Dama do Lago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:La Dame du Lac.jpg|thumbminiatura|right|230px|A Dama do Lago rapta a Lanzarote. Gravado d´''Os idilios do rei'', de [[Alfred Tennyson|Lord Tennyson]], 1898]]
A '''Dona do lago''' ou a '''Dama do lago''' é un personaxe das [[Materia de Bretaña|lendas artúricas]] con varios papeis: dálle a espada Excalibur ao [[rei Artur]], guía o rei ferido cara a [[Avalon]] despois da batalla de Camlann, encanta a [[Merlín]] e ademais educa a [[Lanzarote do Lago]]. Na [[mitoloxía celta]], a dona do Lago ou a fada Viviane era a señora que rexía [[Ávalon]] -a illa da antiga sabedoría-. Era neta de [[Diana (mitoloxía)|Diana a cazadora]], filla do rei de [[Northumberland]] ou de Dionás. Os distintos autores e copistas déronlle á dona do Lago diversos nomes: '''Niniana''', '''Viviana''', '''Nimue''', '''Ninie''' ou '''Viviane'''.
 
Liña 5:
O personaxe pasou a ter un lugar de relevancia na literatura artúrica, a cal axudou á súa difusión na cultura occidental. Aparece en moitas das obras medievais sobre o [[rei Artur]]. A primeira vez que aparece nunha obra literaria é a finais do [[século XII]] en ''Lancelot, o Cabaleiro da Carreta'', de [[Chrétien de Troyes]], aínda que non se identificaba polo seu nome aínda, exercendo o seu papel de madriña ou nai adoptiva do cabaleiro da mesa redonda Sir [[Lanzarote do Lago]]. Nesta obra, a Dona do Lago entrega un anel máxico a Lanzarote, o cal o protexerá de calquera encantamento. Esta alusión ao carácter máxico do personaxe toma forma cando no ciclo ''[[Lanzarote-Grial]]'' se menciona a ela expresamente como [[fada]]. N´''[[A morte de Artur]]'', de Sir [[Thomas Malory]], a Dama do Lago é quen fai entrega a Artur da lendaria espada [[Excalibur]].
 
[[Ficheiro:The Beguiling of Merlin by Edward Burne-Jones.jpg|thumbminiatura|esquerda|180px|''A sedución de Merlín'', pintura do prerrafaelita [[Edward Burne-Jones]], 1874]]
A Dama do Lago é responsábel da desaparición de Merlín, ao pechalo por toda a eternidade nunha cova, aproveitando a influencia que ten sobre o mago namorado. Segundo o ''Lanzarote en prosa'', Merlín ensinou os seus segredos máxicos a Viviane, pola promesa que esta lle fixo de que, en pago, ela lle entregaría o seu amor. Porén, Viviane aproveita o coñecemento destes segredos para pechar a Merlín. O mago xa vira o seu propio destino, pero non foi quen de o evitar, o cal supón que Viviane posuía un poder extraordinariamente forte para manipular e encantar, incluso a un gran feiticeiro.