Diferenzas entre revisións de «Curuxa común»

m
Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m (→‎Subespecies: mar Caribe)
m (Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|))
 
== Distribución xeográfica ==
[[Ficheiro:Tyto alba dis.png|thumbminiatura|300px|esquerda|Distribución da curuxa común]]
Viven nas áreas de clima temperado, subtropical e tropical de [[África]], [[Europa]], sudoeste e sur de [[Asia]], [[Australia]], [[Sudamérica]] e [[Norteamérica]]. É unha das aves de distribución máis ampla, faltando só en boa parte de Asia, [[Nova Celandia]] e o [[Sahara]]. No continente europeo chegan polo norte ata [[Escocia]] e [[Dinamarca]] e polo leste ata [[Ucraína]]. O seu límite norte son os territorios cunha temperatura media invernal de entre 6 e 8 graos.
 
 
== Conduta ==
[[Ficheiro:Chouette crâne (2).jpg|thumbminiatura|Left|]]
=== Alimentación e técnicas de caza ===
Cazan, ó lusco fusco e pola noite, sobre todo mamíferos pequenos. En épocas de escaseza de presas ou cando están criando os polos poden cazar polo día. En 47 dos 52 estudos feitos en diferentes localizacións xeográficas amosábase que os [[roedores]] constituían polo menos o 50% das súas presas. Mesmo en Australia central os ratos, introducidos involuntariamente polos europeos, constitúen o 97% das capturas totais. [[Rata]]s, [[coello]]s pequenos, [[morcego]]s, [[paxaro]]s, [[réptil]]es, [[ra]]s e [[insecto]]s poden xogar local ou rexionalmente un papel importante na súa subsistencia. Localizan as presas polo oído e pola vista. A forma da cara mellora a capacidade de recoller sons do oído e elimina outros ruídos molestos para a localización da presa.
 
Mentres as femias chocan, os machos buscan moitas veces unha nova parella coa que reproducirse ([[polixinia]]). Isto provoca que en ocasións dúas ou máis femias incuben a un tempo nun só niño ou en máis de un dentro do territorio do macho. O aparellamento dunha femia con varios machos ([[poliandria]]) é menos habitual.
[[Ficheiro:Schleiereule_fws.jpg|thumbminiatura|200px|Curuxa común]]
A táctica fronte ós inimigos consiste en evitalos. As curuxas adoitan seren malas de localizar cando están pousadas e ben agachadas ó que axudan a plumaxe mimética e a capacidade de estaren sen se mover. Cando son molestadas agáchanse ou apértanse ben contra a estrutura do seu punto de repouso. En casos extremos foxen zarriscando o inimigo cos seus excrementos. Os exemplares que non poden fuxir adoptan posturas de ameaza abrindo as ás e proxectando o corpo cara adiante. A isto xuntan berros e simulacros de ataque. Os polos que aínda non voan e os exemplares acurralados deféndense con golpes das gadoupas, máis que co bico.
 
 
=== Reprodución ===
[[Ficheiro: Young_barn_owl_(Tyto_alba_pratincola).jpg|thumbminiatura|200px|Cría femia de curuxa de 30 días de idade]]
Os niños en localizacións naturais non son habituais en moitas partes de Europa, onde as curuxas crían en edificios, graneiros ou ruínas. Poñen, separados por uns dous día de distancia, entre tres e doce [[Ovo (bioloxía)|ovo]]s. Chocan as femias soas durante uns 30 días. A incubación comeza cando poñen o primeiro ovo, o que provoca que os polos saian do ovo con días de separación. Ata que os polos teñen unhas tres semanas o macho ocúpase en solitario de traer comida ó niño. Os polos poden comezar a voar ós dous meses, cambiando a penuxe directamente nas plumas propias do adulto.
 
== Ameazas en Europa occidental ==
[[Ficheiro:Barn owls revivim.jpg|thumbminiatura|250px|Curuxas]]
Se a curuxa puido aproveita-las actividades agrícolas do home para se espallar por moitas zonas de Europa, os cambios nos cultivos, singularmente a agricultura intensiva, están provocando a redución constante dos seus números, por exemplo, en Centroeuropa. Estes métodos inciden tamén nas poboacións de ratos de campo, o que priva ás curuxas de alimento.
 
103.099

edicións