Escultura da Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:0033 Louvre Venus de Milo.jpg|thumbminiatura|300px|A ''Venus de Milo'', unha das máis célebres estatuas de todos os tempos, obra de [[Alexandros de Antioquía]], [[Museo do Louvre]]]]
A '''Escultura da Grecia antiga''' é unha expresión de significado amplo, empregada para designar a produción [[escultura|escultórica]] [[Grecia|grega]] desenvolvida entre o [[Período Arcaico]], iniciado no [[século VII a.C.]], cando a arte grega comezou a formar un estilo de seu orixinal, e a época do seu derradeiro florecemento importante na chamada era [[arte helenística|Helenística]], que durou até preto de [[100 a.C.]], cando o país xa estaba baixo dominio [[Imperio Romano|romano]].
 
Liña 7:
 
A escultura grega evolucionou a partir de estatuíñas elaboradas en madeira chamadas [[xoanon|xoana]], descritas imprecisamente por autores históricos como [[Estrabón]], non se conserva ningunha delas e . A peza máis antiga que sobreviviu probablemente sexa o ''Centauro Lefkandi'' (c. [[900 a.C.]]), de [[terracota]], construído en partes separadas, representando a [[Quión]] ferido por [[Hércules (mitoloxía)|Hércules]], tamén constitúe a primeira representación coñecida dun [[mitoloxía grega|mito]] grego.
[[Ficheiro:Lady of Auxerre Louvre Ma3098 n2.jpg|esquerda|thumbminiatura|110px|''Kore'' dedálica chamada a ''[[Dama de Auxerre]]'', c. 635 a.C., Louvre]]
[[Ficheiro:Bronze horse Louvre Br90.jpg|thumbminiatura|150px|Estatuíña representando un cabalo do século VIII a.C., Museo do [[Louvre]]]]
 
Dos períodos ''Xeométrico'', ''Dedálico'' e ''Protoarcaico'' (c. 900 - [[700 a.C.]]) aínda existen estatuíñas elaboradas en [[bronce]], terracota e [[marfil]], sendo case todas ofrendas para o [[culto]] e consistindo principalmente de [[guerreiro]]s, imaxes ecuestres, animais como os leóns, grifos e cabalos, e grupos de outras figuras humanas. Tamén a técnica do [[baixorrelevo]] en [[mármore]] foi empregada na decoración de templos e monumentos. Toda esta produción presenta formas esquematizadas, pouco detallamente e posturas bastante ríxidas, e estivo influenciada polo escultura [[Asia|asiática]].
Liña 18:
 
Nesta época, as formas escultóricas máis comúns son o xove nu, chamado ''[[kouros]]'' (pl: Kouroi), a moza vestida, chamada ''[[koré]]'' (pl: Korai), e a muller sentada. O seu modelado aínda se limitaba ás faccións esencias, aínda que, sinais dunha observación máis atenta da [[anatomía]] mostrábanse no progresivo detallamento da [[músculo|musculatura]] e da estrutura subxacente do [[esqueleto]], comezándose a suxerir un movemento real nas estatuas masculinas en pé mediante a colocación dunha perna nunha posición máis avanzada cá outra. No caso das xoves, as ''korai'', observase unha variedade maior de actitudes e nos patróns do drapeado dos costumes.
[[Ficheiro:Apollo of Tenea Glyptothek Munich 168.jpg|thumbminiatura|esquerda|110px|''Kouros'' chamado ''Apolo de Tenea'', c. 560-550 a.C., Gliptoteca de Múnic]]
 
Neste período definiuse o corpo humano como obxecto e tema principal da arte grega. Xa que a súa relixión tiña deuses [[Antropomorfismo|antropomórficos]], a distinción na arte entre [[sagrado]] e [[profano]] logo deixou de existir, sendo o corpo humano considerado tanto secular como sacro.
[[Ficheiro:009MA Kritios.jpg|thumbminiatura|120px|''Efebo de Krítios'', c. 480 a.C., Museo da Acrópole de Atenas]]
 
Malia ser os tres tipos de escultura moi comúns, o ''kouros'' asumiu unha importancia superlativa para o desenvolvemento desta arte, xa que a cultura grega só viría a permitir a exposición do corpo feminino espido a partir do [[século IV a.C.]]. Os ''kouroi'' seguían todos un mesmo modelo: sempre xoves, en actitude de dar un paso ao fronte, corpo rixidamente erecto, brazos estendidos xunto ao corpo, e un sorriso nos beizos. Atopáronse diversas variacións na conformación do peiteado e nas dimensións das estatuas, existindo poucas pezas con outras posicións. Destas son importantes o ''kouros'' ecuestre e máis o ''Moscóforo'' (cargando un becerro).
Liña 32:
Indicativo deste progreso é o ''Efebo de [[Kritios]]'' (c. [[480 a.C.]]), o primeiro en mostrares unha suxestión do ''[[contraposto]]'', un movemento nos [[cadril|cadrís]] que xurde ao apoiarse a figura nunha das pernas mentres a outra se atopa en repouso. O mesmo desenvolvemento formal nótase nos relevos, cunha crecente complexidade das ceas e das formas anatómicas. Exemplo superior desta época é o conxunto escultórico do templo de [[Zeus]] na [[Olimpia]], realizado por un artista descoñecido chamado [[Mestre de Olimpia]] e os seus auxiliares. Neste grupo decorativo atópanse por primeira vez na arte grega características que serían retomadas soamente na fase ''Helenística'', máis tardía, como o extraordinario dinamismo nas cenas e expresións emocionais intensas.
 
[[Ficheiro:Greek statue discus thrower 2 century aC.jpg|thumbminiatura|esquerda|110px|Copia de Míron: ''Discóbolo'', séc. V a.C., Gliptoteca de Múnic]]
 
=== Período Clásico ===
[[Ficheiro:0025MAN-Relief2.jpg|thumbminiatura|150px|Relevo funerario no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas]]
[[Ficheiro:Dionysos pediment Parthenon BM.jpg|thumbminiatura|150px|Oficina de Fidias: ''Dionisio'', c. 440 a.C., antigamente no Partenon, hoxe no [[Museo Británico]]]]
[[Ficheiro:Diadoumenos-Atenas.jpg|thumbminiatura|right|150px|Copia de Polícleto: O ''Diadúmeno'', c. 430 a.C., Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas]]
 
Unha rápida evolución na técnica e no estilo leva ao clasicismo grego. As actitudes tórnanse máis naturalistas, aínda que investidas de grande dignidade e equilibrio. A representación anatómica chega a un estado de grande verosimilitude. As poses son moi variadas, aparecen os primeiros retratos de persoas e as esculturas abandonan definitivamente a frontalidade para recibiren acabamento por igual en todas as súas partes, de xeito que poden ser apreciadas por todos os seus ángulos.
 
Ao mesmo tempo a escultura pasou a ser usada para outras finalidades, como a simple decoración e o rexistro histórico de eventos importantes. Nesta época estaban sendo construídos grandes templos, como o [[Partenón]], que precisaba de elementos decorativos para o van triangular do [[frontón]] e os [[friso]]s. Esta necesidade, debido ás súas dificultades técnicas e estéticas de execución, foi un estímulo á creatividade dos escultores, producíndose a aparición de innovacións formais. No campo da escultura funeraria abandónase o carácter impersoal e son retratados grupos familiares, ben como individuos asolados en actitude de [[loito]] ou en despedida de parentes falecidos.
[[Ficheiro:Aphrodite Braschi Glyptothek Munich 258.jpg|thumbminiatura|esquerda|110px|Copia de Praxiteles: ''Afrodita Braschi'', c. 345 a.C., Gliptoteca de Múnic
[[Ficheiro:Belvedere Apollo Pio-Clementino Inv1015.jpg|thumbminiatura|esquerda|110px|Leocarés: ''Apolo Belvedere'', c. 350-325 a.C.]]
Tamén comezan a ser rexistradas as actividades de artistas que formarían importantes escolas e establecerían novos patróns. Os primeiros notables, vencendo definitivamente a rixidez do período Arcaico, foron [[Mirón (escultor)|Mirón]], autor de obras primas como o [[Discóbolo]], onde as tensións do movemento son exploradas con mestría e realismo, e [[Kálamis]], autor do célebre ''Apolo do Onfalo'', que sobreviviu grazas ás súas copias romanas.
 
Liña 55:
 
=== Período Helenístico ===
[[Ficheiro:Ludovisi Gaul Altemps Inv8608 n3.jpg|110px|thumbminiatura|esquerda|O chamado ''Gálata Ludovisi'' e a súa dona, c. 220 a.C., Museo Nacional de Roma]]
 
A transición cara o ''Período Helenístico'' ocorreu ao longo do século IV a.C., seguindo as conquistas de [[Alexandre Magno]], quen levou a arte grega ata a [[India]]. Esta incursión por Asia fixo que numerosos artistas entrasen en contacto coas culturas locais recibindo influencias delas, gañando deste xeito en diversidade de temas e formas de tratamento. Ao mesmo tempo establecéronse novos centros de produción, destacando [[Alexandría]] e [[Antioquía]], ademais de [[Pérgamo]].
[[Ficheiro:Bebada2.jpg|thumbminiatura|110px|''Vella bébeda'', c. 190 a.C., Museos Capitolinos]]
 
Pérgamo destácase entre os novos centros deste período, producindo unha serie de obras con movemento, punxentes e con detalles como bigotes e cabelos rizados, especialmente versando sobre [[gálatas]] feridos ou en acto de suicidarse ante a inminente captura. Estas características atoparían un punto alto no grandioso [[Altar de Pérgamo]], decorado cunha [[Xigantomaquia]] de 100 m de extensión.
 
Por volta do [[século II a.C.]] outro forte elemento modificador viu de [[Roma]], que iniciaba a súa expansión, absorbendo moito da tradición grega e á súa vez influenciándoo, por constituíres un novo e grande mercado consumidor de estatuaria, con preferencias de seu. Os romanos apreciaban o naturalismo, con rapaces, animais e persoas comúns pasando a ser tema recorrente, e moitas veces esculpidos baixo encomenda para a decoración de residencias e xardíns de familias ricas.
[[Ficheiro:Head_of_a_barbarian_Athens.jpg|thumbminiatura|110px|esquerda|''Retrato de bárbaro'', Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas]]
 
De xeito xeral o período Helenístico continúa a grande tradición do auxe do clasicismo, creando obras perfectamente modeladas en todos os ángulos, con estudados efectos de transparencia no vestiario, aproveitando os xogos de luz con finalidades estéticas e expresivas, e enfatizando a variedade de posturas e sentimentos. Búscase a esencia de toda expresividade e a súa "atmosfera", destacando os [[retrato]]s, onde mais que a exactitude da [[fisionomía]] represéntase o carácter ou vida interior do personaxe.
[[Ficheiro:Laocoon Pio-Clementino Inv1059-1064-1067.jpg|110px|thumbminiatura|''Laocoonte e os seus fillos'', c. 200 a.C., [[Museo Vaticano]]]]
 
Os escultores xa non se sentían obrigados a retratar o ideal. Introdúcense temas como o sufrimento, o sono, a morte e a vellez, que ofrecían formas e expresións aínda pouco exploradas. Extraordinaria nesta produción é a ''Vella bébeda'', obra que mostra sen reservas unha muller envellecida, chea de enrrugas e coa cara torcida, agarrada a un vaso de viño. Outra obra a destacar é o ''[[Laocoonte]]'' envolto en serpes xunto cos seus fillos, nun intre de desesperación e coa musculatura en extrema tensión.