Anatomía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: ckb:توێکاری
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 3:
Anatomía (do [[Lingua grega|grego]] ''anatomē'', ‘disección’) é unha rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos. É unha ciencia moi antiga, cunhas orixes que se remontan á [[prehistoria]]. Durante séculos, os coñecementos anatómicos baseáronse na observación de plantas e animais diseccionados. Porén, a compresión adecuada da estrutura implica un coñecemento da función dos organismos vivos. Por conseguinte, a anatomía é case inseparable da [[fisioloxía]], que ás veces recibe o nome de ''anatomía funcional''. A anatomía, que é unha das ciencias básicas da vida, está moi relacionada coa [[medicina]] e con outras ramas da bioloxía.
 
[[Ficheiro:Da Vinci Vitruve Luc Viatour.jpg|thumbminiatura|300px|Home de Vitruvio por [[Leonardo da Vinci]] (1485/90, Galleria dell' Accademia, Venecia)]]
É convinte subdividir o estudo da anatomía en distintos aspectos. Unha clasificación posible baséase no tipo de organismo de estudo; neste caso as subdivisóns principais son a anatomía das plantas e a [[anatomía animal]]. Á súa vez, a anatomía animal subdivídese en [[anatomía humana]] e anatomía comparada, que establece similitudes e diferenzas entre os distintos tipos de animais.