Glándula suprarrenal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Illu adrenal gland.jpg|thumbminiatura|right|Glándulas suprarrenais ou adrenais.]]
[[Ficheiro:Gray1185.png|thumbminiatura|right|Zonas da glándula suprarrenal.]]
Nos mamíferos, as '''glándulas suprarrenais''' tamén chamadas '''glándulas adrenais''' son [[sistema endócrino|glándulas endócrinas]] que están situadas sobre a parte superior dos [[ril]]es. Nos humanos a glándula suprarrenal dereita ten forma triangular e a esquerda ten forma semilunar. Son principalmente responsables da produción e liberación de [[hormona]]s en resposta ao [[estrés]], que son [[corticosteroides|corticoesteroides]] (por exemplo o [[cortisol]]) e [[catecolamina]]s (por exemplo, a [[adrenalina]]). As glándulas suprarrenais actúan sobre a función renal por medio da secreción da hormona [[aldosterona]], que está implicada na regulación da [[osmolaridade]] do [[plasma sanguíneo]].
 
==Anatomía e Fisioloxía==
[[Ficheiro:MAHADRENALS.jpg|thumbminiatura|esquerda|Un escaneado de tomografía computerizada no que se distinguen as suprarrenais con forma triangular sobre os riles.]]
Anatomicamente, as glándulas suprarrenais ou adrenais están localizadas no [[retroperitoneo]] na parte superior dos [[riles]]. Están rodeadas por unha [[cápsula adiposa]] e pola [[fascia renal]]. Nos humanos, as glándulas suprarrenais están ao nivel da 12ª vértebra torácica ou dorsal. Cada glándula adrenal comprende dúas partes distintas: a parte externa da glándula, que é o córtex adrenal, e a parte interna ou medula adrenal; ambas as partes producen hormonas. O córtex produce principalmente [[cortisol]], [[aldosterona]] e menores cantidades de [[andróxeno]]s e [[estróxeno]]s, e a medula produce [[adrenalina]] e [[noradrenalina]]. O peso conxunto das glándulas suprarrenais é de entre 7 e 10 g nos humanos adultos. <ref>[http://journals.lww.com/obgynsurvey/Citation/1972/01000/Reinfection_With_Rubella_in_Pregnant_Women.4.aspx Page 18] in: {{cite journal |author=Boué A, Nicolas A, Montagnon B |title=Reinfection with rubella in pregnant women |journal=Lancet |volume=297 |issue=7712 |pages=1251–3 |year=1971 |month=June |pmid=4104713 |doi=10.1016/S0140-6736(71)91775-2 |url=}}</ref>
{{clear}}
 
==Córtex suprarrenal==
[[Ficheiro:Adrenal gland (cortex).JPG|thumbminiatura|right|Corte histolóxico dunha glándula suprarrenal. O punteiro sinala o córtex.]]
O '''córtex suprarrenal''' ou '''córtex adrenal''' ten a función de sintetizar hormonas [[esteroide]]s, fundamentalmente [[corticosteroides]] ([[mineralocorticoide]]s e [[glicocorticoide]]s) e pequenas cantidades de [[andróxeno]]s e [[estróxeno]]s. Células corticais específicas producen determinadas hormonas como [[aldosterona]], [[cortisol]], e [[andróxeno]]s como a [[androstenediona]]. En condicións normais relaxadas (sen estrés), as células das glándulas suprarrenais humanas producen o equivalente de 35–40 mg de cortisona acetato diarias. <ref name="safeuses">{{cita libro |autor=Jefferies, William McK |título=Safe uses of cortisol |editor=Charles C. Thomas |location=Springfield, Ill |ano=2004 |pages= |isbn=0-398-07500-X |oclc= |doi= |accessdate=}}</ref> A diferenza da inervación directa que ten a medula suprarrenal, o córtex está regulado por outras hormonas [[neuroendócrino|neuroendócrinas]] segregadas pola [[hipófise]] ou pituitaria, que á súa vez está baixo o control hormonal do [[hipotálamo]] e polo do [[sistema renina-anxiotensina]].
 
Liña 48:
 
==Medula suprarrenal==
[[Ficheiro:Adrenal gland (medulla).JPG|thumbminiatura|right|Corte da glándula suprarrenal. O punteiro sinala a medula suprarrenal.]]
A '''medula suprarrenal''' ou '''medula adrenal''' ocupa a parte central da glándula, e está rodeada polo córtex suprarrenal. O límite entre a zona reticular e a medula non é moi nítido nos humanos, xa que hai columnas de células do córtex que penetran algo na medula. A medula segrega aproximadamente un 20% de [[noradrenalina]] e un 80% de [[adrenalina]]. <ref name=Kaplan.Physio /> As [[célula cromafín|células cromafíns]] da medula, denominadas así pola súa característica tinguidura castaña con sales do [[ácido crómico]], son a principal fonte do corpo das [[catecolamina]]s circulantes [[adrenalina]] (epinefrina) e [[noradrenalina]] (norepinefrina). As catecolaminas derivan do [[aminoácido]] [[tirosina]] e estas hormonas hidrosolubles son as principais hormonas que inflúen na [[resposta de loita ou fuxida]]. As células que producen noradrenalina teñen gránulos de núcleo denso rodeados de membrana, que conteñen dita hormona. As que liberan adrenalina teñen gránulos homoxéneos e menos densos. Os gránulos libéranse por [[exocitose]] <ref name=Fawcett>D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 522-532. ISBN 84-7605-361-4
</ref>.