Diferenzas entre revisións de «Calendario hebreo»

m
Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m
m (Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|))
== Historia ==
=== Período bíblico ===
[[Ficheiro:Beit_Alpha.jpg|250px|thumbminiatura|right|Mosaico dun zodíaco na sinagoga de Beit Alpha, Israel, do século VI.]]
[[Ficheiro:DetailOfMedievalHebrewCalendar.jpg|thumbminiatura|Detalle dun calendario hebraico medieval, que lles lembraba aos xudeus que a [[Palmeira (botánica)|rama de palmeira]] ([[Lulav]]), a ramiña de mirto, as pólas do salgueiro e o [[limón]] ([[etrog]]) tiñan que ser levados á sinagoga durante a festa do [[Sucot]], preto das vacacións de outono.]]
Os xudeus levan usando un calendario lunisolar dende tempos bíblicos. O primeiro mandamento do pobo xudeu como nación foi o de determinar a Nova Lúa. O principio do capítulo 12 do Éxodo di "Este mes (Nisán) é o primeiro dos meses.". É máis frecuente na Biblia que os nomes dos meses aparezan en número máis que en nome e só catro nomes de meses de antes do éxodo aparecen na [[Tanagh]] (a Biblia hebrea): ''Aviv'' (o primeiro; literalmente "primavera", pero orixinalmente puido significar a madurez da cebada), ''Dsiv'' (o segundo; literalmente "luz"), ''Etanim'' (o sétimo; literalmente "forte" en plural, quizais referido ás fortes choivas), e ''Bul'' (o oitavo), todos son nomes [[Canaán|cananeos]], polo menos dous son [[Fenicia|fenicios]] (Canaán do norte). É posible que nun principio todos fosen identificables por números xudaicos ou por nomes estranxeiros cananeos ou fenicios, pero non aparecen outros nomes na Biblia.
 
A tradición popular, dita por primeira vez por [[Hai Gaon]] (†1038), mantén que o calendario continuo moderno era antigamente un segredo coñecido só por uns sabios, o "comité do calendario" e que o patriarca [[Hilel II]] revelou no ano 359 debido á persecución cristiá. Nese ano, o sabio Hilel II perfeccionou os cálculos e métodos coñecidos, e estabeleceu os mecanismos de embolismo do ano utilizados até o día de hoxe, que foron corroborados polas últimas e máis modernas observacións astronómicas. Os devanditos cálculos xa eran coñecidos desde centos de anos atrás, pero até aqueles tempos preferíanse os métodos empíricos para estabelecer o comezo do mes -dúas testemuñas que habían de atestiguar ante o gran Sanedrín que viran o nacente da Lúa- e o comezo da primavera, en base á maduración dos cereais sementados e á chegada do [[equinoccio]] de primavera (o 20 de marzo no hemisferio norte), que é a data en que o día e a noite teñen a mesma duración; mentres que o almanaque era utilizado en caso de impedimentos, como días nubrados.
 
[[Ficheiro:Byzantinischer Mosaizist um 1000 002.jpg|thumbminiatura|Flavio Valerio Constantino, chamado [[Constantino]] I o Grande (272 - 337). Mosaico bizantino, igrexa de Santa Sofía, [[Istambul]] (antes, [[Constantinopla]], na súa honra)]]
 
Crese que a razón pola cal publicou Hilel II o calendario hebreo tal como se utiliza desde os seus tempos até os nosos días provén dunha das decisións tomadas polo Cristianismo no primeiro Concilio de Nicea, celebrado o ano 325, a instancias do emperador [[Constantino I o Grande]]. Segundo a tradición cristiá, [[Xesús de Nazaret]] foi crucificado o Venres Santo, coincidente co venres da Pascua xudía. O Concilio decidiu desvincularse do xudaísmo tamén neste aspecto, e prescindir da necesidade de pescudar ano tras ano, a data exacta da Pascua xudía. Para ese efecto, estipulouse que o primeiro día da Pascua cristiá, o Domingo de Ramos, se celebre o primeiro domingo logo da lúa chea, inmediatamente logo do equinoccio de primavera. Cabe destacar que ao independizar o calendario litúrxico cristián do hebreo, perdeu o primeiro a flexibilidade e o equilibrio que caracterizan a este último, o que terminou causando, co correr dos séculos, o traspaso da Pascua cristiá para o inverno, desfase que houbo de ser corrixido ao cabo dun milenio polo papa [[Gregorio XIII]], por medio do seu calendario gregoriano.
 
== Calendario moderno ==
[[Ficheiro:JudischerKalender-1831 ubt.jpeg|thumbminiatura|right|240px|O "Calendario da comunidade xudía alemá" para o ano 5591 (1831), que incluía "todas as festividades, xaxúns e pregarias, así como as feiras dos estados de [[Brandemburgo]] e [[Silesia]]" - Berlín, 1831]]
 
O calendario hebreo comeza coa Xénese do mundo, que aconteceu o día luns 7 de setembro do ano 3760 a.C. -segundo a tradición xudía-, data equivalente ao 1 do mes de Tishrei do ano 1. Deste xeito, o ano gregoriano de 2005 equivale ao ano hebreo de 5765. Para converter un ano do calendario gregoriano ao seu correspondente hebreo, basta con sumar ou restar a cifra de 3760 (2005 + 3760 = 5765); ou ben, sumar as tres últimas cifras do ano hebreo, 1240 (765 + 1240 = 2005).
 
=== Regras especiais para as festas ===
[[Ficheiro:Fourspecies.jpg|thumbminiatura|Cumprindo co precepto de sacudir as ramas de aravá na festividade de Sucot]]
Aínda que un matemático simple calcularía 21 modelos para os anos do calendario, hai outras limitacións que significan que o [[Rosh Hashaná]] só pode ser os luns, os martes, os xoves ou os sábados (as "catro portas"), segundo a táboa da dereita:
 
Nos anos bisestos, un mes de trinta días chamado adar I é inserido inmediatamente despois do mes de shevat, e o adar normal de 29 días é chamado adar II. Isto asegura que os meses do calendario sempre caen nas mesmas estacións do ano solar e en particular que nisán é sempre en primavera. De se quesván ou quislev teñen 29 días, 30, ou un de cada, depende o número de días necesitados cada ano. Así, un ano bisesto ten 383½ days e por esta soa razón un ano bisesto pode necesitar ou 383 ou 384 días. Aínda así, precísase de axustes para asegurarse de que certos días sagrados e festividades caen ou non en certos días do ano seguinte. Por exemplo, o Iom Quipur, no cal non se pode traballar, non debe caer nunca en venres (véspera do [[Shabat]]), para evitar ter dous días consecutivos nos que non se debe facer traballo ningún. Por esta razón algo de flexibilidade tivo que ser incluída.
 
[[Ficheiro:A Seder table setting.jpg|thumbminiatura|Celebración da Pascua xudía, ''[[Pésagh]]'', na mesa do tradicional ''Séder'']]
 
Os 265 días dende o primeiro día do mes de 29 días de adar (o décimo segundo mes ou o décimo terceiro, adar II, nos anos bisestos) ata o 29 de heshván forman un período fixado que ten todos os festivais especificados na Biblia, como a [[Pessach|Pascua]] (15 de nisán), o [[Shavuot]] (6 de siván), o [[Rosh Hashaná]] (1 de tishri), o [[Iom Quipur]] (10 de tishri), o [[Sucot]] (15 de tishri), e o [[Shemini Atseret]] (22 de tishri).
103.099

edicións