Gripe aviaria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: lv:Putnu gripa
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 2:
A '''gripe aviaria''' é unha [[enfermidade]] [[virus|viral]] das aves causada por [[cepa]]s A de [[virus]] [[influenza]] que se pode transmitir ao home e a outros animais (pero sobre todo ao [[porco]]). Identificouse pola primeira volta en [[Italia]] a comezos do [[século XX]] e hoxe coñécese a súa existencia en todo o mundo. Desde [[1950]] houbo quince [[epidemia]]s de gripe aviaria, delas cinco graves. En [[1997]] coñeceuse o primeiro caso de transmisión da enfermidade a un humano, en [[Hong Kong]]. Na epidemia de [[2004]] morreron 30 persoas, sobre todo en [[Vietnam]] e en [[Tailandia]].
 
[[Ficheiro:Colorized_transmission_electron_micrograph_of_Avian_influenza_A_H5N1_viruses.jpg|thumbminiatura|right|Microfotografía de virus A H5N1 da gripe aviaria.]]
 
Na actualidade, "gripe aviaria" describe a infección debida a un subtipo concreto do virus A de influenza, [[H5N1]], que pode causar doenzas graves nos humanos infectados. Transmítese por contacto con aves infectadas e o contaxio entre persoas é, de momento, raro. A gripe H5N1 non constitúe unha [[pandemia]] na actualidade e non ten capacidade de ocasionala. Isto pode acontecer se H5N1 mutar nunha forma que lle permita pasar dunha persoa a outra.