Galia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.2) (Bot: Engado: ast:Galia
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
{{Historia de Francia}}
 
[[Ficheiro:Map Gallia Tribes Towns.png|right|thumbminiatura|250px|Mapa da Galia no ano 58 a.C.]]
 
A '''Galia''' ('''Gallia''' en [[latín]]) é o conxunto de territorios ocupados polos [[galos]], pobos denominados así polos romanos, e que corresponden coas actuais [[Francia]], [[Bélxica]] e parte da [[Suíza]], así como terras dos actuais [[Países Baixos]] e [[Alemaña]] situadas ao oeste do [[río Rin]]. A palabra '''galo''' refírese habitualmente aos habitantes celtas desa rexión nos tempos antigos e foi empregada principalmente polos romanos, que moi raras veces chamaban [[celta]]s a este conxunto de tribos diversas. O xentilicio conservouse a través dos tempos soamente na extensión de terras que hoxe compoñen a República francesa e aínda hoxe se continúa chamando ''galos'' aos franceses, e de feito ''Gallia'' é o nome de [[Francia]] en [[grego moderno]].
Liña 29:
 
== As Galias ==
[[Ficheiro:REmpire-Gallia.png|thumbminiatura|right|As diferentes provincias que facían parte da Galia]]
Todas as terras habitadas polos galos eran coñecidas polos romanos como as Galias, en plural, porque Roma distinguía máis de unha en función da súa situación xeográfica. Por iso distinguían entre '''Galia Cisalpina''' (ao norte de Italia, antes de pasar os Alpes) e '''Galia Trasalpina''' (alén dos Alpes, desde o norte de Italia), ademais dos moitos territorios que aínda estaban sen conquistar até a época de Xulio César (Galia Comata ou ''Cabeluda'').