Bravú: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 6:
Coa axuda de experimentos anteriores coma [[Os Resentidos]], [[Fuxan os ventos]], [[The Pogues]], [[The Clash]], [[Mano Negra]] ou [[Negu Gorriak]] as novas xeracións de roqueiros galegos ademais de amosar unha ampla cultura musical deixan acantoados vellos complexos como utilizar o galego para o rock. Canalizan deste xeito unha rebeldía inherente ao sector máis creativo da mocidade contra un ambiente socio-político que consideraban paifoco e alasante. Introducen nas súas cancións os problemas cotiáns da mocidade da época: paro, obxección ao servizo militar, o sexo, os problemas da aldea e os caciques (p.e: a canción "Tratorada" do grupo [[Rastreros]] converteuse en exitosa crónica musical das loitas labregas).
 
[[Ficheiro:Xurxo Souto.jpg|thumbminiatura|[[Xurxo Souto]]]]
Liderados por artistas como [[Xurxo Souto]] ou [[Antón Reixa]], agrupáronse no chamado Rock Bravú, cuxos principios chegou a formular o escritor [[Xavier Valiño]] no libro ''A paixón que queima o peito''. En esencia, o bravú é un rock "sen capar" (en palabras dos seus membros) que comezou a xerarse «cando as guitarras chegaron ás aldeas».