Alonso de Zúñiga e Acevedo Fonseca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Fortaleza_de_Monterrey.jpg|thumbminiatura|right|350px|[[Castelo de Monterrei]].]]
 
'''Alonso de Zúñiga e Acevedo Fonseca''', nado no [[castelo de Monterrei]] contra o ano [[1495]] e finado no mesmo lugar en [[1559]], foi un [[nobre]] [[Galicia|galego]] da [[Casa de Zúñiga]], III conde de Monterrei, señor de Biedma, de Ulloa, da casa da Ribeira, pertigueiro maior de [[Santiago de Compostela]], adiantado maior de Cazorla, que serviu ao [[emperador]] do [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Sacro Imperio]] [[Carlos V]], a quen acompañou á súa coroación en [[Boloña]] e ao socorro de [[Viena]], sitiada polo [[Suleiman I|sultán turco Suleiman I]].
Liña 23:
== Legado ==
Na basílica de San Lourenzo "o Maior" de [[Nápoles]] encóntrase na sala de entrada á basílica o seu escudo de armas en recordo das obras de reconstrución que durante a súa estada nesa cidade se fixeron.
[[Ficheiro:Palacio_de_Monterrey_Salamanca.JPG|thumbminiatura|right|350px|Palacio de Monterrei, en [[Salamanca]], mandado edificar poe Alonso de Zúñiga e Acevedo Fonseca, III conde de Monterrei.]]
 
En [[1539]] mandou erixir o monumental palacio de Monterrei en [[Salamanca]], que foi deseñado polo arquitecto [[Rodrigo Gil de Hontañón]]. O palacio é de planta cadrada con torres nos ángulos e patio central. A obra comezouse a construír o [[18 de xaneiro]] de [[1539]] e foi executada polos mestres Pedro de Ibarra e Pedro Miguel de Aguirre. En vida de Alonso só se construíu unha cuarta parte do proxecto. Por concesión real de [[17 de febreiro]] de [[1540]] obtivo poder para vender ou establecer censo sobre os bens do seu morgado.<ref>AER Arquivo SNAHN, Sinatura OSUNA, C.476,D.26.</ref> O seu segundo neto Manuel Alonso de Zúñiga Acevedo e Fonseca tratou en [[1640]] de realizar o plano orixinal, pero non tivo éxito.