Cristalino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Iris (anatomía)
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Schematic diagram of the human eye pt.svg|250px|thumbminiatura|right|Diagrama esquemático do [[ollo]] humano]]
O '''cristalino''' é un compoñente do [[ollo]] con forma de lente [[biconvexo|biconvexa]] que se atopa situado tralo [[Iris (anatomía)|iris]] e diante do [[humor vítreo]]. A súa función principal consiste en permitir enfocar obxectos situados a diferentes distancias. Este obxectivo conséguese mediante un aumento da súa curvatura e do seu espesor, proceso chamado [[acomodación ocular|acomodación]]. O cristalino caracterízase pola súa alta concentración en [[proteína]]s, que lle confiren un índice de refracción máis elevado que os fluídos que o rodean. Este feito é o que lle outorga a súa capacidade para [[refracción|refractar]] a [[luz]], axudando á [[córnea]] a formar as imaxes sobre a [[retina]].
 
Liña 5:
 
== Anatomía ==
[[Ficheiro:Lens_parts-es.svg|right|thumbminiatura|200px|Diagrama [[saxital]] coas diferentes partes do cristalino]]
O cristalino é un corpo [[lente|lenticular]], transparente, incoloro, biconvexo, flexible e [[avascular]]. O cristalino atópase no [[segmento anterior]] do [[ollo|globo ocular]], detrás do iris e o [[humor acuoso]] e diante do humor vítreo. Debido á ausencia de [[vaso sanguíneo|vasos sanguíneos]] no seu interior, a nutrición do cristalino depende principalmente de intercambios co humor acuoso. A curvatura da cara anterior (a que limita co humor acuoso) é inferior á da cara posterior. Os centros de ditas son coñecidos, respectivamente, como polo anterior e polo posterior, mentres que a liña que os une chámase eixo do cristalino. A anchura entre as caras anterior e posterior denomínase espesor do cristalino; para un recentemente nado sen acomodación, o seu valor é duns 3.5 milímetros<ref>Le Grand, E.; O Hage, S. G. ''Physiological Optics''. Páxinas 93 a 100.</ref>. Á circunferencia que delimita as dúas caras mencionadas chámase ecuador, mentres que ao seu diámetro coñécese como diámetro do cristalino.
 
Atópase arrodeado por unha cápsula transparente, elástica e acelular, tamén chamada [[cristaloides]], que está conectada ao [[músculo ciliar]] por medio dunhas fibras denominadas [[zónulas de Zinn]]. No interior do cristalino existen dúas zonas principais: o núcleo e a codia. A superficie anterior da codia está recuberta por un [[epitelio]], sendo este o único tecido do cristalino que é capaz de rexenerarse.
 
[[Ficheiro:Gray884.png|right|thumbminiatura|200px|Ilustración da [[Anatomía de Gray|''Anatomía de Gray'']] que amosa a codia (''external layers'') e o núcleo (''nucleus'') do cristalino. Aprécianse as diferentes capas concéntricas que van formando as novas células]]
 
[[Ficheiro:Gray885.png|right|thumbminiatura|200px|Ilustración da 20ª edición da ''Anatomía de Gray'' coa disposición das liñas de sutura nas superficies posterior (''A'') e anterior (''B'') do cristalino do recentemente nado]]
 
As fibras zonulares son finas e elásticas. Poden ser divididas en dous grupos de acordo á súa localización: as zónulas posteriores e as anteriores. As anteriores ocupan a rexión situada entre os [[proceso ciliar|procesos ciliares]] e a cápsula, uníndose á derradeira nas proximidades da rexión ecuatorial; as posteriores esténdense dende a unión do músculo ciliar coa [[ora serrata]] ata os procesos ciliares. A unión das fibras posteriores e anteriores, denominada [[plexo zonular]], está ligada ao epitelio do [[corpo ciliar]], nos vales dos procesos, por medio dun sistema de fibras secundario<ref>Adrian Glasser. ''Accomodation: Mechanism and Measurement''. Ophthalmology Clinics of North America</ref>.
Liña 29:
O traballo dos anatomistas gregos de [[Alexandría]] quedou presumiblemente recollido na obra ''De Medicina'', do enciclopedista romano [[Aulo Cornelio Celso]] (25 adC-50 dC). Nesta obra recollíase unha crenza que predominaría ata a [[Idade Moderna]]: a de que o cristalino era o órgano no que se orixinaba a percepción visual. Xogaría así o papel que na actualidade adxudícase á [[retina]]. Tamén cometeu o erro de situar o cristalino no centro do [[globo ocular]], erro no que tamén incorrerían outros autores.
 
[[Ficheiro:Kepler_Optica.jpg|right|thumbminiatura|200px|Ilustración da obra de Kepler ''Astronomiae Pars Optica'', con diversas representacións do ollo humano. En particular, a figura da esquina superior esquerda mostra o esquema do ollo realizado por Félix Platter]]
 
No [[século II]] destaca o médico grego [[Galeno]], cuxa obra influíu de xeito determinante sobre a medicina [[Europa|europea]] durante máis dun milenio. Algúns anos antes, o anatomista [[Rufo de Éfeso]] situara o cristalino na súa localización correcta, próximo á [[pupila]]. Pola súa banda, Galeno sostivo, de novo, que o cristalino era o órgano principal do sentido da vista no interior do ollo, servindo ás demais partes do globo ocular como apoio para o seu funcionamento. Para sustentar a súa afirmación, argumentou que a presenza dunha [[cataratas|catarata]] podía provocar [[cegueira]]. Galeno tamén decatouse de que a curvatura da superficie anterior era inferior á da posterior<ref>Frank J. Lovicu, Michael L. Robinson. ''Development of the Ocular Lens''. Páxinas 3 á 14.</ref>.