Flor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Flor diagrama-gl.svg|thumbminiatura|450px|Partes.]]
A '''flor''' ({{Audio|Gl-flor.ogg|pronunciación}}) é o órgano reprodutivo das [[planta]]s chamadas ''[[anxiospermas]]''. A función dunha flor é producir [[semente]]s a través da [[reprodución sexual]]. Para as plantas, as sementes son a próxima xeración, e serven como o principal medio a través do cal os individuos dunha especie se esparexen ó longo da paisaxe. Trala fertilización, a flor transfórmase nun [[froito]] que contén as sementes.
 
Liña 6:
 
== Partes da flor ==
[[Ficheiro:Bluete-Schema.svg|thumbminiatura|180px|right|Diagrama esquemático que amosa as partes da flor. 1: Receptáculo, 2: sépalos, 3: pétalos, 4: estames, 5: pistilo.]]
 
=== [[Verticilo]]s ===
Liña 17:
 
=== [[Androceo]] ===
[[Ficheiro:Passiflora. Flor da paixón. Oleiros 2.jpg|thumbminiatura|180px|[[Passiflora]].]]
O androceo corresponde a estrutura reprodutora masculina da flor, e está formado polos estames.
* '''[[Estame]]s''': os estames son órganos florais masculinos, produtores dos grans de [[pole]]. O estame típico consiste nunha antera pendurada no extremo dun pedículo. A súa función é variada e pode ter que ver coa produción de néctar ou coa función rechamante que adoitan cumprir os pétalos.
Liña 31:
 
== Polinización ==
[[Ficheiro:Abellón, abázcaro en Bastavales, Brión, 090726.jpg|thumbminiatura|200px|esquerda|Abellón contribuíndo á polinización.]]
O propósito primario de unha flor é a reprodución. Por seren as flores os órganos reprodutivos das plantas, estas median na unión do esperma (contido no [[pole]]) cos óvulos (contidos nos [[Ovario (botánica)|ovarios]]). A polinización é o movemento do pole dende as [[antera]]s cara ao estigma. A unión do esperma cos óvulos é chamada fertilización. Xeralmente o pole móvese de unha planta a outra, mais hai moitas plantas que poden polinizarse a si mesmas. Os óvulos fertilizados producen sementes que serán a nova xeración. A reprodución sexual produce descendentes xeneticamente únicos, permitindo as adaptacións. As flores teñen deseños específicos que favorecen a transferencia de pole de unha planta a outras da mesma especie. En moitas plantas a polinización depende de factores externos, como vento, animais, e especialmente insectos. Incluso poden mediar na polinización animais como paxaros, morcegos etc.
 
=== Xeitos de atracción ===
[[Ficheiro:Flor GDFL 663.JPG|thumbminiatura|125px|right|As flores poden ter cores moi vistosas]]
As plantas non poden moverse dun sitio a outro, por iso moitas flores evolucionaron para atraeren animais e que estes transfiran o [[pole]] entre individuos de poboacións dispersas. As flores que son polinizadas por insectos chámanse entomófilas. As flores xeralmente teñen glándulas chamadas nectarios en varias partes para atraeren animais que buscan o nutritivo [[néctar]].
O mesmo que ocorre co ser humano, os [[paxaro]]s e as [[abella]]s tamén poden distinguir as cores coa vista, o que lles permite escoller as flores máis vistosas. Algunhas flores teñen patróns, chamados ''guías nectarias'', que amosan aos polinizadores onde teñen que ollar polo néctar, estas guías poden ser vistas só baixo luz ultravioleta, que é visible para as abellas e algúns outros insectos.
Liña 42:
 
=== Mecanismos de polinización ===
[[Ficheiro:Plantago-media.jpg|thumbminiatura|125px|right|Exemplo dunha flor anemófila, a flor axítase polo vento e dispersa o pole]]
A maioría das flores poden dividirse en dous grupos segundo o método de polinización:
* '''Entomófilas''': estas flores atraen e empregan insectos, [[morcego]]s, [[paxaro]]s e outros animais para transferir o pole dunha flor á seguinte. Xeralmente teñen formas especiais e unha distribución dos [[estame]]s que aseguro que os grans de [[pole]] son transferidos aos corpos dos polinizadores cando se pousan na flor na procura de néctar. Segundo se pousa en distintas flores da mesma especie, o portador do pole transfire este pole nos [[estigma]]s das flores que visita. Moitas flores confían na proximidade simple entre as pezas da flor para asegurar a polinización. Outras, coma a ''[[Sarracenia]]'', teñen deseños elaborados para asegurar a polinización cruzada mentres que preveñen a autopolinización.
Liña 75:
 
== Empregos ==
[[Ficheiro:Aikya Linga in Varanasi.jpg|thumbminiatura|125px|Man feminina dispersando flores sobre un templo [[Lingam]] en [[Varanasi]].]]
Nos tempos modernos, a xente buscou xeitos de cultivar, mercar, levar postas e outros xeitos de estar ao redor das flores e plantas florecentes, en parte causado pola súa aparencia e cheiro agradable. Ao redor do mundo, a xente emprega flores para un amplo rango de eventos e funcións que, en conxunto, acompañan o camiño da vida: