Borgoña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nicole (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 47:
 
==Historia==
[[Ficheiro:Temple Janus angle.jpg|230px|Templo adicado ao Deus romano [[Xano (deus)|Xano]]|thumbminiatura|left]]
Os [[burgundios]] eran un dos pobos xermánicos que encheron o baleiro de poder deixado tras a caída do [[Imperio Romano de Occidente]]. En [[411]], cruzaron o [[Rin]] e estableceron un reino en [[Worms, Alemaña|Worms]]. No medio das loitas entre romanos e [[hunos]], o reino burgundio ocupou as terras nas que hoxe se atopan as fronteiras de [[Suíza]], [[Francia]] e [[Italia]]. En [[534]], os [[francos]] derrotaron a Gundemaro, o último rei burgundio, e anexaron o seu territorio.
 
Liña 62:
O [[Morvan]], antigo macizo forestal, está rodeado de chairas arxilosas onde se practica a gandaría, cortadas pola depresión da Dheune-Bourbince. Ao sur finalmente, o Mâconnais, rexión de policultivo, gandaría e viñedo, descansa nas primeiras estribas do Macizo Central. O punto máis alto da rexión é o Haut-Folin, con 901 [[msnm]] no [[Morvan]].
 
[[Ficheiro:Panorama - Chateau-Chinon 2.jpg|Panorama do Morvan|thumbminiatura|center|500px]]
 
==Demografía==
[[Ficheiro:Place du Miroir.JPG|thumbminiatura|Praza do Miroir en [[Dijon]]|263px]]
Borgoña conta con 1.628.837 habitantes e unha densidade de 52 hab/km<sup>2</sup>, o que é unha das densidades máis baixas de Francia. Ademais a [[poboación]] de Borgoña está moi desigualmente repartida, concentrándose preto das grandes vías de comunicación, mentres que o [[Morvan]] (zona montañosa do oeste da rexión) está practicamente despoboado. Actualmente, Borgoña está menos poboada que en [[1881]].
 
Liña 71:
 
==Economía==
[[Ficheiro:Bourgogne-haute-cote-des-nuits.jpg|thumbminiatura|262px|Viñedos da Haute Côte deas Nuits]]
A [[agricultura]] borgoñoa é dinámica, poderosa e moi especializada: [[cereal|cereais]] (trigo e cebada no [[Yonne, Francia|Yonne]] e no Côte-d'Or), [[aceite]], [[gandaría]] bovina (Charolais, Morvan, Nivernais), [[vide|viticultura]] cos viños borgoñóns(Côte de Beaune, Nuite, Hautes-Côtes, Côte Chalonnaise, Mâconnais, Beaujolais).
 
Liña 79:
 
==Administración==
[[Ficheiro:Vue panoramique de Dijon 11.jpg|thumbminiatura|230px|[[Dijon]], capital de Borgoña]]
O presidente do Consello Rexional de Borgoña é o socialista François Patriat, que ocupa este cargo dende as eleccións rexionais de 2004. A coalición progresista que encabeza François Patriat estaba formada polo Partido Socialista, o [[Partido Comunista Francés]], Os Verdes e o Partido Radical de Esquerda. Esta coalición obtivo o 52,49% dos votos emitidos na segunda volta e 37 dos 57 escanos en xogo.