Efecto Doppler: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
O '''efecto Doppler''', chamado así polo austríaco [[Christian Andreas Doppler]], é o cambio na [[frecuencia]] dunha onda producido polo movimento da fonte respecto ao seu observador, ou a inversa, do observador respecto da fonte emisora, ou de ambolos dous. Doppler propuxo este efecto no ano [[1842]] no artigo ''Über das farbige Licht der Doppelsterne und einige andere Gestirne des Himmels'' (''sobre a cor da luz en estrelas binarias e outros astros''). O científico holandés [[Christoph Hendrik Diederik Buys Ballot]] investigou esta hipótese no ano [[1845]] para o caso de ondas sonoras, confirmando experimentalmente que a tonalidade dun son emitido por unha fonte que se aproxima ao observador é mais aguda que cando a fonte de emisión se alonxa (con músicos tocando unha nota calibrada mentres viaxaban nun vagón de tren na liña férrea Utrecht - Amsterdam). [[Hippolyte Fizeau]] descubriu de xeito independente o mesmo fenómeno no caso das ondas electromagnéticas no ano [[1848]], polo que en [[Francia]] este efecto tamén se coñece como '''Efecto Doppler-Fizeau'''.
[[Ficheiro:Doppler effect diagrammatic.svg|thumbminiatura|600px|Diagrama do '''Efecto Doppler''', o obxecto móvese cara a esquerda da imaxe(a posición do observador), as ondas mostran nesa dirección unha frecuencia maior, pese a ser emitidas coa mesma frecuencia que as da dereita. Un observador situado a dereita da imaxe escoitaría as ondas a unha frecuencia menor da emitida.]]
 
== Efecto Doppler no espectro visible do espectro electromagnético ==
[[Ficheiro:Redshift.png|thumbminiatura|100px|[[Corremento ao vermello]] das [[liña espectral|liñas espectrais]] no [[espectro visible|espectro óptico]] do supercúmulo de galaxias afastadas BAS11 (dereita), comparado co espectro do Sol (esquerda).]]
No caso do [[espectro visible]] da [[liña espectral|radiación electromagnética]], co obxecto emisor (normalmente unha [[galaxia]]) afastándose do observador, o espectro de emisión/absorción contido na luz emitida semella terse desprazado a unha [[frecuencia]] mais longa, corréndose ao vermello as [[liñas de Fraunhofer]]. Cando se achega o obxecto emisor ao observador, o espectro de emisión/absorción contido na luz emitida presentase nunha frecuencia mais curta, corréndose ao azul. Esta desviación ao vermello ou o azul é moi feble incluso para velocidades elevadas da fonte emisora, como nas velocidades relativas entre estrelas ou entre galaxias, e o ollo humano non pode captalo -a ollo nu-, soamente pode medilo indirectamente con instrumentos de precisión como o [[espectrómetro]].
 
Liña 14:
 
== Álxebra do efecto Doppler en ondas sonoras ==
[[Ficheiro:Doppler-effect-two-police-cars-diagram.png|right|400px|thumbminiatura|O micrófono inmóbil (observador) rexistra as sereas dos vehículos policiais en movemento nunha diversidade tonal dependendo da dirección relativa dos vehículos respecto do observador (o micro).]]
 
=== Observador achegándose a unha fonte emisora ===
Liña 71:
 
== Ecolocalización, radar Doppler e sonar Doppler ==
[[Ficheiro:Animal echolocation.svg|thumbminiatura|right|100px|Esquema da ecolocalización do morcego.]]
As [[balea]]s e o [[morcego]] son o paradigma da ecolocalización por efecto doppler na natureza (son ecógrafos activos naturais).
O radar Doppler basease no efecto doppler, ao emitir ondas de radio estas rebotan nun obxecto en movemento, a frecuencia das ondas de retorno que percibe o observador varía dependendo da velocidade do obxecto e a súa dirección. Os radares doppler úsanse no control do tráfico vial, na meteoroloxía (medindo a velocidade dos frontes de nubes, a intensidade da precipitación, tornados etc.). Fálase de radar activo cando o propio dispositivo emite a sinal cara o medio e recibe a sinal de rebote, e de radar pasivo cando tan só recibe a sinal que produce o obxecto en movemento dentro do medio no que se move.