Baía de Guantánamo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Guantanamo.jpg|thumbminiatura|250px|Mapa da Baía de Guantánamo amosando os límites aproximados da base naval estadounidense.]]
A '''Baía de Guantánamo''' é un enclave na illa de [[Cuba]] controlado polos [[Estados Unidos de América]]. Localízase ó extremo sueste de Cuba, na provincia de [[Guantánamo]] nas coordenadas 19.54.42.95 N 75.09.11.75 O e contén unha base naval estadounidense de aproximadamente 116 [[km²]], ben coñecida na actualidade polo seu campo de detención militar para prisioneiros supostamente vencellados ó grupo [[terrorismo]] [[Al Qaida]].
 
Liña 17:
== Detención de prisioneiros ==
No último cuarto do século XX, a base foi empregada como centro de reclusión para refuxiados cubanos e [[Haití|haitianos]] interceptados en alta mar. Porén, comezando en [[2002]], unha pequena porción da base foi empregada para acoller dentro dos campos X-Ray (Raios X), Delta e Echo (Eco), a prisioneiros sospeitosos de nexos con [[Al Qaida|Al-Qaeda]] e o exército [[talibán]] que foron capturados en [[Afganistán]]. A publicidade máis recente divulgou a transferencia de prisioneiros o [[22 de setembro]] de [[2004]], cando 10 prisioneiros foron traídos dende [[Afganistán]]. Finalmente, foron encarcerados na base sen ningún cargo.
[[Ficheiro:Guantanamo Bay map.png|thumbminiatura|right|400px|Baía de Guantánamo.]]
O status legal tan peculiar da Baía de Guantánamo foi un factor para elixila como centro de detención. Debido a que a soberanía da Baía de Guantánamo reside con [[Cuba]], o goberno estadounidense argumentou que a xente detida en Guantánamo se atopaba legalmente fóra do seu país e non tiñan os dereitos [[constitución|constitucionais]] que terían se estivesen detidos nel. Durante [[2004]], a corte suprema rexeitou este argumento no caso ''Rasul contra Bush'' coa decisión maioritaria, e estableceuse que os prisioneiros en Guantánamo teñan acceso a cortes estadounidenses, citando o feito de que Estados Unidos ten o control exclusivo sobre a Baía de Guantánamo.
 
Estados Unidos clasifica os prisioneiros encarcerados nos campos Delta e Echo como [[combatentes inimigos ilegais]], pero non contempla o artigo 5 do tribunal que se require pola [[Lei Internacional]] para avalalos. Isto outorga ós prisioneiros os dereitos da [[Cuarta Convención de Xenebra]] (GCIV), en oposición á [[Terceira Convención de Xenebra]] (GCIII) que trata exclusivamente sobre prisioneiros de guerra. O 9 de novembro de 2004 o xuíz James Robertson da Corte de Distrito de Estados Unidos estableceu que a administración de [[George W. Bush]] sobrepasou a súa autoridade ó tratar os devanditos prisioneiros como combatentes inimigos nun tribunal militar e negarlles o acceso ás probas usadas contra eles.
[[Ficheiro:Female GI observes first 20 captives being processed on January 11, 2002.jpg|thumbminiatura|200px|esquerda|Unha soldado observa un grupo de presos na Base de Guantánamo.]]
O [[30 de novembro]] de [[2004]], o xornal ''[[New York Times]]'' publicou extractos dun memorando interno da administración de Bush, [http://nytimes.com/2004/11/30/politics/30gitmo.html 2], no que se refire a un informe do [[Comité Internacional da Cruz Vermella]] (CICR). O informe indica varias actividades nas que, se di, eran "equivalentes a [[tortura]]": exposición de ruidos ou música molesta, temperaturas extremas por tempo prolongado ou malleiras. Tamén se informou da existencia dun equipo científico de comportamento (BSCT), tamén chamado Biscuit, e a comunicación de información médica confidencial ós equipos de interrogación por parte dos médicos da base (debilidades, [[fobia]]s, etc.), dando por resultado a perda da confianza ós médicos por parte dos presos na base.