Compañía Holandesa das Indias Orientais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TjBot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:DutchEmpire3.png|thumbminiatura|400px|right|[[Colonia administrativa|Territorios]] de VOC]]
A '''Compañía holandesa das Indias Orientais''' (''Verenigde Oostindische Compagnie'' ou '''VOC''' en [[lingua neerlandesa|holandés]], literalmente Compañía das Indias Orientais Unidas). Estableceuse o [[20 de marzo]] do [[1602]], cando o [[Estado Xeral dos Países Baixos]] concedeulle un monopolio de 21 anos para realizar actividades coloniais dentro de [[Asia]]. Era a primeira [[corporación multinacional]] no mundo e era a primeira compañía que publicaba as súas ganancias. Foi unha compañía de grande importancia e volume de negocios por case dous séculos, ata que chegou á bancarrota e foi disolta en [[1798]]. As posesións e a débeda pasaron a ser asumidas polo goberno da [[República Bátava]].
 
Liña 7:
 
Durante moito tempo, o emprazamento da VOC en [[Deshima]], un illote artificial en [[Nagasaki]], era o único lugar onde se permitía aos europeos comerciar cos [[Xapón|xaponeses]]. En [[1652]], [[Jan Van Riebeeck]] establece un posto no [[Cabo de Boa Esperanza]] no extremo meridional de [[África]] como punto de escala para os buques de paso da VOC . Esta colonia (chamada ''[[Sudáfrica|Colonia do Cabo]]'') estará na xénese do pobo [[afrikaans]]. Outros establecementos da VOC atópanse en [[Irán]], en [[Bangladesh]], en [[Sri Lanka|Srî Lankâ]], en [[Malaisia]], en [[Tailandia]], en [[China]], e na [[India]]. No seu cenit en [[1669]], a VOC é a compañía máis rica da historia do mundo: conta con 150 buques comerciais, 50.000 empregados, un exército de 10.000 homes, unha mariña de 40 barcos de guerra. O VOC estaba baixo a xestión dos [[Estados xerais dos Países Baixos]].
[[Ficheiro:NetherlandsEmpire.png|thumbminiatura|250px|[[Imperio colonial holandés|Posesións holandesas]], coas posesións da Compañía holandesa das Indias Orientais en cor verde pálido, rodeando o [[Océano Índico]] máis [[Santa Helena]] no [[Atlántico]] medio.]]
A compañía tivo frecuentes conflitos cos [[Reino Unido|británicos]] . Logo da cuarta guerra angloneerlandesa ([[1780]]-[[1784]]), o VOC atopábase en dificultade financeira, e en [[1798]] tras unha crise finaciera, era disolta.