Forraxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:HeuRindernahrung.jpg|300px|thumbminiatura|Becerros comendo forraxe.]]
'''Forraxe''' é unha denominación colectiva que abrangue calquera [[herba]], verde ou seca, que se sega para dar de comer ó [[gando]]. Existen plantas herbáceas especificamente cultivadas a tal fin, como a [[alfalfa]], o [[trevo]] ou o [[raigrás]], e outras que se poden sementar para colleitar en verde, para forraxe, ou en seco, para aproveita-lo gran, como é o caso do [[millo]] ou do [[centeo]]. Tamén se pode destinar a forraxe a herba das prados naturais en épocas nas que non se utilicen para pasto directo.
 
Liña 7:
 
==Tipos de forraxes==
[[Ficheiro:Campo, herba, Galicia.jpg|300px|thumbminiatura|esquerda|Pradeira artificial, xa segada en parte.]]
As plantas utilizadas como forraxe poden proceder de [[prado]]s naturais, espontáneos, ou de praderías artificiais, cultivadas polo home. Os primeiros son comunidades de diferentes plantas herbáceas, especialmente [[gramínea]]s, que medran en condicións naturais en terreos achairados e húmidos. Poden ser permanentes ou temporais e, se son produtivos, o labrego adoita proporcionarlles distintos tratamentos para aumenta-la colleita ou para corrixir deficiencias na composición do chan, como poden se-lo [[esterco|estercado]] ou a [[rega]]. Estes prados aprovéitanse normalmente mediante o [[pastoreo]] directo, habitual ou rotatorio, pero tamén mediante a sega.
 
Liña 13:
 
==Usos da forraxe==
[[Ficheiro:Gondelle, Oza, Teo, Galiza.jpg|thumbminiatura|300px|Apañando herba para botala ó gando na corte]]
A forraxe utilízase para suplementa-la ración alimenticia que o gando obtén mediante o pastoreo, cando o pasto é cativo ou cando o gando é de alta produción. Tamén se ten que recorrer á forraxe no inverno, cando as condicións climatolóxicas (neve, frío, choivas intensas) non deixan saca-lo gando a pastar, ou cando algún animal, enfermo ou tralo parto, non pode saír a pastar. En calquera caso, pode dárselle en verde, en seco ou, modernamente, en [[ensilaxe|ensilado]].