Ana Bolena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Anne boleyn.jpg|thumbminiatura|250px|right|Ana Bolena, raíña consorte de Inglaterra, esposa de [[Henrique VIII de Inglaterra|Henrique VIII]] e nai de [[Isabel I de Inglaterra|Isabel I]].]]
'''Ana Bolena''' (en [[lingua inglesa|inglés]]: Anne Boleyn), raíña consorte de [[Inglaterra]], 1ª marquesa de Pembroke. A súa data de nacemento adoitaba fixarse en 1507, pero os historiadores máis modernos dátana en [[1501]] (- [[19 de maio]] de [[1536]])<ref>Ver os traballos de Eric Ives para o argumento do ano 1500/1501 e R.M. Warnicke para 1507.</ref>. Ana foi a segunda esposa do rei [[Henrique VIII de Inglaterra|Henrique VIII]] e a nai da raíña [[Isabel I de Inglaterra|Isabel I]]. O matrimonio de Henrique e Ana, e a súa subsecuente execución, eran parte do complexo comezo da considerable axitación política e relixiosa que foi a [[Reforma en Inglaterra|Reforma inglesa]], con Ana participando activamente na promoción da causa da reforma da Igrexa. Chamárona "a raíña consorte máis influente e importante que Inglaterra tivo nunca".<ref> Ives, p. xv.</ref>
 
Liña 15:
Ana era filla de sir Tomás Bolena, máis tarde primeiro conde de Wiltshire e primeiro conde de Ormonde, e a súa esposa, lady Isabel Bolena (nada Isabel Howard), filla do segundo duque de Norfolk. Non se sabe con seguridade onde naceu, pero se establece que foi entre a mansión da súa familia, ''Blickling Hall'' en [[Norfolk]], e súa residencia favorita, o castelo de Hever en [[Kent]].
 
[[Ficheiro:Queen Anne Boleyn 2.jpg|thumbminiatura|right|180px|Un retrato idealizado de Ana Bolena, pintado no século posterior á súa morte (de aí o estilo de vestir anacrónico), atribuído a Marcus Gheeraerts o Mozo.]]
Existían rumores de que Ana sufría [[polidactilia]] (seis dedos na súa man esquerda, por entón considerado un signo do [[diaño]]) e unha marca de nacemento ou [[lunar]] no seu pescozo que sempre escondía cunha xoia. Aínda que esta lenda sexa popular, non hai probas contemporáneas que o apoien. Ningún dos moitos relatos de testemuñas oculares sobre o aspecto de Ana Bolena —algúns deles meticulosamente detallados— menciona ningunha deformidade, e moito menos un sexto dedo. Ademais, cando as deformidades físicas eran xeralmente interpretadas como un signo do [[Mal (filosofía)|mal]], é difícil crer que Ana Bolena chamase a atención romántica de Henrique, se ela realmente tivese algunha deformidade.<ref> Warnicke, pp. 58–9; Lindsey, pp. 47–8.</ref>
 
Liña 29:
 
=== Aparencia e personalidade ===
[[Ficheiro:Anneboleyn2.jpg|thumbminiatura|right|180px|Un retrato de Ana Bolena pintado algúns anos logo da súa morte. O seu biógrafo máis recente considérao moi preto de "a verdadeira Ana Bolena".<ref> Ives, p. 43.</ref>]]
Ana Bolena non era convencionalmente fermosa para o seu tempo. Era delgada e a súa pel foi considerada por algúns como demasiado escura. Con todo, moitos observadores estiveron impresionados polos seus ollos escuros e o seu pelo longo e moreno, que ela levaba solto sobre as súas costas. Un [[Italia|italiano]] que coñeceu a Ana en 1532 escribiu que ela "non era unha das mulleres mais ben parecidas do mundo", pero outros pensaban que era "''competent belle''" ("absolutamente fermosa") "e nova e aposta". Un historiador reuniu todas as descricións e conclúe así:
 
Liña 44:
== Henrique VIII ==
=== Amores reais ===
[[Ficheiro:Catherine of aragon 1525.jpg|thumbminiatura|esquerda|[[Catarina de Aragón]], primeira esposa de Henrique VIII.]]
Cando Ana Bolena chegou á corte, a primeira esposa de Henrique, [[Catarina de Aragón]], era popular entre moitas persoas, aínda que ela non participase en política e a vida da corte durante algún tempo. Todos os seus fillos con Henrique habían morto novos e o rei estaba preocupado por ter un home herdeiro do seu trono a fin de conservar a monarquía e previr a guerra civil.
 
Liña 55:
Segundo George Cavendish, enviaron brevemente a Ana da corte ás leiras rurais da súa familia, pero non se coñece por canto tempo. Cando volveu á corte reuniu unha camarilla de amigas femininas e admiradores masculinos ao seu ao redor, pero se fixo famosa pola súa capacidade de manter aos homes a distancia. O poeta sir [[Thomas Wyatt]], escribiu sobre ela no poema [http://www.nellgavin.com/ThomasWyatt/ ''"Whoso List to Hunt"''], no que a describiu como inalcanzábel e testuda, a pesar de parecer recatada e tranquila.<ref> Ives, p. 73.</ref> En 1525, Henrique VIII namorouse dela e comezou a súa persecución.<ref> Scarisbrick, p. 154.</ref>
 
[[Ficheiro:Hans Holbein d. J. 049.jpg|thumbminiatura|O rei [[Henrique VIII de Inglaterra]]. Atafegou a Ana con ducias de cartas de amor.]]
A irmá de Ana, María, fora con anterioridade amante por un tempo do rei Henrique, durante o tempo en que estivo casada con sir William Carey, un cabaleiro da Cámara Privada do rei. Rumoreouse durante moito tempo que un ou ambos os fillos de María Bolena foron procreados por Henrique. Algúns escritores, como Alison Weir, agora cuestionan se Henry Carey (o fillo de María) realmente foi procreado polo rei<ref>''Henry VIII: The King and His Court'', por Alison Weir, p. 216.</ref>.
 
Liña 65:
En [[1529]], parecía coma se o papa [[Clemente VII, papa|Clemente VII]] non estivese preto de conceder a Henrique a nulidade que el solicitara en 1527. Parte do problema era que o emperador [[Carlos I de España|Carlos V]], sobriño de Catarina de Aragón, fixera prisioneiro a Clemente. Henrique viu que Clemente con pouca probabilidade daríalle así unha nulidade da tía do emperador. Ademais, a Igrexa, enredada na [[Reforma Protestante|Reforma]], malamente podería permitirse afrontar contradicirse a si mesma cunha nulidade dun matrimonio que orixinariamente garantía unha dispensa sen dar aos seus inimigos máis razóns para ridiculizar a súa autoridade. Como a tensión política montada no estranxeiro, a corte caeu nunha confusión interna, desde entón a lealdade do cardeal Wolsey aos Bolena foi posta en dúbida.
 
[[Ficheiro:Wolsey.jpg|thumbminiatura|right|O cardeal Wolsey]]
Convencida de que era un traidor, Ana Bolena mantivo a presión ata que Wolsey foi despedido da oficina pública en 1529. Logo do seu despedimento, o cardeal pediulle que lle axudase a volver ao poder, pero ela negouse. Entón el comezou un complot secreto para forzar a Ana ao exilio e iniciou contactos coa raíña Catarina e o Papa, para ese efecto. Cando este complot foi descuberto, Henrique ordenou a detención de Wolsey e de non ser pola súa morte por mor dunha enfermidade terminal en 1530, podería ser executado por [[traizón]]. Un ano máis tarde, a raíña Catarina foi desterrada da corte e os seus antigos apousentos entregados a Ana.
 
Liña 100:
Circularon rumores de que Catarina fora envelenada (culpaban tanto a Ana como a Henrique); os rumores xurdiron tras descrubrir durante o seu embalsamamento que o seu corazón estaba ennegrecido. Os expertos médicos modernos están de acordo en que a escuridade do corazón de Catarina non era debido ao envelenamento, senón debido ao cancro de corazón, algo que non se coñecía por entón.<ref> Fraser, ''The Wives of Henry VIII''.</ref> Tras a morte de Catarina, Ana intentou mellorar as súas relacións coa filla de Catarina, María, pero foi rexeitada de novo.
 
[[Ficheiro:Cromwell,Thomas(1EEssex)01.jpg|thumbminiatura|right|180px|Thomas Cromwell: o antigo aliado de Ana que máis tarde preparou o complot que causou a súa morte.]]
 
Durante o día do enterro de Catarina, o [[29 de xaneiro]] de [[1536]], Ana sufriu un aborto espontáneo. Para a maior parte de observadores, esta perda persoal foi o principio do fin do matrimonio real. O que pasou despois é un dos períodos máis polémicos da historia inglesa, dado que é tanto unha traxedia persoal como un indicativo das tendencias políticas máis extensas que gobernaron a [[Casa de Tudor]] nese período.
Liña 110:
 
O 2 de maio de 1536, Ana foi detida durante o xantar e levada á [[Torre de Londres]]. Na Torre, sufriu unha crise nerviosa menor, esixindo saber todos os detalles sobre o paradoiro da súa familia e os cargos contra ela.
[[Ficheiro:Tower of london from swissre.jpg|thumbminiatura|250px|Vista aérea da Torre de Londres.]]
 
Catro dos homes foron procesados en [[Cidade de Westminster|Westminster]] o 12 de maio de 1536. Weston, Brereton e Norris mantiveron publicamente a súa inocencia e só o torturado Smeaton apoiou á Coroa declarándose culpable. Tres días máis tarde, Ana e George foron procesados por separado na Torre de Londres. Ela foi acusada de adulterio, incesto e alta traizón. A sospeita popular contra Henrique e a súa amante, [[Xoana Seymour|Jane Seymour]], os cales foron vistos de banquete no [[Río Támesis|Támesis]], era xeneralizada. Varios panfletos circularon por Londres burlándose dos procesos e apoiando á raíña.