Fase escura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
{{VT|Fase luminosa}}
[[Ficheiro:Chloroplast diagram.svg|thumbminiatura|right|Esquema dun cloroplasto. A fase escura ten lugar no estroma e a fase luminosa nos tilacoides.]]
A '''fase escura''' da fotosíntese ou '''reaccións independentes da luz''' da fotosíntese é a fase da [[fotosíntese]] consistente na síntese de azucres por medio de reaccións encimáticas utilizando como fonte de carbono o CO<sub>2</sub> atmosférico. Estas reaccións denomínanse [[ciclo de Calvin]], teñen lugar no [[estroma]] dos [[cloroplasto]]s e non precisan a absorción de enerxía da luz. A fotosíntese ten tamén unha fase previa, chamada [[fase luminosa]] na que se absorbe enerxía luminosa. O nome de escura procede, precisamente, desta <u>non absorción de luz</u>, pero non quere dicir que se produza de noite; de feito, as dúas fases da fotosíntese, luminosa e escura, teñen lugar de día; por iso ás veces se prefire falar de ''reaccións independentes da luz'' en vez de fase escura. De todos modos, este termo tamén é problemático, porque de forma indirecta a fase escura tamén está influída pola luz.
 
Liña 20:
 
==Fixación do carbono==
[[Ficheiro:Rubisco.png|thumbminiatura|right|160 px|A rubisco é o encima que realiza a fixación do carbono na fase escura.]]
A fase escura comeza coa fixación redutiva do carbono procedente do CO<sub>2</sub> no azucre presente nos cloroplastos ribulosa 1,5-bifosfato (RuBP ou Ru1,5DP). A reacción está catalizada polo encima ribulosa bifosfato carboxilase oxixenase ou, abreviadamente, '''[[rubisco]]''' (ou RuBisCO).
 
Liña 30:
{{AP|Fotorrespiración}}
O encima rubisco ten propiedades especiais. É un encima que normalmente carboxila á ribulosa 1,5-bifosfato (introduce CO<sub>2</sub>), pero en certas condicións en vez de carboxilar ten unha actividade oxidativa, na que en vez de introducir CO<sub>2</sub> introduce O<sub>2</sub> no azucre. Isto ten como consecuencia que en lugar de formárense dúas moléculas de 3-fosfoglicerato se forme unha molécula de fosfoglicerato e outra de [[fosfoglicolato]]. Esta actividade oxidativa ten lugar cando hai na planta concentracións altas de O<sub>2</sub>, baixas de CO<sub>2</sub> e altas temperaturas.
[[Ficheiro:RuBisCO reaction O2.svg|thumbminiatura|center|400 px|Actividade oxidativa da rubisco durante a fotorrespiración. Introduce O<sub>2</sub> en vez de CO<sub>2</sub> e orixina fosfoglicolato (número '''4''') e só unha molécula de 3-fosfoglicerato (número '''5''') en vez de dúas.]]
 
O fosfoglicolato así formado debe converterse en 3-fosfoglicerato por medio dun conxunto complexo de reaccións que se chama [[fotorrespiración]]. Na fotorrespiración hai que gastar ATP e poder redutor, polo que fai decrecer o rendemento da fotosíntese, e é prexudicial para a planta. Como nos climas tropicais e cálidos estarían favorecidas as condicións que promoven a fotorrespiración, as plantas desas zonas desenvolveron os tipos de fotosíntese C4 e CAM, que minimizan a fotorrespiración.
Liña 80:
Esta ribulosa 1,5-bifosfato xa pode recomezar o ciclo cunha nova fixación de CO<sub>2</sub>.
 
[[Ficheiro:Calvin cycle diagram miguelferig.png|thumbminiatura|center|600 px|Esquema do ciclo de Calvin.]]
 
==Regulación da fase escura==