Diocleciano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: ml:ഡയക്ലീഷൻ
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 3:
De baixo nível social, Diocles subiu os chanzos da carreira militar e distinguiuse baixo os emperadores [[Probo]] e [[Aureliano]] até ser nomeado [[cónsul]]. Acusado do asasinato de [[Numeriano]] en setembro de [[284]] xunto co [[prefecto]] do [[pretorio]] [[Arruis Aper]], matou a este en público e logo de vencer a [[Carino]] en [[Moesia]], tornouse o novo emperador ([[284]]). Realizou reformas profundas a fin de salvar o imperio da derrocada inminente. Diocleciano tiña tres obxectivos: fortalecer seu poder, reformar os métodos de goberno e rexenerar o exército. Para iso promoveu reformas na administración e no recrutamento militar (dobrando o número de [[Lexión Romana|lexións]]), pasou a usar [[mercenario]]s [[bárbaro]]s e transformou os servizos do exército nas fronteiras en hereditarios. Nese último caso, os soldados non pasaban de servos do Estado, obrigados a loitar a cambio dunha paga fixa e do dereito de ocupar a terra.
 
[[Ficheiro:Dio_coin1.jpg|thumbminiatura|right]]
O poder autocrático era incompetente para gobernar e defender o inmenso imperio e varias provincias tentaban se liberar e vivir baixo o goberno de emperadores propios. Dada a complexidade dos problemas políticos e administrativos derivados da vastitude do Imperio Romano, ben como a necesidade dun sistema organizado para a sucesión dos emperadores, xulgou Diocleciano que a forma de resolver esas cuestións sería dividir de feito (xuridicamente continuaba sendo un) o Imperio Romano en ''pars Orientis'' e ''pars Occidentis''. O control da rexión occidental (''pars Occidentis'') foi transferido para Maximiliano, un xeneral da súa confianza. Reservando a rexión oriental (''pars Orientis'') para si, Diocleciano non dividiu propiamente o poder co seu compañeiro de armas Maximiliano, pois, na realidade, Diocleciano estaba colocado en posición superior á de Maximiliano. A partir de aí, o Imperio pasou a ter dos [[Augusto]]s (''augustus''), cada cal con exército, administración e capital propios, aínda que Diocleciano continuase a ser o xefe do Estado, representando a unidade do mundo romano. Ese sistema ficou coñecido como '''diarquía'''.