Gasterópodos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 43:
=== A cuncha ===
{{AP|Cuncha}}
[[Ficheiro:Zonitoides nitidus drawing.svg|thumbminiatura|125px|[[Cuncha]] de ''Zonitoides nitidus'', con torsión dextróxira.

'''Arriba:''' visión dorsal, posición espiral

'''Centro:''' visión ventral

Liña 56:
Os primeiros gasterópodos que xurdiron no noso planeta tiñan a cuncha [[wikt:Cono|cónica]], como se fora un sombreiro chinés. Estes seres pertencían a orde dos ''Cinostracos'' e só temos [[Fósil|fósiles]] deles. A medida que a punta da cuncha foi crecendo esta foi enrolándose, posiblemente para poder manter o equilibrio e formaron os individuos da orde dos ''Cocleostracos''. Estes gasterópodos tiñan [[simetría bilateral]] xa que aínda non sufriron a torsión. En conxunto estes dous grupos pertencen ao grupo dos [[Protogasterópodo]]s e sobreviviron ate o [[Paleozoico|pérmico]].
Nos que seguiron a estes gasterópodos primitivos a cuncha formará un típico cono enrolado arredor dun eixo central en forma de [[Hélice (xeometría)|espiral]]. As maioría das cunchas adoitan estar enroladas cara a dereita e por iso levan o nome de ''dextroxiras'', so algunhas poucas están enroladas cara a esquerda outorgándoselle o nome de ''levoxiras''.
[[Ficheiro:Haliotis asinina trochophore protoconch.jpg|esquerda|thumbminiatura|[[Larva]] [[trocófora]] de ''[[Haliotis asinina]]'' con anterioridade á torsión.]]

A cuncha forma un longo tubo enrolado que ten un [[eixo]] central chamado '''columela'''. A apertura da cuncha está delimitada por dous '''labios''' : o externo e o interno que polo miúdo están decorados con ''[[dente]]s'' e nalgúns casos coa apertura dunha '''canle sifonal''' que intervén na entrada e saída de [[auga]] ao interior da [[cavidade paleal]]. ´É frecuente que estes animais teñan unha estrutura a modo de tapadeira chamada '''[[opérculo]]''' que serve para protexelos no interior da cuncha no caso, por exemplo, de que exista a ameaza dun [[wikt:depredación|depredador]].
Liña 66:

=== Torsión ===
[[Ficheiro:Haliotis asinina protoconch.jpg|thumbminiatura|[[Protocuncha]] de ''Haliotis asinina'' cando a torsión xa é completa.]]
A característica máis representativa dos gasterópodos e que ademais serve para diferencialos dos outros grupos de moluscos é a de que a masa visceral xirou 180º dentro da cuncha. Esta torsión prodúcese no estado de [[larva]] [[velixer]] e produce un drástico cambio na disposición das estruturas no interior do corpo. Así, antes da torsión, a cavidade paleal que contén as [[Wikt:branquia|branquia]]s e o [[Ano (anatomía)|ano]], é posterior, pero logo da torsión pasa a ser anterior. Os [[nervio]]s das vísceras e os ganglios que tiñan unha forma de asa sinxela despois do xiro pasan a ter unha forma de oito producíndose, polo tanto, un cruzamento dos mesmos.

Liña 76:

=== Anatomía interna ===
[[Ficheiro:Schizoglossa novoseelandica digestive system.jpg|thumbminiatura|esquerda|Debuxo do aparato dixestivo do carnívoro ''Schizoglossa novoseelandica''.

1-2 – Masa bucal,

1 - Boca,

Liña 90:

O [[aparato dixestivo]] dos gasterópodos foi, ao longo da súa evolución, adaptándose a diversos tipos de dietas nos diferentes grupos, así temos que existen individuos [[carnívoro]]s, [[herbívoro]]s, [[preeiro]]s, [[depredador]]es, [[filtrador]]es, e incluso [[parasito]]s.
[[Ficheiro:Radula diagram3.png|thumbminiatura|right|200px|Diagrama no que se amosa a rádula en vista transvesal da cavidade bucal dun gasterópodo]]
As partes principais dos sistema dixestivo dos gasterópodos son as seguintes:
* A '''masa bucal''' (incluíndo a [[boca]], [[farinxe]], e os [[músculo]]s retractores da farinxe) e as [[Glándula salivar|glándulas salivares]], cos condutos salivares.
Liña 104:
A parte anterior do tubo dixestivo pode modificarse nunha probóscide extensible que contén a rádula. A rádula é unha cinta dentada de [[quitina]] que serve para raspar ou cortar os alimentos e así facilitar a súa entrada no esófago.

[[Ficheiro:Gastropod_nervous_system.gif|right|thumbminiatura|Estrutura xeral dos ganglios dun gasterópodo. Na maioría das especies, o cerebro fúndese nun só órgano, de seis lóbulos. {{en}}]]
==== Sistema nervioso ====
O [[sistema nervioso]] está ben desenvolvido. Conta con un ''anel periesofáxico'' no que hai 3 pares de [[ganglio]]s conectados por cordóns nerviosos principais e con pequenos [[nervio]]s periféricos ramificados. Os ganglios da área cerebral son os seguintes:
Liña 113:
* '''Ganglios parietais''' (2)
* '''Ganglios viscerais'''(2)
[[Ficheiro:Aplysia californica rhinophore.jpg|right|thumbminiatura|'''Rhinoforos''' de ''Aplysia californica''.]]

==== Órganos dos sentidos ====
Liña 139:

=== Respiración ===
[[Ficheiro:Arion rufus on road.jpg|thumbminiatura| O gasterópodo ''Arion rufus'' amosando o '''pneumostoma''']]
Dentro do grupo dos gasterópodos os [[Aparato respiratorio|sistemas respiratorios]] son moi variados sobre todo dependendo de si o [[hábitat (ecoloxía)|hábitat]] do animal e mariño ou terrestre. Así temos que a maioría dos gasterópodos mariños realizan a respiración mediante as [[branquia]]s típicas dos moluscos que levan o nome de '''ctenidios''' (''ctenidium'') situados na cavidade do manto.
Os gasterópodos máis simples (''arqueogasterópodos dibranquios'') teñen dúas branquias pero a medida que van evolucionando van respirando tan só por unha das branquias mediante unha corrente de auga en forma de U que atravesa a cavidade do manto. A tendencia evolutiva é a de redución do ctenidio esquerdo que chega a adherirse a parede do manto (''branquia monopectinada''). A tendencia redutora na branquia continúa ata que desaparecen os filamentos branquiais converténdose a parede do manto nunha especie de [[pulmón]] aéreo ou acuático (como nos ''prosobranquios'' e os ''pulmonados''). No manto aparece un orificio chamado '''pneumostoma''' a traveso do cal sae e entra o aire. Nos ''janélidos'' os pulmóns forman [[traquea]]s que se estenden por todo o corpo para aumentar a eficacia na absorción de osíxeno.

=== Alimentación ===
[[Ficheiro:Radula docoglosse.JPG|thumbminiatura|right|225px|Detalle microscópico dunha '''rádula''' do gasterópodo do xénero ''Patella'' amosando os dentículos]]
Os hábitos alimenticios dos gasterópodos son tan variados como as súas formas e os seus hábitats pero todos inclúen diversas adaptacións da '''rádula''' como un elemento importante deste proceso.
Así dentro dos gasterópodos [[Mar|mariños]] ou [[Solo|terrestres]] temos diversos modos de alimentarse:
Liña 160:

=== Reprodución e desenvolvemento ===
[[Ficheiro:Weinbergschnecke Paarung.jpg|thumbminiatura|250px|right|'''Cortexo''' no caracol ''Helix pomatia'']]
Aínda que a maioría dos gasterópodos mariños son '''dioicos''', e dicir, hai seres machos e femias, existen tamén individuos '''monoicos''' ([[hermafrodita]]s) aínda que adoitan ter unha [[Fecundación|fecundación cruzada]] como acontece en moitos dos gasterópodos terrestres. Existen tamén individuos que son ''hermafroditas secuenciais'', e dicir, que os individuos son [[macho]]s e [[femia]]s en momentos distintos do seu ciclo vital (exemplo: xénero ''Crepidula'')..

Liña 167:
A copulación supón en moitas especies un intercambio de espermatozoides que están nunhas cápsulas chamadas '''espermatóforos''' que son introducidos no órgano sexual feminino durante a cópula (fecundación interna). Os [[Ovo (bioloxía)|ovo]]s fertilizados poden colocarse en cápsulas e flotar na [[auga]] o no caso dos caracois terrestres en ambientes húmidos e a partir deles poden xurdir [[Trocófora|larvas trocóforas]] aínda que en xeral esta fase acontece antes da eclosión, polo que a maioría dos novos individuos comezan como [[Velixer|larvas velixer]] ou pasan esta etapa na cápsula e logo emerxen como caracois pequenos trala [[metamorfose]] como no caso dos ''neogasterópodos''<ref>http://www.asturnatura.com/moluscos/gasteropodos.html#reproduccion</ref>.

[[Ficheiro:Scheme snail anatomy-numbers.svg|thumbminiatura|400px|1-cuncha, 2-figado, 3-pulmón, 4-ano, 5-poro respiratorio, 6-ollo, 7-tentáculo, 8-ganglios cerebrais, 9-conduto salivar, 10-boca, 11-, 12-glándula salivar, 13-poro xenital, 14-pene, 15-vaxina, 16-glándula mucosa, 17-oviducto, 18-saco de dardos, 19-pé, 20-estómago, 21-ril, 22-manto, 23-corazón e 24-vasos deferentes]]

== Clasificación ==
Liña 290:
*** Familia [[Pneumodermatidae]] Latreille, 1825
*** Familia [[Thliptodontidae]] Kwietniewski, 1910
[[Ficheiro:Door snail.jpg|thumbminiatura|right|''Clausiliidae'']]
** Suborde [[Nudibranchia]] Blainville, 1814 ([[nudibranquio]]s)
** Infraorde [[Anthobranchia]] Férussac, 1819