Feudalismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Les Très Riches Heures du duc de Berry mars.jpg|thumbminiatura|right|250px|Representación do modo de vida no Feudalismo.]]O termo '''feudalismo''' foi acuñado por primeira vez polos revolucionarios franceses do [[século XVIII]], como sinónimo das desigualdades xurídico-sociais contra as que loitaban. Así, pasou á [[Historia]] relacionado con [[dereito de pernada]], [[barbarie]], [[séculos escuros]]... Pero o concepto histórico (non é un sistema político, máis ben un modo de organización social), abrangue moitos máis aspectos dos que nun primeiro momento se pensan.
 
== Sociedade ==
Liña 6:
Había nobres de varios niveis, todos eles dentro da estrutura de vasalaxe. Así, o [[cabaleiro]] podía ser señor dunha aldea pertencente a un [[condado]], sendo polo tanto vasalo do [[conde]], que o sería á súa vez dun [[duque]] ou directamente do [[rei]]. Estes xuramentos estaban baseados na [[honra]] e na [[Fe (relixión)|fe]], até o punto de que se un nobre era excomungado polo papa, o seu señor podía despoxalo das súas pertenzas e os seus vasalos negarlle a obediencia e máis a lealdade.
 
[[Ficheiro:Cleric-Knight-Workman.jpg|thumbminiatura|right|250px|Tres estamentos: Un [[padre]], un [[cabaleiro]] e un [[traballador]].]]Este sistema daba lugar a moitas guerras internas, dende rebelións até reclamacións de nobres sobre outros títulos, e creaba situacións como que o rei de [[Inglaterra]] fose vasalo do rei de [[Francia]] por posuír territorios franceses como o [[ducado de Normandía]].
 
Entre o [[século IX]] e o [[século XII]] a sociedade europea vive a plenitude do feudalismo. Arraigou con máis forza nos dominios do [[Imperio Carolinxio]], noutras rexións a súa implantación foi máis superficial: na España cristiá polo enfrontamento contra o [[Islam]] e na Italia medieval polo contacto co [[Imperio bizantino]].
 
[[Ficheiro:Hommage au Moyen Age - miniature.jpg|thumbminiatura|esquerda|250px|Un vasalo axeonllado realiza a ''inmixtio manum'' durante a homenaxe ao seu señor (sentado), e un escribente toma nota.]]
 
[[Categoría:Idade Media]]