzamento popular contra a invasión francesa o [[2 de maio]] de [[1808]] deu lugar á [[Guerra da Independencia Española]], que finalizou en [[1814]] coa expulsión do trono de [[José Bonaparte]] e a restauración da monarquía borbónica na figura de [[Fernando VII]].
 
A [[Quinta Coalición]] ([[1809]]) do Reino Unido e Austria contra Francia formouse mentres o Reino Unido enfrontábase con Francia na [[Guerra da Independencia Española]].
Liña 86:
 
Na [[Batalla de Leipzig]] en Saxonia ([[16 de outubro]] ao [[19 de outubro]] de [[1813]]), tamén chamada «''[[Batalla das Nacións]]''», 191.000 franceses loitaron contra máis de 450.000 aliados, e os franceses foron derrotados e forzados a retirarse a Francia. Napoleón loitou nunha serie de batallas, incluíndo a [[Batalla de Arcis-sur-Aube]], en Francia, pero aos poucos foi forzado a retroceder fronte a superioridade dos seus opoñentes.
[[Ficheiro:Russparis.jpg|thumbminiatura|right|350px|O exército ruso entra en [[París]] ([[30 de marzo]] de [[1814]])]]
Durante estes días tivo lugar a [[Campaña dos Seis Días]], na cal gañou múltiples batallas contra as tropas inimigas que avanzaban cara París, pero nunca conseguiu conducir ao campo de batalla a máis de 70.000 homes durante toda a campaña, fronte a máis de medio millón de tropas aliadas. No [[Tratado de Chaumont]], de [[9 de marzo]], os aliados acordaron manter a Coalición ata a derrota definitiva de Napoleón.
 
Liña 99:
 
Isto foi o que dispuxo fronte a un exército aliado inicial de ao redor de 700.000 soldados, aínda que os plans de campaña aliados tiñan previsto o reforzo dun millón de efectivos nas tropas fronteirizas, apoiadas por uns 200.000 soldados de [[guarnición]], loxística e persoal auxiliar. Pretendíase que esta forza excedese abrumadoramente ao numericamente inferior exército imperial francés, o cal nunca chegou a aproximarse nin de lonxe ao número de efectivos de 2,5 millóns pretendido por Napoleón.
[[Ficheiro:Waterloo campaign map.png|esquerda|thumbminiatura|300px|Mapa da campaña de Waterloo]]
 
Napoleón conduciu a uns 124.000 homes do exército ao norte nunha manobra preventiva para atacar aos aliados en [[Bélxica]]. A súa intención era atacar aos exércitos aliados antes de que chegasen a unirse, coa esperanza de botar aos ingleses ao mar e botar aos prusianos da guerra. A súa marcha á fronteira tivo o efecto sorpresa que agardara. Forzou aos prusianos a loitar na [[Batalla de Ligny]] o [[16 de xuño]], derrotándoos e facéndolles retroceder nunha desordenada desbandada. Ese mesmo día, el á esquerda do exército, baixo o mando do mariscal [[Michel Ney]], detivo con éxito a todas as forzas que [[Sir Arthur Wellesley|Wellington]] enviaba en axuda do comandante prusiano [[Blücher]], cunha acción de bloqueo na [[Batalla de Quatre Bras]]. Con todo, Ney non puido despexar os cruces, e Wellington reforzou a súa posición. Cos prusianos en retirada, Wellington viuse forzado a retirarse tamén. Agrupouse nunha posición que recoñecera previamente nunha ladeira do monte ''Saint Jean'', a poucas millas ao sur da vila de [[Waterloo]], en [[Bélxica]]. Napoleón levou os seus reservas ao norte, e reuniu ás súas forzas coas de Ney para perseguir ao exército de Wellington, pero non sen antes ordenar ao mariscal [[Emmanuel de Grouchy|Grouchy]] que se desviase á dereita e detivese a reorganización do exército prusiano. Grouchy fallou neste empeño, porque aínda que venceu á retagarda prusiana baixo o mando do Tenente Xeral von Thielmann na [[Batalla de Wavre]] (do [[18 de xuño]] ao [[19 de xuño]]), o resto do exército prusiano ''marchou baixo o son dos canóns'' en Waterloo.