Emblema de Belarús: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: fa:نشان ملی بلاروس
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Coat of arms of Belarus.svg|250px|thumbminiatura|Escudo de Bielorrusia.]]
O '''Escudo de Bielorrusia''' (en [[lingua bielorrusa|bielorruso]]: Дзяржаўны герб Рэспублікі Беларусь, en [[lingua rusa|ruso]]: Государственный герб Республики Беларусь), que substituíu o escudo de armas histórico [[Pahonia]] no referendo de 1995, presenta unha cinta coas cores da [[bandeira de Bielorrusia|bandeira nacional]], un mapa de [[Bielorrusia]], espigas de trigo e unha [[estrela vermella]]. O escudo é unha alusión ó usado pola [[República Socialista Soviética de Bielorrusia]], deseñado por [[Ivan Ivanovich Dubasov]] en 1950. Os emblemas que lembran ós tempos da [[Unión Soviética]] tamén se usan polas nacións de [[República de Macedonia|Macedonia]], [[Taxiquistán]], [[Usbequistán]] e [[Transnistria]].
 
== Descrición ==
[[Ficheiro:Belarus-Minsk-Coat of Arms of Belarus.jpg|thumbminiatura|O emblema nun edificio de [[Minsk]].]]
=== Deseño ===
No centro do emblema atópase un contorno verde de Bielorrusia, sobreposto ós raios dun Sol dourado. O Sol está parcialmente cuberto por un globo, coa masa continental (parte de [[Eurasia]]) en morado e a auga en azul. Bordeando os lados esquerdo e dereito do emblema hai tallos de trigo, sobrepostos con flores. Os [[trevo]]is adornan os tallos de trigo da esquerda; Flores de [[liño]] adornan a parte dereita. Envolvendo os tallos de trigo hai unha cinta vermella e verde coas cores da [[bandeira de Bielorrusia]]; a cinta sobresae na base do emblema, onde o nome ''República de Bielorrusia'' (''Рэспублiка Беларусь'') está inscrito en dourado en [[lingua bielorrusa|bielorruso]]. Na parte superior do emblema aparece una [[estrela vermella]] de cinco puntas.