Erecteion: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Erechtheum SW-650px.jpg|thumbminiatura|300px|right|O Erecteion dende o suroeste]]
[[Ficheiro:grece_athenes_erechtheion.jpg|thumbminiatura|300px|right|Erecteion, vista do conxunto]]
O '''Erecteion''' (en [[Lingua grega|grego]]: Έρέχθειον '''Erechtheion''') é un [[templo grego]] erixido no lado norte da [[Acrópole de Atenas]] na honra aos deuses [[Atenea]] ''Poliás'', [[Poseidón]] e [[Erecteo]], rei mítico da cidade. De [[orde xónica]], [[áptero]], é un dos máis belos monumentos arquitectónicos gregos. A súa construción atribúese ao arquitecto [[Mnesicles]], autor tamén dos [[Propileos]]. O Erecteion está feito de mármore pentélico. A súa construción iniciouse no [[-421]] e rematouse no [[-406]]. O seu nome, que significa «o que sacode a Terra », designa o alcume [[Ática|ático]] de Poseidón.
 
Liña 11:
 
== Arquitectura ==
[[Ficheiro:grece_athenes_erechtheion2.jpg|thumbminiatura|esquerda|200px|Erecteion, detalle]]
 
[[Pericles]], nos seus plans de acondicionamento da Acrópole e despois do [[Partenón]], para render homenaxe á tradición, decidiu a construción dun edificio novo destinado a reagrupar as antigas reliquias.
Liña 24:
Tres destes santuarios están dedicados a Atenea, Poseidón e [[Zeus]]. Suponse que os outros dous santuarios están dedicados a Cécrope e Erecteo, dous famosos reis atenienses. O Erecteion componse dun corpo principal, dous pórticos norte e sur e de varios corpos engadidos. O corpo principal consiste en catro partes que non representan máis que a metade dun proxecto inicial que non foi xamais rematado.
 
[[Ficheiro:Erechtheum porch.jpg|thumbminiatura|right|350px|As [[cariátide|Cariátides]]]]
O Erecteion preséntase como un gran templo xónico con dúas [[cella (arquitectura)|cellas]], unha dedicada a Atenea con pronaos hexástilo mirando ao leste, e a outra consagrada a Poseidón-Erecteo, á que se accede a través dun amplo vestíbulo polo lado setentrional do templo, con catro columnas na fronte e unha a cada lado.
 
Liña 36:
 
== Historia ==
[[Ficheiro:grece_athenes_erechtheion3.jpg|thumbminiatura|esquerda|220px|Erecteion, pórtico norte]]
A construción do templo, tal e como é visible hoxe, foi comezada durante a [[guerra do Peloponeso]]. Comezou cando a tregua da [[Paz de Nicias]] no [[-421]] e foi rematado entre o [[-409]] e o [[-405]], probablemente no [[-406]]. Pouco tempo despois, no ano [[-403]], Atenas tivo que capitular fronte a [[Esparta]], entrou na [[liga do Peloponeso]] e viu a súa [[democracia]] substituída pola [[Trinta Tiranos|tiranía dos Trinta]].