Diferenzas entre revisións de «Ana Bolena»

O romance rompeu en 1523 cando o pai de lord Henry rexeitou apoiar o compromiso. Unha teoría é que o enlace foi roto en segredo polo [[Thomas Wolsey|cardeal Wolsey]], ministro principal de Henrique, porque o rei desexaba a Ana para el.<ref>George Cavendish, [http://englishhistory.net/tudor/ab-percy.html O romance entre Ana Bolena e Henry Percy, 1523].</ref> É imposible dicir se isto é verdade, e os historiadores están divididos na cuestión. As evidencias, por admisións feitas á irmá de Ana, María, e o seu marido sir William Carey, indican que neste tempo Henrique estivo implicado nun amorío con María Bolena.
 
Segundo George Cavendish, enviaron brevemente a Ana da corte ás leiras rurais da súa familia, pero non se coñece por canto tempo. Cando volveu á corte reuniu unha camarilla de amigas femininas e admiradores masculinos ao seu ao redor, pero se fixo famosa pola súa capacidade de manter aos homes a distancia. O poeta sir [[Thomas Wyatt]], escribiu sobre ela no poema [http://www.nellgavin.com/ThomasWyatt/ ''"Whoso List to Hunt"''], no que a describiu como inalcanzábel e testuda, a pesar de parecer recatada e tranquila.<ref> Ives, p. 73.</ref> En 1525, Henrique VIII namorouse dela e comezou a súa persecución.<ref> Scarisbrick, p. 154.</ref>
 
[[Ficheiro:Hans Holbein d. J. 049.jpg|miniatura|O rei [[Henrique VIII de Inglaterra]]. Atafegou a Ana con ducias de cartas de amor.]]
182.090

edicións