Teatro García Barbón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m HombreDHojalata moveu a páxina "Centro Cultural Caixanova" a "Centro Cultural Novacaixagalicia"
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Teatro García Barbón.jpg|300px|thumbminiatura|Centro Cultural Caixanova no Teatro García Barbón.]]
O '''Centro Cultural Caixanova''' é un centro cultural cuxa sede se atopa no '''Teatro García Barbón''' no concello de [[Vigo]]. Constitúe unha das obras arquitectónicas máis emblemáticas da "cidade olívica".
 
== Historia ==
O actual Teatro García Barbón ten a súa orixe nun teatro anterior queimado polo lume no mes de febreiro de [[1910]] e localizado no mesmo emprazamento e cuxo derradeiro propietario foi don [[Xosé García Barbón]]. O teatro anterior foi chamado primeiro “Romea”, logo “Cervantes” e finalmente “Rosalía de Castro” ata que o lume o consumíu.
[[Ficheiro:Teatro García Barbón, rúa Marques de Valladares.JPG|thumbminiatura|185px|Fachada traseira.]]
Tralo lume o propietario do inmoble, o Sr. García Barbón, encargou ao arquitecto [[Antonio Palacios]], un dos principais arquitectos do momento, un ambicioso proxecto de complexo cultural inspirado no modelo da [[Opera de París]] e formado por dúas salas teatrais superpostas, amplos salóns de columnas e unha monumental escaleira. A obra do inmoble comezouse no ano [[1913]] no seu emprazamento da rúa Policarpo Sanz. O teatro inaugurouse o [[23 de abril]] de [[1927]] coa obra “Madame Pompadour”. O inmoble non defraudou a ninguén e impresionou ao público pola súa grandiosidade e calidade artística.