Aníbal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 11:
Vistas as dificultades finalmente superadas do seu nomeamento, Aníbal decidiu lanzarse a realizar conquistas que demostrasen a súa pericia no mando e saciasen a sede de ouro dos avariciosos aristócratas que tanto desconfiaran da oportunidade do seu mando. Percorreu o interior da [[Península Ibérica]] durante dous anos atinxindo coa súa campaña renome militar, a confianza dos seus soldados e tesouros inmensos para Cartago, chegando deste xeito a unha situación na que si podería enfrontarse aos romanos. Para evitar unha inminente confrontación entre Roma e Cartago, Asdrúbal, xerno de Amílcar Barca e xeneral dos exércitos cartaxineses á morte deste, estableceu un tratado polo cal non se pode estender a influencia cartaxinesa máis aló do norte do río [[Ebro]]. A alianza entre Roma e [[Sagunt - Sagunto|Sagunto]], asinada posteriormente ao tratado, vulneraba este tratado debido a estar a cidade na órbita de influencia cartaxinesa. Esa é a razón pola que Aníbal atacou [[Sagunt - Sagunto|Sagunto]] no ano [[-219|219 a.C.]], provocando o estalido da contenda.
 
[[Ficheiro:hannibal_route_of_invasion.gif|thumbminiatura|250px|Rota de Aníbal na súa invasión de [[Italia]]]]
 
A oportunidade presentouse ás portas de Sagunto, naquel momento aliada de Roma, a mesma cidade que case vinte anos antes o seu pai respectara ao considerar que Cartago non se atopaba aínda preparada para a guerra. Enfrascada nun preito sobre os límites territoriales con [[Túrbula]] (a actual [[Teruel]]) atacaron territorios pertencentes a Cartago e Aníbal, coa autorización do Consello cartaxinés, respondeu ás agresións destruíndo por completo á cidade no ano 219 a.C., tras un sitio que se prolongou durante oito meses.
Liña 20:
 
== Cara a Roma ==
[[Ficheiro:HannibalFrescoCapitolinec1510.jpg|thumbminiatura|250px|Aníbal cruzando os [[Alpes]]]]
A medida que avanzaban cara a Roma, a infantería de Aníbal reduciuse á metade, maioritariamente pola deserción dalgunhas tropas novatas ibéricas que se uniron a último momento motivadas pola fama adquirida polo estratega logo das súas vitorias. Cando Aníbal estaba preparando ás súas tropas para cruzar o [[Ródano]], un gran continxente de volcos, que habitaban nas proximidades do río, situouse na outra beira coa intención de evitar que os cartaxineses cruzasen o río. Consciente de que pola forza non podería cruzar o río, Aníbal enviou a Hannón cun destacamento de mercenarios íberos río arriba, co fin de que cruzasen o río sen ser vistos e sorprendesen pola retagarda aos [[volcos]].