Catana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio Categoría:Artes do Xapón por Categoría:Arte do Xapón
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Antique Japanese (samurai) katana.jpg|thumbminiatura|300px|Catana]]
A '''catana''' é un longo sabre [[Xapón|xaponés]] (''daitō''), aínda que a palabra é usada xenericamente para denominar todos os [[sabre]]s en Xapón. "'''Katana'''" é o ''[[kunyomi]]'' (Lectura xaponesa) do [[kanji]] 刀; o ''[[oniomi]]'' (Lectura chinesa) é "tō" (pronunciado [to:]). Refírese a un tipo particular, un sabre dun único gume, curvada, tradicionalmente utilizada polos [[samurai]]. A [[vaíña]] da catana chámase ''[[saya]]'', o gardamans Tsuba.
 
Liña 7:
 
===Métodos de produción===
[[Ficheiro:Antique Japanese (samurai) katana 1.JPG|300px|thumbminiatura|Catana.]]
As espadas xaponesas e outras [[arma]]s cortantes fabricábanse mediante un elaborado método de quencemento reiterado, pregando e martelando o [[Metal (material)|metal]]. Esta práctica orixinouse do uso de metais altamente impuros, e estando aínda ao roxo vivo arrefriábanse, requentábanse e logo trenzábanse. Ao acabar, cortábase a trenza en cachos, con cada un dos cales se volvía a fundir unha variña que se pasaba por [[carbón]]. O proceso repetíase varias veces, e en cada unha delas ía aumentando a porcentaxe de [[carbono]] até obter [[aceiro]]. Tras a última das trenzadas martelábase até aplanar. Ao ter unha estrutura organizada en varas, a espada posuía grande [[elasticidade]], polo que non rompía tan facilmente.