Diferenzas entre revisións de «Decretos de Nueva Planta»

m
Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m (pequenos erros)
m (Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|))
[[Ficheiro:DecretNovaPlanta.png|thumbminiatura|right|Portada dun dos '''Decretos de Nueva Planta''', que prohibía o uso da [[lingua catalá]] na administración de xustiza de Cataluña.]]
 
Os '''Decretos de Nueva Planta''' son un conxunto de decretos asinados polo rei [[Filipe V de España|Filipe V]] despois da [[Guerra de Sucesión]], en virtude dos cales abolíanse os [[Foro]]s e [[Constitucións catalás|Constitucións]] dos territorios da [[Coroa de Aragón]] e cambiábase a organización territorial da [[Monarquía Hispánica]]. Formalmente son unha serie de Cédulas Reais que estableceron unha «nova planta» das [[Real Audiencia|Reais Audiencias]] dos territorios da Coroa de Aragón e da [[Coroa de Castela]]. Todos eles veñen precedidos dunha abolición das institucións propias:
 
==Consecuencias xurídicas==
[[Ficheiro:ConstitucionsCatalanesVolumIr.jpg|thumbminiatura| ''[[Constitucións de Catalunya]]'' publicadas en [[1704]] en virtude do ''[[Capítol de cort]]'' LXXXII aprobado nas [[Cortes de Barcelona (1701)|Cortes Catalás celebradas en Barcelona entre 1701-1702]].]]
 
Os Decretos de Nueva Planta tiveron en común a desaparición das características propias da estrutura da Coroa de Aragón primeiro, e a Monarquía Hispánica despois, é dicir, a monarquía composta: un rei reinante sobre diferentes reinos, dado que estes reinos desapareceron sometidos ás institucións, leis e autoridades dun deles, o de Castela, se ben continuaron existindo aínda que non nominalmente.
 
==Imposición dun modelo político==
[[Ficheiro:Castillo_cardona.JPG|thumbminiatura|Castelo de Cardona, último reduto da resistencia catalá na invasión de [[1715]].]]
 
Estes decretos toman [[Francia]] como modelo político e ao mesmo tempo establecen que estes territorios pasarán a ser rexidos segundo as leis e os costumes de Castela; son consecuencia da visión absolutista e centralista do monarca, collendo como motivo o castigo á Coroa de Aragón polo seu apoio ao Arquiduque Carlos de Austria.
O decreto de Nueva Planta do [[Reino de Valencia]] e [[Reino de Aragón|Aragón]] significou a fin de todo o sistema lexislativo e político valenciano e aragonés: os [[foros de València]] e de [[foros de Aragón|Aragón]] e as [[Cortes Valencianas]] e as de [[Cortes de Aragón|Aragón]] foron substituídos polas leis e o réxime político de Castela. Os funcionarios empezáronse a nomear dende [[Madrid]], o valenciano foi prohibido como lingua da administración, do ensino e da predicación. A diferenza doutros territorios da Coroa de Aragón, no caso valenciano, aboliuse mesmo o dereito civil. Aragón tamén perdeu as súas leis e a lingua. Naquel momento o [[lingua aragonesa|aragonés]] xa se encontraba nun adiantado proceso de asimilación polo castelán na parte sur do reino e nas bisbarras interiores do País Valencià, ata entón de fala aragonesa.
 
[[Ficheiro:Cortes Catalanas.jpg|thumbminiatura|right|[[Cortes Catalanas]] nunha miniatura dun incunable do século XV.]]
 
O Estado Central organizouse en [[provincia]]s gobernadas por un [[Capitán Xeral]] e unha audiencia, encargados da administración. Para a administración económica e financeira establecéronse as [[intendencias provinciais]], seguindo o modelo francés, que levaron consigo a aparición da figura dos [[intendente]]s.
 
==Abolición das institucións catalás==
[[Ficheiro:ConstCATMonso1535.png|thumbnailminiatura|right|Os Decretos de Nueva Planta supuxeron a abolición de feito das [[Constitucións catalás]] (Compilación das constitucións de [[1585]]).]]
 
O decreto de Nueva Planta de Cataluña abolía a Deputación do Xeneral, as [[Cortes Catalás]], o ''[[Consell de Cent]]'', etc. Substituía ao vicerrei por un capitán xeral, dividía Cataluña en correxementos, como en Castela, e desaparecían as tradicionais [[veguería]]s. Establecíase o [[catastro]], para gravar propiedades urbanas e rurais, e os beneficios do traballo, o comercio e a industria. Igualmente, o castelán pasaba a ser lingua oficial, especialmente da escola e os xulgados. Tamén se pecharon as universidades catalás, que deran apoio ao Arquiduque Carlos de Austria, e creábase a [[Universidade de Cervera]].
103.099

edicións