Aleixo IV Anxo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: Modifico: ko:알렉시오스 4세
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
'''Aleixo IV Anxo''' (en griego: Αλέξιος Δ' Άγγελος) (c. [[1182]]–[[1204]]), [[Lista de Emperadores Bizantinos|emperador bizantino]] desde xullo de [[1203]] a xaneiro de [[1204]]). Era fillo do emperador [[Isaac II Anxo]] e sobriño de [[Aleixo III Anxo]].
 
[[Ficheiro:Alexius4.jpg|thumbminiatura|right|250px|Aleixo IV Anxo]]
 
En [[1195]], cando Aleixo III destronou a Isaac II, o xove Aleixo foi enviado a prisión. En [[1201]], dous mercadores [[Pisa|pisanos]] conseguiron rescatalo, sacalo de [[Constantinopla]] e levalo a Alemaña, onde se refuxiou na corte do seu cuñado [[Filipe de Suabia]], casado coa súa irmá Irene. Estando na devandita corte, coñeceu a [[Bonifacio de Montferrato]], primo de Filipe, que fora escollido para liderar a [[Cruzadas#Cuarta Cruzada|Cuarta Cruzada]], pero que abandonara o asedio de [[Zadar|Zara]] para visitar a Filipe. Bonifacio e Aleixo falaron de desviar a Cruzada cara a Constantinopla, de forma que Aleixo e o seu pai puidesen recuperar o trono. A cambio, Aleixo proporcionaría soldados bizantinos para que loitasen na Cruzada, ademais de diñeiro para pagar a débeda dos cruzados cos [[Venecia|venecianos]]. Así mesmo, prometía devolver a [[Igrexa ortodoxa grega]] á obediencia do Papa. Os venecianos mostráronse partidarios do plan cando se lles comunicou, e, en [[1202]], a flota chegou a Constantinopla. Aleixo fixo unha demostración de forza fóra das murallas, pero os cidadáns non mostraron interese algún nel, pois aínda que Aleixo III fose un usurpador desde o punto de vista dos occidentais, resultaba un emperador aceptábel a ollos dos bizantinos.