Día do Libro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Libri books2.jpg|thumbminiatura|right|300px|Libro]]
 
O '''Día do Libro''' (tamén denominado '''Día Internacional do Libro''' e '''Día Mundial do libro''') é un acontecemento anual que se celebra o [[23 de abril]]. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da [[UNESCO]] en [[1995]] coa idea de fomentar a [[lectura]], a edición e publicacións impresas e os [[dereitos de autor]].
Liña 10:
O [[6 de febreiro]] de 1926, o goberno español, presidido por [[Miguel Primo de Rivera]], aceptou a data e o rei [[Alfonso XIII]] asinou o decreto real que instituíu a [[Festa do Libro]] en [[España]].
 
[[Ficheiro:Old book bindings.jpg|250px|esquerda|thumbminiatura|Libros na Biblioteca do ''Merton College'', [[Oxford]]]]
 
No [[1930]], a data conmemorativa foi trasladada para o [[23 de abril]], día do falecemento de [[Cervantes]], que coincidía coa tradición festiva catalá.
Liña 16:
O [[15 de novembro]] de [[1995]], a [[UNESCO]] decidiu proclamar este día, ''Día internacional do libro e dos dereitos de autor''. A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura quería destacar deste xeito a importancia do libro, que foi historicamente o medio de difusión máis importante do coñecemento así como unha ferramenta esencial de enriquecemento cultural. Esta xornada ten como fin promover o libro e fornecer a través del o acceso á [[cultura]] do maior número de persoas posible. A primeira celebración do Día Mundial do Libro tivo lugar o [[23 de abril]] de [[1995]].
 
[[Ficheiro:Printing3 Walk of Ideas Berlin.JPG|thumbminiatura|220px|]]
 
A [[UNESCO]] decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616 no [[calendario gregoriano]]) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de [[William Shakespeare]] (no [[calendario xuliano]]). Na [[Inglaterra]] daquel tempo aínda se utilizaba o [[calendario xuliano]], que tiña unha diferenza de 10 días co [[calendario gregoriano]] que se usaba en España. Shakespeare, polo tanto, morreu 10 días despois de Cervantes. Ese mesmo día tamén se conmemora a morte do primeiro escritor mestizo, [[Inca Garcilaso de la Vega]], fillo do conquistador [[Sebastián Garcilaso de la Vega]] e da princesa Inca [[Elisabet Chimpu Occlo]], irmá de [[Huayna Capaz]], último emperador indio.