Pirámide de necesidades de Maslow: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m pirámide (xeometría)
Liña 1:
[[Ficheiro:Maslow pyramid.svg|thumb|300px|1-Necesidades fisiolóxicas 2-Necesidades de seguridade 3-Necesidades sociais 4-Necesidades de estima 5-Autorealización]]
 
A '''Pirámide de necesidades de Maslow''' é unha representación gráfica en forma de [[pirámide (xeometría)|pirámide]] das necesidades humanas deseñada polo psicólogo [[Estados Unidos de América - United States of America|estadounidense]] [[Abraham Maslow]] no seu traballo ''A Theory of Human Motivation'' ([[1943]]). Segundo a súa teoría as necesidades humanas deben ser atendidas desde a base da pirámide, onde residen as necesidades fisiolóxicas, para poder chegar á cima da pirámide, onde está a autorealización.
== Necesidades fisiolóxicas ==
No nivel inferior da pirámide residen as necesidades básicas como a inxesta de [[alimento]]s, [[auga]] e [[aire]], pero tamén a necesidade de durmir, o movemento físico, a excreción e o [[sexo]], entendido como reprodución non como un pracer. En resume, a necesidade de manter e defender o organismo humano. Só cando esas necesidades están satisfeitos, as necesidades pasan ó nivel seguinte. Se hai [[fame]] ou [[sede]], non se pensa en máis nada.