Cilióforos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Miguelferig moveu a páxina "Ciliophora" a "Cilióforos": uso o nome común
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 26:
 
==Estrutura celular==
[[Ficheiro:Ciliophora morphology.svg|thumbminiatura|left|240px|Estrutura celular dun cilióforo: 1-[[vacúolo contráctil]], 2-[[vacúolo]] dixestivo, 3-macronúcleo, 4-micronúcleo, 5-citoprocto, 6-citofarinxe, 7-[[citostoma]], 8-[[cilio]].]]
 
A diferenza da maioría dos eucariotas, os ciliados teñen dous conxuntos deiferentes de [[núcleo celular|núcleos]]: un [[micronúcleo]] pequeno [[diploide]], que intervén na reprodución, e un [[macronúcleo]] grande [[poliploide]], que intervén na regulación xeral da célula. O macronúcleo é xerado polo micronúcleo por amplificación do seu xenoma e grandes modificacións. A división do macronúcleo ten lugar por amitose, e a segregación dos seus cromosomas realízase por un mecanismo descoñecido. Este proceso de segregación non é perfecto, e despois dunhas 200 xeracións a célula mostra signos de envellecemento. Periodicamente, o macronúcleo debe ser rexenerado a partir do micronúcleo. Na maior parte dos casos isto ocorre durante a ''[[conxugación sexual|conxugación]]''. Nela dúas células se aliñan unha enfronte da outra, os micronúcleos realizan a [[meiose]], algúns dos núcleos fillos [[haploide]]s son intercambiados entre as células e despois fusiónanse formando novos micronúcleos e macronúcleos.
Liña 38:
 
==Reprodución==
[[Ficheiro:Unk.cilliate.jpg|thumbminiatura|right|Ciliado nos procesos finais da fisión binaria, unha forma de reprodución asexual.]]
Os ciliados poden realizar tanto a reprodución sexual coma a asexual. A reprodución asexual ten lugar por fisión binaria. O micronúcleo sofre [[mitose]] e o macronúcleo alóngase e divídese pola metade. A célula despois divídese en dúas. Cada nova célula obtén unha copia do micronúcleo e do macronúcleo. Polo contrario, a reprodución sexual implica o intercambio de material xenético (ou [[conxugación sexual]]) entre dous organismos de diferente [[tipo de apareamento]] (parecido ao sexo, pero pode haber máis de dous tipos de apareamento, non só "macho" e "femia"). Isto xeralmente ocorre cando escasea a comida. As dúas células forman unha ponte de unión entre os seus dous [[citoplasma]]s, os micronúcleos sofren [[meiose]], os macronúcleos desaparecen, e os micronúcleos [[haploide]]s intercámbianse a través da ponte. As células sepáranse despois e forman novos macronúcleos a partir dos seus micronúcleos. As dúas células divídense despois, formando novas células.<ref name="urlIntroduction to the Ciliata"/>
 
==Estruturas especializadas==
[[Ficheiro:Tetrahymena thermophila.png|thumbminiatura|right|''Tetrahymena thermophila''.]]
Nalgunhas formas hai tamén policinetias polo corpo (non só na cavidade oral); por exemplo, entre os [[espirotrico]]s, os cales xeralmente forman unha especie de sedas chamadas ''cirros'' (penachos de cilios unidos). Habitualmente os cilios corporais están dispostos formando ''monocinetias'' e ''dicinetias'', formadas respectivamente por un ou dous [[cinetosoma]]s ([[corpo basal]]), cada un dos cales sostén un cilio. Estes cilios están dispostos en ringleiras chamadas ''cinetias'', que discorren desde a parte anterior á posterior da célula. As cinetias orais e corporais constitúen a ''infraciliatura'', unha organización única dos ciliados moi importante para a súa clasificación taxonómica, e inclúen varias fibrilas e [[microtúbulo]]s implicados na coordinación dos cilios.
 
Liña 81:
 
==Clasificación==
[[Ficheiro:Stentor roeseli composite image.jpg|thumbminiatura|''[[Stentor roeseli]]'']]
[[Ficheiro:Oxytricha trifallax.jpg|thumbminiatura|''Oxytricha trifallax'']]
[[Ficheiro:Balantidium trophB.JPG|thumbminiatura|Un [[trofozoíto]] de ''[[Balantidium coli]]'']]
 
===Subfilo Postciliodesmatophora===