Casa Branca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: war:Busag nga Balay
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:HobanNorthPortico.jpg|right|thumbminiatura|300px|Fachada norte da Casa Branca.]]
A '''Casa Branca''' ('''''The White House''''', en [[lingua inglesa|inglés]]) é a residencia oficial e principal lugar de traballo do [[presidente dos Estados Unidos]] ''(na actualidade [[Barak Obama]])''. É o inmoble máis visitado do mundo.
 
Liña 15:
 
=== Os primeiros anos, incendio de 1812, reconstrución ===
[[Ficheiro:White-House.jpg|thumbminiatura|esquerda|280px|A '''Columnata Oeste de Jefferson''' vese á esquerda da residencia neste gravado do século XIX. Orixinalmente axudaba a encubrir unha corte e un lavadoiro. Posteriormente converteuse na piscina do presidente [[Franklin Delano Roosevelt|Roosevelt]]. O presidente [[Richard Nixon|Nixon]] converteu o lugar na actual sala de prensa.]]
[[John Adams]] foi o primeiro [[Presidente dos Estados Unidos|presidente]] en establecer a súa residencia na Casa Branca o 1 de novembro de [[1800]]. Durante o segundo día de estancia escribiulle unha carta á súa esposa Abigail, que contiña unha oración para a casa. Adams escribiu:
 
Liña 32:
 
=== A reconstrución Truman ===
[[Ficheiro:White-house-1950-interior-shell.jpg|300px|thumbminiatura|'''Reconstrucción Truman, 1949-1952''' Primeiro a madeira e artigos interiores foron desmontados e almacenados, logo unha estrutura de aceiro construíuse dentro das paredes orixinais. Os espazos interiores, coa maior parte da decoración e piso orixinais foron reconstruídos dentro da nova estrutura.]]
Décadas de escaso mantemento e a construción dun cuarto piso durante a administración do presidente [[Calvin Coolidge]] afectaron á estrutura de ladrillo e pedra arenisca construída sobre marcos de madeira. En 1948, a casa chegou a ser tan inestable, que o presidente [[Harry Truman]] abandonouna, trasladándose á Casa Blair, entre 1949 e 1951.
 
Liña 38:
 
=== A restauración Kennedy ===
[[Ficheiro:white-house-floor1-red-room.jpg|thumbminiatura|300px|'''O Cuarto Vermello''' deseñado por Stéphane Boudin durante a administración de [[John F. Kennedy]] no estilo Imperio Americano.]]
[[Jacqueline Kennedy]], esposa do presidente dirixiu a redecoración máis extensa e máis histórica da Mansión na súa historia. Henry Francis du Pont do museo de Winterthur presidiu un comité para restaurar as artes e mobles da casa. A investigación foi conducida sobre o uso e a decoración dos principais cuartos da casa. Diversos períodos da república temperá foron seleccionados como tema para cada sitio: o estilo federal para o Cuarto Verde; Imperio francés para o Cuarto Azul; Imperio Americano para o Cuarto Vermello; Luís XVI para o Cuarto Oval Amarelo; e Victoriano para o estudo do presidente, renomeado como Cuarto de Tratados. Adquiríronse mobles antigos, e a tea decorativa e o axuste baseados en documentos do período foron producidos e instalados. Moitas das antigüidades, as pinturas finas, e doutras melloras do período de Kennedy foron doadas á Casa Branca por doantes ricos, incluíndo a familia Crowninshield, Jane Engelhard, Jayne Wrightsman, e a familia Oppenheimer. A restauración de Kennedy deu lugar a unha Casa Branca luxosa e cun aspecto próximo ao da nobreza real, e que recordou o gusto francés dos presidentes [[James Madison|Madison]] e de [[James Monroe|Monroe]]. Gran parte do estilo francés proviña do decorador de interiores Stéphane Boudin da empresa Maison Jansen, unha deseñadora de interiores de [[París]], a firma que deseñara os interiores para os palacios de Elsie de Wolfe, señora Olive Baillie, as familias reais de [[Bélxica]] e de [[Irán]], o Reichsbank alemán durante o período do [[Nazismo|Nacional Socialismo]], e o Castelo Leeds en [[Kent]]. A primeira guía turística da Mansión foi producida baixo a dirección da conservadora Lorena Waxman Pearce, coa supervisión directa de Jacqueline Kennedy. As vendas das guías axudaron a financiar a restauración.