Diferenzas entre revisións de «Aquiles»

m
Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m (r2.7.2) (Bot: Modifico: ckb:ئاخیلێس)
m (Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|))
[[Ficheiro:Akhilleus Charun Cdm Paris 2783.jpg|thumbminiatura|right|Aquiles dando morte a un troiano.]]
 
'''Aquiles''' (en [[grego antigo]] Ἀχιλλεύς / ''Akhilleús'') é un [[culto heroico grego|heroe]] lendario da [[guerra de Troia]], fillo de [[Peleo]] (rei de [[Ptía]] en [[Tesalia]]) e de [[Tetis]], unha das [[Nereidas]], ([[ninfa (mitoloxía)|ninfa]] mariña). Os textos refírense a el frecuentemente co nome de «[[Pelida]]» ou «[[Eácida]]», [[epíteto]]s que remontan aos seus devanceiros [[Peleo]] e [[Éaco]].
Aquiles aprende de [[Fénix]], o fillo de Amíntor, a arte da elocuencia e o manexo das armas. Recibe leccións de medicina do [[centauro]] [[Quirón]], quen o alimenta con entrañas de animais para lle conferir a súa forza, e con mel pola dozura.
 
[[Ficheiro:Achilles by Lycomedes Louvre Ma2120.jpg|thumbminiatura|right|180px|Aquiles onda [[Licomedes]].]]
 
Ante as advertencias de súa nai, quen lle dá a escoller entre unha vida curta e brillante e unha vida longa pero escura, responde que prefire a primeira. Aos nove anos, o adiviño [[Calcas]] predí que a súa fermosura e o seu coraxe, así como a protección de [[Hera]] e de [[Atenea]], o fan indispensábel aos Gregos para obteren a vitoria. A súa nai, temendo pola súa vida, disfrázao de muller e escóndeo entre as fillas de [[Licomedes]], rei de [[Esciros]], a fin de subtraelo á presión dos guerreiros. Nesta ocasión leva o nome de ‘’Pyrrha’’, «a roxa». Dunha filla de Licomedes, [[Deidamia]], coa que ha casar máis tarde, ten un fillo, [[Neoptólemo]], tamén alcuñado Pirro, e que participa igualmente na [[guerra de Troia]].
 
===En Troia===
[[Ficheiro:The Rage of Achilles by Giovanni Battista Tiepolo.jpeg|thumbminiatura|right|250px|''A Cólera de Aquiles'', por [[Giovanni Battista Tiepolo|Tiepolo]] ([[1757]]) <br />[[Atenea]] detén a Aquiles, a piques de matar a [[Agamenón]].]]
 
Cando chegou a [[Troia]], unha vez os Troianos parapetados tras das súas murallas, Aquiles dedícase a cortar o aprovisionamento da cidade. Á fronte das súas naves, ataca e reduce así once cidades de [[Asia Menor]], tributarias de Troia. É nunha desas cidades, no décimo ano de sitio, cando recibe como botín a [[Briseida]], mentres que [[Agamenón]] recibe a [[Criseida]] tras o saqueo de [[Tebas, Grecia|Tebas]].
Privados do seu apoio, os gregos sofren derrota tras derrota, e cando os gregos están acurralados e os troianos ameazan con queimaren as súas naves, o vello sabio Néstor convence a Patroclo, o amigo e amante de Aquiles, para que o substitúa. Patroclo obtén o permiso de Aquiles para salvar os gregos levando as súas armas. A manobra ten éxito pero Patroclo, malia a súa promesa a Aquiles, emprende a persecución. É matado por [[Héitor]], que toma as armas de Aquiles como botín. Furioso e humillado — enganado por Patroclo —, Aquiles decide vingarse, malia as advertencias da súa nai: enfrontárase con Héitor, el ha morrer pouco tempo despois. [[Hefesto]] fórxalle novas armas, coas que sae á procura de Héitor.
 
[[Ficheiro:Akhilleus_Patroklos_Antikensammlung_Berlin_F2278.jpg|thumbminiatura|esquerda|220px|Aquiles curando a [[Patroclo]], kylix de figuras vermellas do pintor de Sosias]]
 
Revestido coa súa armadura máxica, traba outra vez combate e abate un gran número de troianos ao seu paso, ata tal punto que as augas do [[río Escamandro|Escamandro]] están manchadas de cadáveres. Ofendido, o Escamandro houbo de afogar a Aquiles. Por fin atopa a Héitor, desafíao e mátao coa axuda de Atenea. Arrastra os seus retos tres veces ao redor da cidade, cun carro que habitualmente guiaba [[Automedonte]] e cada día ao redor da tumba de Patroclo.
 
==Culto==
[[Ficheiro:Johann Heinrich Füssli 064.jpg|thumbminiatura|esquerda|250px|''[[Tetis]] chora a morte de Aquiles'', por [[Heinrich Füssli|Füssli]] ([[1780]])]]
 
Aquiles é obxecto dun [[culto heroico grego|culto heroico]] en varias rexións do [[mar Mediterráneo|Mediterráneo]]. É difícil saber como naceu o culto, pois os cultos heroicos focalízanse polo xeral sobre a tumba do heroe. Así, os restos de Aquiles suponse que se atopan nas ribeiras do [[Helesponto]], non lonxe de Troia: n’''A Ilíada'' (XXIII), Patroclo é enterrado nese lugar, e o seu fantasma pídelle a Aquiles que as súas cinzas se enterren no mesmo sitio. ''A Odisea'' no seu canto XXIV confirma a cuestión.
103.099

edicións