Diferenzas entre revisións de «Grou»

m
Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m (left -> esquerda)
m (Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|))
 
== Descrición ==
[[Ficheiro:Grus grus skull.png|thumbminiatura|Esquelete de grou]]
Coma tódolos representantes do xénero ''Grus'' é unha ave grande, coas patas e o pescozo longos. Miden entre 110 e 130 cm. e alto e teñen unha envergadura alar duns 220 a uns 245 cm. Caracterízanse polo debuxo branco e negro da cabeza e o pescozo e por unha placa vermella sen plumas na cabeza. O bico e fino e en forma de cuña, duns 10 cm. de longo. A plumaxe é, agás na cabeza e o colo, gris clara con diversos matices e gradacións. As aves case brancas ou moi escuras son, porén, excepcionais.
A cola é as plumas rémixes son negras. As plumas do úmero varían entre o gris e o negro e colgan nos exemplares adultos sobre da cola.. Na época reprodutora a zona dos ombreiros e do lombo ten tons que van do castaño escuro ó cor da terra. Os sexos son difíciles de distinguir a simple vista, malia que os machos son algo meirandes cás femias. Os primeiros pesan entre 5 e 7 quilogramos, as segundas entre cinco e seis.
 
=== O voo dos grous ===
[[Ficheiro:Grus grus flight.jpg|esquerda|thumbminiatura|260px|Grou voando]]
Cando despegan manteñen en xeral o pescozo e a cabeza estirados en forma de arco na dirección do voo durante uns segundos. Despois dalgúns pasos rápidos érguense do chan e voan co pescozo estricado. Cobren as distancias longas en voo planeado. Os grous son grandes voadores que poden percorrer sen escalas distancias de ata 2.000 quilómetros, por ben que o máis común e que fagan etapas de 10 a 100 quilómetros. As velocidades medias en voo van dos 45 ós 65 km/h, pero con ventos de cola poden acadar en certos tramos os 130 km/h.
 
 
== Distribución e hábitat ==
[[Ficheiro:Verbreitungskarte des Kranichs.png|thumbminiatura|400px|Mapa de distribución do grou. En amarelo as zonas de cría. En azul as de invernada. As liñas verdes indican as rutas migratoruis]]
As rexións de cría da especie están situadas no nordeste de [[Europa]] e o norte de [[Asia]]. Os ríos [[Weser]] e [[Aller]] marcan ó seu límite oeste, o paralelo 51 o límite sur. A perda de biótopos axeitados dende comezos do século XX empurrou entre 300 e 400 km. cara ó norte a zona de reprodución dos grous. A perda de territorios de cría é causada pola drenaxe e posta en cultivo de zonas húmidas, que xunto cos roubos de ovos, a caza e as condicións climáticas fixeron desaparece-la especie de moitas zonas. Algunhas delas están volvendo, porén, a ser ocupadas grazas ás medidas de protección.
 
 
== Alimentación ==
[[Ficheiro:Grus grus 6 (Marek Szczepanek).jpg|thumbminiatura|260px|Grou buscando comida]]
Os grous comen alimentos de orixe vexetal e animal, incluíndo pequenos [[mamífero]]s, [[réptil]]es, [[peixe]]s, [[anfibio]]s, [[caracol|caracois]], [[verme]]s, e [[insecto]]s., sementes de [[cereal|cereais]] e [[xirasol|xirasois]], [[leguminosa]]s, baias, [[landra]]s, verduras, raíces e [[pataca]]s.
 
 
=== Conduta migratoria ===
[[Ficheiro:Grus grus flocks.jpg|right|thumbminiatura|260px|Formación de grous migradores]]
Un ou dous días antes de empezar a emigración masiva, os grous comezan a estar inquedos, berrando e danzando moito e rompendo os ritmos vitais habituais. Os factores que desencadean a emigración teñen que ver cos ventos, os cambios de temperatura e as dispoñibilidades de alimento.
Parellas ou pequenas familias vanse reunindo nos puntos de partida, ata formaren grupos de miles de aves. Os bandos voan formando cuñas, ángulos de lados desiguais ou liñas diagonais, para reducir a resistencia do vento e manter o contacto dentro do grupo. Comunícanse con berros, que son máis frecuentes pola noite ou en condicións de mala visibilidade.. A emigración faise habitualmente por etapas, facendo paradas intermedias de duración variable..
103.099

edicións