Commedia dell'arte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 3:
 
A orixe é incerta, pero probabelmente ten as súas raíces no [[teatro romano]]. Na Italia medieval os ''arti'' eran grupos de artesáns ou [[gremio]]s, polo que un posíbel significado sería o de "comedia de actores profesionais". As compañías de actores italianas representaban as súas obras non só en Italia, senón que viaxaban por toda Europa, especialmente por [[Francia]], e a commedia dell'arte influenciou o desenvolvemento do teatro europeo posterior.
[[Ficheiro:KDujardinsCommedia.jpg|thumbminiatura|right|Unha troupe itinerante co seu cenario improvisado cun fondo de ruínas idealizadas na Campania Romana ([[Karel Dujardins]], [[1657]]).]]
O trazo definitorio máis característico é o seu carácter de teatro de actor e equipo, e non de autor. Só existe un bosquexo da acción (''scenari'') e os actores improvisan os [[diálogo]]s correspondentes con apoios de recursos extraverbais (mímica, malabarismos, acenos,...). É un teatro en que pesa máis a teatralidade que a textualidade.
 
Formalmente preséntase en tres actos coas súas escenas. A súa trama, con escasas explicitacións espaciais e temporais, acostuma ser sinxela e reiterativa, é unha acumulación de situacións para divertir ó público e producir hilaridade. A temática é amorosa, implicando a persoas de todas as idades, señores e servintes, amantes e confidentes.
 
[[Ficheiro:WatteauPierrot.jpg|thumbminiatura|esquerda|[[Pierrot]] nun cadro de [[Antoine Watteau]] (1718-19).]].
As figuras poden presentarse con máscara (vellos, criados) ou sen máscara (namorados), e as personaxes son [[esterotipo|esterotipadas]] e inclúen a [[Pantalón]], o [[Capitán bravucón]], un Doutor, o Namorado e os servintes [[Arlequín]], [[Brighella]] e [[Scapino]] entre os homes, e a Namorada, a súa confidente [[Soubrette]] (ás veces namorada dun dos servintes) e a [[Canterina]] e [[Ballerina]], que cantaban nos [[entreacto]]s, entre as mulleres.