Cantiga de amigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Martim Codax Cantigas de Amigo.jpg|thumbminiatura|250px|Manuscrito das cantigas de amigo de [[Martín Codax]]]]
Na [[trobadorismo|lírica medieval galego-portuguesa]] unha '''cantiga de amigo''' é unha composición breve e sinxela posta en boca dunha [[muller]] [[amor|namorada]]. Deben o seu nome a que na maior parte delas aparece a [[palabra]] ''[[amigo]]'' no primeiro [[verso]] e, sobre todo, a que a voz narrativa é sempre a dunha muller quen fala nelas do seu amigo, habitualmente ausente nese momento. Constitúen o xénero máis destacado desta [[literatura]] pola súa orixinalidade, e o corpus lírico galego-portugués conta con arredor de 500 [[cantiga]]s deste tipo<ref>Henrique Monteagudo et al. ''Tres poetas medievais da Ría de Vigo: Matín Códax, Mendiño e Johán de Cangas''. Galaxia, 1998, páxina 39 </ref>.
 
Liña 11:
Ainda que tódolos poetas medievais eran homes, utilizaban o punto de vista feminino. As cantigas de amigo teñen como tema a erótica feminina e, en xeral, dan conta dos diferentes estados psicolóxicos da muller nova namorada. Caracterízanse formalmente pola repetición ([[paralelismo]], [[leixaprén]] e [[refrán]]).
 
[[Ficheiro:CRenda.jpg|thumbminiatura|esquerda|200px|As [[capela|ermida]]s servían como lugar de encontro dos namorados]]
A temática que desenvolven é, polo tanto, a da relación amorosa nas súas variantes: o amor feliz e correspondido; o amor infeliz, xa sexa por causa da ausencia do amado xa sexa pola traizón e desdén deste ou mesmo polas prohibicións e atrancos que ese amor atopa no seu percorrido. A [[voz poética]] é a dunha rapaza nova que relata as súas vivencias amorosas, quer nun [[monólogo]], quer nun [[diálogo]] coas súas amigas, irmás ou mesmo coa nai, que rara vez toman a palabra. Os estados de ánimo son diversos e inclúen a ledicia pola chegada do amigo, a tristura pola súa ausencia ou a ansiedade polo regreso, o desexo de vinganza, celos etc. Os ambientes nos que se atopan son o campo, o mar ou a casa: a fonte, onde foron buscar augar ou lavar o cabelo, o río ou a [[romaría]]. Finalmente, cómpre subliñar que a paisaxe non aparece nelas como un simple marco ambiental, toda vez que en máis dun caso contén unha forte carga simbólica cando non participa mesmo do diálogo amoroso.
 
Liña 61:
 
== Subxéneros ==
[[Ficheiro:Danza de Aldán.PNG|thumbminiatura|135px|A danza de Aldán ([[Cangas]]) probabelmente xa se bailaba na [[Idade Media]], como nas [[bailada]]s]]
 
Unha clasificación posíbel das cantigas de amigo distingue entre: