HMS Bounty: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 47:
 
O barco, "HMAV Bounty" (HMAV = ''His Majesty's Armed Vessel'', ou sexa, veleiro armado da súa maxestade), partiu o [[23 de decembro]] de [[1787]] desde [[Inglaterra]], baixo o mando do capitán [[William Bligh]], que tiña 33 anos de idade e servira como navegante ás ordes do capitán [[James Cook]]. A tripulación estaba formada por 44 homes. A ruta que se lle indicou ao capitán para chegar pronto a Tahití foi a que pasa polo sur de [[América]], rodeando o [[Cabo de Fornos]]. Con todo, Bligh atopouse alí cunha tempestade que lle impediu avanzar, de maneira que logo de 30 días de intentalo abandonou e tomou a ruta alternativa polo sur de [[África]]. O Bounty chegou finalmente a Tahití o [[25 de outubro]] de [[1788]], logo de dez meses de navegación, e varios meses máis tarde do previsto.
[[Ficheiro: Mutiny HMS Bounty.jpg|thumbminiatura|esquerda|200px|O motín do Bounty]]
Debido ao atraso en chegar, Bligh e os seus homes tiveron que permanecer cinco meses na illa, xa que non era a época na que podían trasplantarse botóns do froito do pan. A tripulación comezou a habituarse aos costumes dos nativos e a esquecerse da súa condición de mariñeiros ingleses. Moitos deles estableceron relacións con mulleres de Tahití. O primeiro oficial, [[Fletcher Christian]], casou ata cunha delas.
 
Finalmente puideron recollerse botóns do froito do pan e, moi a pesar dunha parte da tripulación, o Bounty partiu rumbo ao Caribe o [[4 de abril]] de [[1789]]. Na mañá do 28 de abril produciuse a rebelión, capitaneada por Fletcher Christian. 11 homes seguiron a Christian, mentres que 31 foron leais a Bligh. Os amotinados embarcaron ao capitán, xunto con 18 mariñeiros leais, nun bote, provisto dunha vela, un [[sextante]] e un reloxo. Os outros 13 mariñeiros leais ao capitán tiveron que permanecer a bordo do Bounty por falta de espazo no bote.
 
[[Ficheiro:WilliamBligh.jpeg|thumbminiatura|200px|esquerda|William Bligh]]
 
Bligh realizou unha fazaña de navegación e chegou logo de 41 días ata a illa de [[Timor]], por onde pasaban barcos ingleses. percorrera unhas 5.800 millas e perdido un só home, morto nun enfrontamento con nativos hostís dunha illa, onde intentara recalar para recoller auga e víveres. Cando chegou a [[Londres]], o almirantazgo deu a razón a Bligh e confirmoulle no seu posto na armada real.