Constitución española de 1978: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Constitucion espanola 1978.JPG|thumbminiatura|200px|Exemplar da Constitución conservado no [[Congreso dos Deputados]]]]
A '''Constitución Española de 1978''' é a [[norma xurídica|norma]] suprema ou máxima do ordenamento xurídico español, consecuencia dun proceso histórico denominado [[Transición Española]] que converteu o [[Franquismo|réxime franquista]] de [[1975]] nunha [[Monarquía parlamentaria]].
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Constitución 1978.jpg|thumbminiatura|right|200px|Exemplar da Constitución española de 1978 no que se mostra o [[Escudo de España]] entre 1977 e 1981.]]
Como parte da Transición Española cara á democracia, a morte do [[ditador]] Xeral [[Francisco Franco]], o [[20 de novembro]] de [[1975]], supuxo a proclamación como '''[[Monarca|rei]]''' de [[Juan Carlos I de España|Don Juan Carlos I]], e pouco despois (en [[xullo]] de [[1976]]) a formación dun Goberno presidido por [[Adolfo Suárez González]], e designado segundo a lexislación vixente. O Goberno enviou, en [[outubro]] de [[1976]], ás Cortes un '''proxecto de Lei''' para a Reforma política, que foi aprobado polas Cortes, e, posteriormente, e segundo todos os requisitos esixidos polas [[Leis Fundamentais]] (sinaladamente a '''[[Lei de Sucesión]]''') sometido a referendo.
 
Liña 66:
== O sistema político e as autonomías ==
=== O sistema político ===
[[Ficheiro:Vilagarcia Constitución 23032010 06-03.JPG|thumbminiatura|300px|Monumento á Constitución Española en Vilagarcía de Arousa (2003): Artigo 1.2: ''A soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os poderes do Estado''.]]
A [[ideoloxía]] [[liberal]] impregna a Constitución e o sistema político. A monarquía constitucional é a forma de Estado, cun rei, Juan Carlos I de Borbón, herdeiro lexítimo dos dereitos dinásticos de Alfonso XIII, traspasados pola abdicación de [[Xoán de Borbón|Don Xoán (III)]] en maio de 1977. Os poderes do monarca están limitados e enumerados na Constitución.
 
Liña 76:
 
=== As autonomías ===
[[Ficheiro:Escultura constitución Campolongo.jpg|thumbminiatura|dereita|300px|Monumento á Constitución en [[Campolongo, Pontevedra|Campolongo]] ([[Pontevedra]]), co texto do preámbulo.]]
A Constitución de 1978 rompe unha tradición centralista iniciada en 1700 por [[Felipe V de España|Felipe V]]. Como intento de solución ao problema rexional e ás reivindicacións dos grupos [[Nacionalismo|nacionalistas]] vasco e catalán, sen esquecer as [[minoría]]s [[nacionalismo|nacionalistas]] galegas, valencianas, canarias e andaluzas, créase un novo modelo de Estado descentralizado, no cal cada rexión convértese nunha [[comunidade autónoma]] con autogoberno, parlamento autonómico, tribunais de ámbito rexional e un [[Estatuto de autonomía]] que establece o modelo e as competencias que pode asumir.