Cirurxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Synthebot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: be-x-old:Хірургія
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Cesarean team.JPG|thumbminiatura|350px|Equipo de cirurxiáns e [[Enfermería|enfermeiras]] durante unha operación cirúrxica [[Obstetricia|obstétrica]]: a [[cesárea]].]]
Denomínase '''cirurxía''', do [[lingua grega|grego antigo]] χείρ (''cheír'', 'man') e ἔργον (''érgon'', 'traballo'), de onde χειρουργεία (''cheirourgéia'', 'traballo manual'), á práctica que implica a manipulación mecánica, manual ou coa axuda instrumental, nas estruturas anatómicas do paciente con finanalidade médica, ben sexa diagnóstica, terapéutica ou prognóstica.
 
Liña 19:
 
En occidente, na [[Idade Media]], os médicos son clérigos, e non laicos. Algúns ocupaban mesmo altas funcións eclesiásticas. O seu casamento estaba (e está) prohibido pola Igrexa católica, e por iso non podían dar os seus coidados ás mulleres (daí a necesidade de [[comadroa]]s e [[parteira]]s). Aínda por riba, non podían exercer a cirurxía porque ''Ecclesia abhorret a sanguine'' (a Igrexa ten horror ao sangue).<ref>En [[1163]], no [[concilio de Tours]], A Igrexa decreta: ''Ecclesia abhorret a sanguine'' [http://www.web.ordre.medecin.fr/rapport/identiteculturelle.pdf Pratique médicale et identité culturelle], Informe da Comisión Nacional Permanente adoptada con ocasión da Reunión do Consello Nacional dos Colexios médicos de Francia de 18 de xuño de 2005.</ref> Finalmente, un médico non tiña o dereito de exercer unha profesión manual. Por esta razón, os actos cirúrxicos lles estaban tamén prohibidos. Estes encoméndanse aos [[barbeiro]]s que, ademais de cortar o pelo e barbear, tiraban os dentes, trataban as feridas e as úlceras, practicaban as incisións dos abscesos, as sangrías... despois do diagnóstico dun médico. De aí a denominación de ''cirurxián-barbeiro''.
[[Ficheiro:Marie Terese31.jpg|thumbminiatura|right|180px|[[María Tereixa de Austria]] e seu fillo maior Luís, o ''Gand Dauphin''.]]
[[Ficheiro:Nicolas de Largillière 003.jpg|thumbminiatura|dereita|250px|[[Luís XIV]] e a súa familia, por Nicolas de Largillière.]]
 
É famoso o caso de [[María Tereixa de Austria]] ([[1638]] - [[1683]]), filla de [[Filipe IV de España]] e esposa de [[Luís XIV de Francia]] que, tendo un absceso na axila, Antoine Daquin, médico do rei, oponse a que Dionis, o cirurxián, lle practique unha incisión; a raíña morreu.<ref>María Teresa morreu bruscamente, o 30 de xullo de 1683, en [[Versalles]], a consecuencia dun tumor benigno na axila do brazo esquerdo mal coidado. O absceso, violáceo e purulento, foi combatido vanemente con unha sangría e un emplasto húmido, e derivou en septicemia. Véxase: Rorive, Jean Pierre (2005): ''Petites histoires des grands de France''. Jourdan Editeur.</ref>.
Liña 40:
=== Prehistoria ===
Da época [[Prehistoria|prehistórica]] algunhas pezas esqueléticas fósiles atestiguan feitos cirúrxicos tales como [[craniotomía]]s (numerosos casos de [[trepanación]]s) e de [[amputación]]s de membros (máis raros) a partir do [[Mesolítico]].<ref>Agelarakis, A. (2006): "Early Evidence of Cranial Surgical Intervention in Abdera, Greece, A Nexus to ''On Head Wounds of the Hippocratic Corpus''". ''Mediterranean Archaeology & Archaeometry'', Vol.6, Nº 1, páxs. 5-18.</ref> <ref> Agelarakis, A. (2006): "Artful Surgery: Greek Archaeologists Discover Evidence of a Skilled Surgeon Who Practiced Centuries Before Hippocrates", ''Archaeology'', Vol. 59/2, páxs. 26-29.</ref> Tamén se encontraron evidencias en restos humanos prehistóricos do [[Protoneolítico]] <ref>Ralph Solecki, Rose Solecki and Anagnostis Agelarakis (2004): ''The Proto-Neolithic Cemetery in Shanidar Cave. Texas''. A&M University Press, College Station.</ref> e do [[Neolítico]], en [[Prehistoria|pinturas rupestres]]. Encontráronse máis de 120 cranios prehistóricos en [[Francia]], datados en 6500 anos a.C., 40 deles con furados de trepanación.
[[Ficheiro:Crane-trepanation-img 0507.jpg|thumbminiatura|320px|esquerda|Cranio datado no [[Neolítico]], 3500&nbsp;a.&nbsp;C., conservado no Museo de Historia Natural de [[Lausanne]], trepanado posibelmente con [[sílex]]. Crese que tras a operación o doente sobreviviu.]]
 
Folke Henschen, médico e historiador sueco expón que en excavacións relaizadas en [[1970]] en sedimentos do [[río Dniéper]] amosan a existencia da trepanación no [[Mesolítico]], hai aproximadamente 14000 anos.<ref>Henschen, Folke (1995): ''The human skull. A cultural history''. New York: Praeger</ref> Suxírese que as trepanacións facíanse para curar [[epilepsia]]s, [[migraña]]s, e doenzas [[mente|mentais]].<ref>Brothwell, D. R. (1963): ''Digging up Bones''.</ref> Os sinais de [[cicatriz|cicatrización]] nos bordos das [[resección]]s permiten pensar que a craniotomía non era fatal, e que o operado supervivía despois da operación. O estudo das técnicas utilizadas por pobos primitivos de [[Sudamérica]] e da illa de [[Borneo]], permiten facerse unha idea do que puidera utilizarse na época prehistórica. A preparaxión do doente, é dicir, o seu adormecemento, puidera realizarse con derivados da [[durmideira]].<ref>Cruzeby, E. (1996): "Surgery at the origins of agriculture: the case of central Europe", in ''Anthropologie''.</ref>
Liña 49:
==== Mesopotamia ====
Os primeiros trazos de actividades científicas datan das civilizacións humanas do [[neolítico]], onde se desenvolven o comercio e a urbanización <ref>Russell M. Lawson, (director), ''Science in the ancient world - An Encyclopedia'', ABC-CLIO, 2004, páx. 149. {{en}}</ref>. Así, para [[André Pichot]], en ''La Naissance de la science'',<ref>André Pichot (1991): ''La Naissance de la science. Tome 1 : Mésopotamie, Égypte''. París: Gallimard.</ref> a ciencia nace en [[Mesopotamia]] (entre os ríos [[Tigris]] e [[Éufrates]]), contra os anos 4000 - 3500 a.C., a civilización [[Sumer|sumeria]], principalmente nas cidades de [[Sumer]] e [[Elam]].
[[Ficheiro:Codex Hammurapi Stela top.jpg|thumbminiatura|200px|dereita|No [[código de Hammurabi]] inclúense algunhas leis referidas específicamente á cirurxía.]]
 
Nesta civilización, a innovación máis importante é a invención da [[escritura cuneiforme]] (en forma de cravos) que, mediante [[pictograma]]s, permite a reprodución de textos, e a elaboración abstracta de conceptos.
Liña 67:
 
==== Exipto ====
[[Ficheiro:KomOmbo03.jpg|thumbminiatura|200px|Ferramentas cirúrxicas nun baixorrelevo do templo de [[Kom Ombo]], [[Exipto]].]]
Contra o ano 3100 a.C. comenza o período de esplendor da civilización exipcia, cando [[Narmer]], o primeiro [[faraón]], establece a capital en [[Menfis]]. Ao igual que ocurre coa civilización sumeria e a escritura cuneiforme consérvase unha ampla serie de documentos sobre esta civilización grazas ao emprego da escritura [[xeroglífica]].
 
Liña 73:
 
==== China ====
[[Ficheiro:Acupuncture chart 300px.jpg|thumbminiatura|esquerda|190px|Mapa de puntos de aplicación da [[acupuntura]]. [[Dinastía Ming]].]]
A medicina chinesa tradicional describe o equilibrio de cinco elementos que considera fundamentais: auga, terra, lume, madeira e metal. O seu equilibrio é o resultado da presenza de dúas forzas: o [[Yin]] e o [[Yang]], que actúan simultaneamente.
 
Liña 86:
==== América precolombina ====
Existen numerosos achados arqueolóxicos que demostran a práctica da trepanación por todo o continente americano. O maior desenvolvemento da cirurxía alcanzouse nas dúas principais civilizacións do centro-sur: [[Azteca]] e [[Inca]].
[[Ficheiro:Ethnologisches Museum Dahlem Berlin Mai 2006 002.jpg|thumbminiatura|200px|Un coitelo ''tumi'' peruano.]]
 
Aínda que en xeral a concepción da saúde-enfermidade é de tipo animista ou espiritual, o profundo coñecemento de herbas e principios activos naturais dotou dun arsenal importante a estas culturas: Pódese destacar o uso da [[Erythroxylum coca|coca]] (''Erytroxilon coca''), o [[iagué]] (''Banisteriopsis caapi''), o [[iopo]] (''Piptadenia peregrina''), o [[pericá]] (''Virola colophila''), o [[tabaco]] (''Nicotiana tabacum''), o [[ioco]] (''Paulinia yoco'') ou o [[curare]] e algunhas [[Datura|daturas]] como axentes anestésicos.
Liña 97:
===== Grecia =====
'''Antecedentes'''
[[Ficheiro:Sites mycéniens.png|thumbminiatura|200px|Situación dos principais xacementos micénicos en Grecia.]]
 
En torno ao [[mar Exeo]] desenvolveuse entre os anos 2500 e 1500 a.C. a cultura [[minoica]] na [[illa de Creta]], que foi, ao final da prehistoria, a precursora da civilización grega. En [[1971]], durante unha excavación arqueolóxica en [[Nauplia]], encontráronse nunha tumba [[micénica]] <ref>Cultura posterior á minoica, sucesora dela e precursora da grega.</ref> numerosos instrumentos médicos, datados nuns 1500 anos antes da nosa era (coitelos, tesouras, pinzas, algunhas sondas) atribuídos por algúns autores ao mítico médico (entre os gregos) [[Palamedes]].
Liña 107:
 
Polo tanto, na chamada ''antigüidade clásica'' a medicina e, sobre todo, a cirurxía, estaba moi pouco desenvolvida. Como quedou dito, as tarefas manuais eran despreciadas polos científicos (filósofos) da saúde, entendiendo a ciruxía como unha aberración do verdaidero tratamento das enfermidades, que viña dado por unha simple axuda á natureza curadora (coa [[dieta]] e a [[fitoterapia]]). Sen embargo, os filósofos denominados [[presocrático]]s son os primeiros en interrogarse sobre os fenómenos naturais. Chamados φυσιολογοι (''physiologoi'', 'fisiólogos')<ref>Do [[lingua grega|grego clásico]] φύσισ (''phýsis'', 'natureza'), e λόγος (''lógos'', 'palabra', 'expresión', 'razoamento').</ref> por Aristóteles porque tiñan un discurso racional sobre a natureza, investigan sobre as causas naturais dos fenómenos que chegaron a ser os primeiros obxectos do método.
[[Ficheiro:Hippocrates rubens.jpg|thumbminiatura|dereita|150px|[[Hipócrates]]. Gravado de [[Peter Paul Rubens]] (1638).]]
 
É necesario facer unha referencia a [[Hipócrates]] de Cos [[século V]] a.C. - [[século IV]] a.C., a figura médica por excelencia da cultura grega clásica. Aos 13 anos comezou os seus estudos de medicina que lle abriron as portas do templo dos [[Asclepio|Asclepiades]] (de [[Asclepio]], como vimos, deus mitolóxico da medicina). Logo viaxou a [[Exipto]] para rematar a súa formación. Deixou unha obra composta por 53 escritos que foi recollida polos seus discípulos no [[Corpus hippocraticum]]. Pai indiscutido da medicina moderna, o seu mérito fundamental foi o de desenvolver un sistema racional baseado na observación e na experiencia para o estudo das doenzas cuxas causas atribuía a fenómenos naturais e non a intervencións dos deuses ou a fenómenos de tipo máxico-relixioso. Na medicina [[hipocrática]] descríbese o corpo humano como unha asociación dos catro [[humor (medicina)|humores]]: [[flegma]] (auga), [[bile amarela]] (lume), [[bile negra]] (terra), e [[sangue]] (aire); as doenzas desenvólvense por unha perda do equilibrio destes humores. O mantemento da saúde efectúase a través da dieta e a hixiene. Indubidábel xenio da medicina naturista, a el atribúese o coñecido [[xuramento hipocrático]]. As súas ideas persistiron durante toda a [[Idade Media]] e o [[Renacemento]].
[[Ficheiro:Aristoteles Louvre.jpg|thumbminiatura|esquerda|150px|[[Aristóteles]]. [[Museo do Louvre]].]]
 
No ''corpus'' hipocrático advírtese unha notábel exactitude anatómica, e sorprenden algunhas propostas terapéuticas de plena vixencia na actualidade, como a drenaxe do [[empiema]] [[pleura]]l ou os tratamentos suxeridos para os traumatismos craniais.<ref>Hipócrates (1993): ''Tratados Hipocráticos VII. Tratados Quirúrgicos. Sobre Heridas en la Cabeza''. Madrid: Editorial Gredos. Biblioteca Clásica Gredos.</ref>
Liña 127:
 
Un dos poucos cirurxáns romanos coñecidos da era precristiá foi [[Arcagato do Peloponeso]] (citado por [[Plinio o Vello|Plinio]] na súa ''Naturalis Historia'', na que tamén refire que inicialmente seu alcume ''Vulnarius'' (o curaferidas), pero os seus métodos e sucesivos fracasos lle valeron o novo apelativo de ''Carnifex'' (o executor).
[[Ficheiro:dioscorides.jpg|thumbminiatura|150px|[[Dioscórides]]]]
[[Ficheiro:Galen detail.jpg|thumbminiatura|150px|dereita|[[Galeno]]]]
 
Entre os anos 25 a.C. e 50 da nosa era viviu outra figura médica de importancia, [[Aulo Cornelio Celso]], do que se conserva un tratado de medicina, ''De Re Medica Libri Octo'', no que se describe por primeira vez a técnica cirúrxica da ligadura, ou no que propón a utilización a modo de férula, para o tratamento das fracturas, de materiais semirríxidos ou moldeábeis como a cera. Describe tamén 50 tipos de instrumentos cirúrgicos.<ref>Jackson, R. ''Doctor and diseases in the Roman Empire''. British Museum Press, London, 1988.</ref>
Liña 154:
 
Entre os musulmáns ''Al Hakim'' (o médico) era sinónimo de sabio mestre. Os médicos árabes tiñan a obriga de especializarse nalgún campo da medicina, e existían varias clases dentro da profesión: De maior a menor categoría encontramos al Hakim (o médico do ''maristán'', hospital), Tahib, Mutabbib (médico en prácticas) e Mudawi (médico cuxo coñecemento é meramente empírico). O maior hospital coñecido da época medieval estaba en [[O Cairo]]: o [[Al-Mansur]], fundado en [[1283]], que estaba xa divido en salas de especialidades médicas, ao modo actual, contaba cunha sección de dietética coordinada coa cociña do hospital, unha sala para pacientes externos, sala de conferencias e biblioteca.<ref>. Hamarneh, S. K. (1962): "Development of Hospitals in Islam". ''J History of Med and Allied Sciences''.</ref>
[[Ficheiro:IbnSina-Dushanbe.jpg|thumbminiatura|esquerda|180px|Estatua de [[Avicena]] en [[Dushambe]], [[Taxiquistán]]]]
[[Ficheiro:Albucasis.gif|thumbminiatura|dereita|150px|[[Abulcasis]]]]
[[Ficheiro:Zahrawi1.png|thumbminiatura|dereita|150px|Ilustración dos instrumentos cirúrxicos de Abulcasis (da súa enciclopedia ''Kitab al-Tasrif'')]]
 
En todos os manuais médicos árabes encóntranse grandes capítulos ou secciones dedicados á cirurxía, inspirados na tradición alexandrina. [[Hunayn ibn Ishaq]] ([[808]]-[[873]]), que chegou a ser médico personl do califa [[Al-Mamum]], fundou a primera escola médica do [[Islam]].
Liña 230:
=== O século XVIII: a ciruxía ilustrada ===
O desenvolvemento das [[física|ciencias físicas]] e [[bioloxía|biolóxicas]] que se produce a partir do Renacemento supón o definitivo empuxón para a cirurxía como disciplina médica con suficiente entidade propia.
[[Ficheiro:Chirurgisches Gerät 1749.jpg|thumbminiatura|280px|esquerda|Ilustración do libro de Lorenz Heister ''Institutiones chirurgicae, in quibus quicquid ad rem chirurgicam pertinet optima et novissima ratione pertractatur''.]]
 
Comezan a proliferar multitude de médicos e cirurxián notábeis, moitos deles especializados xa en campos concretos. O [[século XVIII]] é o gran século dos cirurxiáns. Comenan a adquirir un éxito profesional moi importante e gran recoñecemento social. Durante este século aparecen os Reais Colexios de Cirurxía e comézase a dar valor ao coñecemento teórico na formación do cirurxián.