Diplomacia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ur:سفارت کاری
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Nyc-un-building.jpg|right|thumbminiatura|250 px|A sede da [[ONU]] en [[Nova York]]]]
A '''diplomacia''' é a arte de conducir as relacións internacionais ou os negocios estranxeiros dun determinado [[Estado]] ou outro suxeito de [[dereito internacional]]. Xeralmente é emprendida por medio de diplomáticos de carreira e implica asuntos de [[guerra]] e [[paz]], [[comercio exterior]], promoción cultural, coordinación de [[organización internacional|organizacións internacionais]] e outros. Convén distinguir entre diplomacia e [[política exterior]] - aquela é unha dimensión desta última. A política exterior é definida en última análise pola autoridade de goberno dun Estado ou pola alta autoridade política dun suxeito de dereito internacional; así a diplomacia pode ser entendida como unha ferramenta dedicada a planear e executar a política exterior, por medio de diplomáticos. As relacións diplomáticas son definidas no plan do dereito internacional pola [[Convención de Viena sobre Relacións Diplomáticas]] (CVRD), de [[1961]].
 
Liña 27:
 
== Misións diplomáticas ==
[[Ficheiro:Brazil, Washington.jpg|right|thumbminiatura|250px|A sede da Embaixada de Brasil en [[Washington, D.C.|Washington]].]] A Misión diplomática está constituída por un grupo de operarios dun [[Estado]] ("Estado acreditante") ou [[organización internacional]], presentes no territorio doutro Estado ("Estado acreditado"), cuxo obxectivo é representar o Estado acreditante ante o Estado acreditado. En termos prácticos, afai ser unha Misión permanente dun Estado localizada na capital doutro Estado.
 
Denomínase "diplomático" o funcionario pertencente ao servizo diplomático dun Estado; "Misión diplomática", un grupo de diplomáticos de mesma [[nacionalidade]] acreditados perante a un Estado estranxeiro. O conxunto de diplomáticos de todas as nacionalidades presentes no territorio dun determinado Estado denomínase "corpo diplomático". O corpo diplomático acreditado nunha determinada capital afai ter un "decano" (o embaixador que leva máis tempo naquela capital; nalgúns lugares, a posición é reservada ao núncio apostólico), con función de portavoz dos intereses do conxunto dos diplomáticos estranxeiros.
Liña 51:
 
== Historia ==
[[Ficheiro:CongressVienna.jpg|thumbminiatura|250px|''O [[Congreso de Viena]]'' por [[Jean-Baptiste Isabey]], 1819.]]
A facultade de practicar a diplomacia é un dos elementos definidores do Estado, razón pola cal aquela foi exercida desde a formación das primeiras [[cidade-estado|cidades-Estado]], fai milenios. Na [[Antigüidade]] e na [[Idade Media]], os diplomáticos eran case sempre enviados só para negociacións específicas, retornando coa súa conclusión. A historia rexistra como primeiros axentes diplomáticos permanentes os apocrisiários, representantes do [[Papa]] e doutros patriarcas [[catolicismo|católicos]] ante o [[Imperio bizantino]]. Tamén exercían as súas funcións de modo permanente os ''procuratores in Romanam Curiam'', representantes dos soberanos europeos xunto ao Papa en [[Roma]]. Con estas dúas institucións (apocrisiários e ''procuratores'') xurdiron os primeiros conceptos do que viría ser a diplomacia moderna, como as instrucións, as credenciais e as inmunidades.