Eduardo III de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 6:
Eduardo III dedicou o inicio da década de 1330 a subxugar de novo a [[Escocia]], que aproveitara a confusión na política inglesa do reinado de Eduardo II, para readquirir a independencia. Resolvida esta cuestión na [[batalla de Halidon Hill]], en [[1333]], Eduardo III voltouse para outro conflito que habería de marcar a [[Idade Media]].
 
[[Ficheiro:Edward III Black Prince 14thc.jpg|right|thumbminiatura|200px|Eduardo III co [[Príncipe Negro]].]]
 
En [[1328]], [[Carlos IV de Francia]], o último dos tres fillos de [[Filipe IV de Francia|Filipe IV]], morría sen descendentes masculinos. Como en Francia vigorava a [[lei sálica]], a coroa pasou para Filipe de Valois, un primo afastado, que foi coroado como [[Filipe VI de Francia]]. Eduardo III era sobriño do falecido Carlos IV, por vía da nai, e considerou a súa pretensión mellor que a do Conde de Valois, a pesar da lei sálica. Os franceses non aceptaran esta hipótese que resultaría nunha perda de independencia e confirmaron a Filipe VI como rei. Despois de algúns conflitos diplomáticos, Eduardo III declarou abertas as hostilidades con Francia, iniciando así o que ficaria coñecido como a [[Guerra dos Cen Anos]]. O inicio das hostilidades foi marcado polos sucesos da [[Batalla de Crécy|batalla de Crecy]] ([[1346]]) e da [[batalla de Poitiers (1356)|batalla de Poitiers]] ([[1356]]), e pola conquista de grande parte do Norte de Francia. A pesar diso, Eduardo III non fixo ningunha tentativa para ir mais lonxe e conquistar [[París]], por exemplo. Entregado o control da frente francesa ao fillo [[Eduardo, o Príncipe Negro]], que habería de se mostrar un líder militar notábel, Eduardo III concentrouse na guerra con Escocia. O resultado da campaña do Príncipe Negro foi excelente: Inglaterra venceu a Francia na [[Batalla de Poitiers (1356)|Batalla de Poitiers]] e Eduardo III tivo a honra de ver ao rei [[Xoán II de Francia]] como o seu prisioneiro. As condicións de rescate, detalladas no [[Tratado de Brétigny]], garantian para o seu reino 3.000.000 de coroas e cerca de un terzo do territorio francés.