Dawn: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosema (conversa | contribucións)
m →‎Nave: Corrección menor
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 58:
A alimentación eléctrica é proporcionada por un par de [[Panel solar|paneis solares]] que, unha vez despregados, lle dan á nave unha lonxitude total de 19,7 metros. Os paneis están formados por céulas solares de tripla unión de [[Indio (elemento)|indio]]-[[galio]]-[[Fósforo (elemento)|fósforo]] e indio-galio-[[xermanio]]. Cada un ten forma rectangular de 2,3 m de alto por 8,3 m de longo e proporcionan 10,3 [[Vatio|kW]] de [[potencia]] á distancia da Terra ao Sol e de 1,3 kW a unha distancia de 3 [[Unidade astronómica|UA]]. Alimentan o sistema eléctrico da nave, que usa [[voltaxe]]s de entre 22 e 35 [[Voltio|V]], e o [[Propulsión iónica|propulsor iónico]], que funciona a entre 80 e 140 V. A [[enerxía eléctrica]] é almacenada nunha [[Batería (electricidade)|batería]] de [[níquel]]-[[hidróxeno]] cunha capacidade de 35 [[Amperio-hora|Ah]].<ref name=NSSDC/>
 
[[Imaxe:Vesta Rotation.gif|thumbminiatura|Rotación de Vesta obtida a partir de diferentes imaxes obtidas por Dawn.]]
 
As comunicacións teñen lugar mediante unha [[antena]] parabólica fixa alta [[ganancia]] e 1,52 metros de [[diámetro]] situada no mesmo plano que os paneis solares e mediante tres antenas de baixa ganancia situadas en diversas partes da nave. O sistema de comunicacións usa a [[banda X]] tanto no enlace de subida como no de baixada e consume ata 100 W de potencia. As velocidades de subida van de entre 7,8 a 2,0 [[bps]] e as de baixada varían entre 10 bps e 124 Kbps. O sistema de datos e comandos usa un [[CPU|procesador]] [[RAD6000]] e un sistema de almacenamento de 8 [[Bit|Gb]] de capacidade.<ref name=NSSDC/>