Claude Monet: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: stq:Claude Monet
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 20:
| premios =
}}
[[Ficheiro:Claude_Monet,_Impression,_soleil_levant,_1872.jpg|thumbminiatura|''Impresión, sol nacente'' ([[1874]]).]]
'''Claude Monet''' tamén coñecido como '''Oscar-Claude Monet''' ou '''Claude Oscar Monet''', nado en [[París]] o [[14 de novembro]] de [[1840]] e finado en [[Giverny]], [[Francia]], o [[5 de decembro]] de [[1926]], foi un pintor impresionista [[Francia|francés]].
 
Liña 26:
Nos anos inmediatamente anteriores á guerra de 1870 un grupo de pintores, Monet, [[Camille Pissarro]], [[Alfred Sisley]] e [[Pierre Auguste Renoir]] sitúanse á marxe de calquera remedo das tendencias precedentes e realizan unha nova pintura, que un crítico denominou despectivamente [[impresionismo]], inspirándose no título dunha obra de Monet exposta en 1874, ''[[Impresión, sol nacente]]''.
 
[[Ficheiro:Claude Monet 047.jpg|thumbminiatura|''Regatas en Argenteuil'' ([[1874]]). A xustaposición de pinceladas de distinta cor busca lograr que a retina compoña logo as verdadeiras tonalidades que conduza a un novo realismo.]]
 
Monet foi o pintor máis orixinal e principal representante das conquistas técnicas e estéticas do grupo. Sen os matices políticos ou sociais dos realistas, por medio dunha concepción estritamente pictórica, Monet busca a realidade cromática e formal baixo os efectos da luz. Na base da súa arte está o desligarse do estudo de pintura, buscando o aire libre para pintar e o colorido claro; a luz transforma e altera as cores e tamén as propias formas, de tal xeito que a paisaxe e os seus elementos xorden como visións instantáneas que non se volverán repetir. Unha preocupación primordial para Monet vai ser o estudo dos reflexos da luz na auga, que ten unha consistencia real semellante á dos elementos reflectidos. Esta linguaxe acadou a súa maior pureza nos anos que pasou en [[Argenteuil]] (1872-1878).