Filipe V de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Felipe V; Rey de España.jpg|thumbminiatura|right|200px|'''Filipe V de Borbón''', Duque de Anjou.]]'''Filipe V de Borbón''', nado no [[Palacio de Versalles]] o [[19 de decembro]] de [[1683]] e finado en [[Madrid]] o [[9 de xullo]] de [[1746]], alcumado ''o Animoso'', era [[duque de Anjou]] e neto do rei de [[Francia]] [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]] e da raíña consorte a infanta de España [[María Teresa de Austria|María Teresa]]. Foi rei de España dende o [[15 de novembro]] de [[1700]] ata a súa morte; sucedeu ao seu tío-avó (último monarca da Casa de [[Habsburgo]]) [[Carlos II de España|Carlos II]]. Desta maneira vai ser o primeiro monarca dá Casa de [[Casa de Borbón en España|Borbón]].
==Ascenso ó trono de España==
[[Ficheiro:Felipe V de España.jpg|thumbminiatura|right|250px|Filipe V de España.]]'''Philippe de Bourbon''', duque de [[Anjou]], naceu en Versalles como segundo dos fillos de [[Luís de Francia|Luís, Gran Delfín de Francia,]] ([[1661]]-[[1711]]) e de [[María Ana de Baviera (1660-1690)|María Ana de Baviera]], neto polo tanto do rei [[Luís XIV de Francia]] e [[María Teresa de Austria]], nacida Infanta de España.
 
Ao non se tratar do primoxénito, as súas posibilidades de herdar o trono de Francia parecían pouco probables, ao igual que o da Monarquía Hispánica, posto que a súa avoa paterna [[María Teresa de Austria|María Teresa]] (filla de [[Filipe IV de España|Filipe IV]] -do seu primeiro matrimonio, con [[Isabel de Borbón, raíña de España|Isabel de Borbón]]- e polo tanto medio irmá do rei [[Carlos II de España]] -nacido do segundo matrimonio daquel, con [[Mariana de Austria]]-) renunciara aos seus dereitos ao trono español para poder casar co rei de Francia (que, por outro lado, era tamén primo irmán seu, tanto por parte de pai coma de nai). De feito, [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]] e os demais reis europeos xa pactaran que o herdeiro do trono de España sería [[José Fernando de Baviera]], ante a previsible morte sen herdeiros de [[Carlos II de España|Carlos II]].
Liña 12:
 
==A chegada a España==
[[Ficheiro:Arbre-xenealoxico-Filipe5-gl.png|400px|thumbminiatura|esquerda|Árbore da xenealoxía ascendente de Filipe V de España.]]A noticia da morte de [[Carlos II de España|Carlos II]] o [[1 de novembro]] de [[1700]] en [[Madrid]] chegou a [[Versalles]] o día [[6 de novembro]] <ref>[http://www.cervantesvirtual.com/historia/monarquia/carlos2.shtml Carlos II]</ref><ref>[http://www.biografiasyvidas.com/biografia/c/carlos_hechizado.htm Biografía de Carlos II]</ref>. O [[16 de novembro]] de [[1700]], [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]] anunciou no tribunal español, que acepta a vontade do seu primo, irmán e sobriño. A continuación, preséntase ao seu neto, de dezasete anos, á Corte con estas palabras: «Señores, aquí o rei de España». Entón díxolle ao seu neto: «Pórtate ben en España, que é o teu primeiro deber agora, pero recorda que naciches en Francia, para manter a unión entre as nosas dúas nacións é o xeito de facelos felices e preservar a paz de Europa».
 
Tras o evento, todas as monarquías europeas, e o [[Imperio Español]],recoñece o novo rei. Filipe V deixou Versalles o [[4 de decembro]], sempre con instrucións en 33 artigos, escrito por Luís XIV e resumir a súa visión do poder. Chegou a [[Madrid]], no [[22 de xaneiro]] de [[1701]]. Pero despois duns meses, os erros políticos acumúlanse:
Liña 34:
En [[1713]] o Arquiduque Carlos foi elixido [[emperador]] de [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Alemaña]]. As potencias europeas, temorosas agora do excesivo poder dos [[Habsburgo]], retiraron as súas tropas e asinaron ese mesmo ano o ''[[Tratado de Utrecht]]'', nos que España perdía as súas posesións en Europa e conservaba os territorios metropolitanos (a excepción [[Xibraltar]] e [[Menorca]], que pasaron a [[Gran Bretaña]]) e de ultramar. Porén, Filipe foi recoñecido como lexítimo [[rei de España]] por todos os países, con excepción do Emperador, que seguía reclamando o trono español.
==Política exterior (1715 – 1724)==
[[Ficheiro:Isabel de Farnesio.jpg|thumbminiatura|200px|Retrato de [[Isabel de Farnesio]], por [[Louis-Michel van Loo]] (c. [[1739]]). Óleo sobre lenzo, 150 x 110 cm, [[Museo do Prado]] ([[Madrid]]).]]Os protagonistas deste período foron Isabel de Farnesio e o primeiro ministro [[Julio Alberoni]], axente da corte de [[Parma]] que negociara o seu enlace matrimonial e que funcionou como o home forte na Corte. A morte de Luís XIV produciu o ascenso como rexente de Francia do [[Filipe de Orleans|Duque de Orleans]], inimigo persoal de Felipe V, frustrando toda posible aspiración a intervir de ningún modo en Versalles. Isto levou a un xiro na política exterior, que se suma ao producido no interior.
 
Cabe destacar desta fase a política exterior, que partiu do rexeitamento dos [[tratado de Utrecht|tratados de Utrecht e Baden]] e tivo como obxectivo a recuperación dos territorios italianos para situar neles os fillos de Isabel de Farnesio e crear Estados satélites de España.
Liña 41:
 
==Reinado de Luís I de España (1724)==
{{AP|Luís I de España}}[[Ficheiro:Luis I, rey de España.jpg|thumbminiatura|200px|esquerda|Retrato de [[Luís I de España|Luís I]], rei de España, por [[Jean Ranc]] (c. [[1724]]). Óleo sobre lenzo, 108 x 84 cm, [[Museo do Prado]] ([[Madrid]]).]]O [[10 de xaneiro]] de [[1724]] o rei Filipe V asinou un decreto polo que abdicaba no seu fillo Luís. O príncipe recibiu os documentos o [[15 de xaneiro|15]], sendo publicada a disposición ao día seguinte.
Os motivos desta abdicación aínda non foron aclarados. Algúns historiadores afirman que desexaba acceder ao trono de Francia ante a previsible morte de [[Luís XV de Francia|Luís XV]], que lle permitiría converterse en rei de Francia sempre e cando non ocupase o trono español (posto que o tratado de Utrecht prohibía que o rei de España e de Francia fosen unha mesma persoa). Outros en cambio afirman que Filipe V era consciente de que non estaba en condicións de gobernar a causa da súa enfermidade.
 
Liña 47:
 
==Política exterior (1725–1746)==
[[Ficheiro: Utrecht Treaty.png|thumbminiatura|250px|right|Pérdidas territoriais como consecuencia do [[Tratado de Utrecht]].]]En 1725 asínanse tratados de paz e alianza con [[Carlos VI de Alemaña|Carlos VI do Sacro Imperio Romano Xermánico]] e ao ano seguinte comeza a guerra hispano-británica. Esta rivalidade, orixinada nas vantaxes que obtivera Inglaterra no Tratado de Utrecht, marcará o resto do reinado con incesantes incidentes marítimos (dende [[1739]] a coñecida co nome de [[Guerra da orella de Jenkins]]).
A organización da Liga de Hannover entre as potencias europeas receosas do tratado hispano-austríaco obrigou a denuncialo e a asinar o Convenio de El Pardo ([[1728]]) que recoñeceu definitivamente a vixencia do Tratado de Utrecht. Baixo a dirección de [[Patiño]] reorientouse a política exterior, buscando a alianza con Francia a través de o primeiro [[Pacto de Familia]] [[1733]]), no contexto da [[Guerra de Sucesión Polaca]]. A ambivalente posición fronte a o [[tratado de Utrecht]] e a política europea de Francia tamén tivo como obxectivo a recuperación dos territorios italianos para situar neles os fillos de Isabel de Farnesio e crear estados satélites de España. A tarefa foi encomendada a Carlos, o futuro [[Carlos III de España]], que empezou por [[Piacenza]], [[Parma]] e [[Toscana]] ([[1732]]) para logo ocupar o trono de [[Nápoles]] ([[1734]]) (os tres ducados houberon de ser devoltos a Austria, para ser máis tarde recuperados, menos Toscana, polo infante [[Filipe I de Parma|Filipe]]).España volveu ser unha potencia naval dominando o Atlántico, e a ter en conta no [[Mediterráneo Occidental]] (aínda que Inglaterra segue controlando [[Xibraltar]] e [[Menorca]]). O novo ministro [[José del Campillo e Cossío]], no contexto da [[Guerra de Sucesión Austríaca]] levou ao [[Segundo Pacto de Familia]] ([[1743]]).
===Sacro Imperio Romano Xermánico===
Liña 75:
 
==Morte==
[[Ficheiro:FelipVTomba.jpg|thumbminiatura|esquerda|180px|Sepulcro de Filipe V na Real Colexiata da Santísima Trindade, anexa ao Palacio Real da Granja de San Ildefonso (Segovia).]]En [[1746]] morre Filipe V e é sucedido polo seu fillo menor [[Fernando VI]], fillo da súa primeira esposa [[María Luísa de Savoia]]. Por expreso desexo do monarca, o seu corpo non foi enterrado no adusto mosteiro de [[O Escorial]], como o foran os reis da [[casa de Austria]], e tamén o serían os seus sucesores Borbón, (salvo, tamén, Fernando VI), senón no [[Real Sitio da Granxa de San Ildefonso]] en [[provincia de Segovia|Segovia]], que fora preferido por el tamén en vida, como un [[capricho]] arquitectónico moito máis do seu agrado e que o recordaba á anhelada corte francesa.
 
Os restos do primeiro monarca Borbón de España repousan nun mausoleo situado na chamada Sala das Reliquias, así como Cenotafio Real, á súa vez situada na Real Colexiata da Santísima Trindade, templo inserido no Palacio Real da Granxa de San Ildefonso, cerca de [[Segovia]].