Al-Hakam II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: sh:Al-Hakam II
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:MonAlhakenII01.jpg|thumbminiatura|300px|thumbminiatura|Monumento a Al-Hakam II en [[Califato de Córdoba|Córdoba]] ([[España]]). Encóntrase no ''Campo Santo de los Mártires'' e foi inaugurado o 1 de outubro de 1976.]]
'''Abû al-`Âs al-Mustansir bi-llah al-Hakam ibn `Abd ar-Rahman''' (en [[lingua árabe|árabe]], '''أبو العاص المرتضى الحكم بن هشام'''), máis coñecido como '''Al-Hakam II''' ou '''Alhakén II''' ([[Córdoba]], [[13 de xaneiro]] de [[915]] - [[16 de outubro]] de [[976]]), segundo [[califa]] [[omeia]] de [[Califato de Córdoba|Córdoba]], desde o [[16 de outubro]] de [[961]] até a súa morte.
 
Liña 32:
 
== Política interior ==
[[Ficheiro:Capilla-de-Villaviciosa.jpg|thumbminiatura|300px|Mesquita de Córdoba.]]
[[Ficheiro:Medina Azahara Salón Rico.jpg|thumbminiatura|300px|Medina Azahara.]]
O califato baseábase na igualdade de todos os grupos étnicos e relixiosos para acceder aos postos de goberno, acabando coa nobreza militar árabe, bérbere, eslava ou de calquera outra orixe.
 
Liña 52:
 
Os impostos coránicos case nunca bastaron para facer fronte ao gasto do Estado, pero a economía alcanzou un desenvolvemento insospeitado grazas á longa etapa de paz que o califato deu aos seus súbditos, o que proporcionou ao fisco uns ingresos saneados que permitiron a construción das grandes obras públicas.
[[Ficheiro:Casket ivory Louvre UCAD4417.jpg|thumbminiatura|250px|Caixa de marfil e prata con decoración tallada ([[Medina Azahara]]).]]
 
* A vida económica propiamente dita estaba baseada na [[agricultura]] e a [[gandaría]]. O cultivo de cereais e legumes foi particularmente intenso. Os excedentes de olivas, uvas e figos exportábanse, con pingües beneficios, cara a Oriente. Introduciuse o cultivo do arroz, da laranxeira e do pomelo, e construíronse sistemas canles de rega. O manto forestal alcanzou probabelmente a súa extensión máxima na península e foi aproveitado para a construción de barcos, en especial nos [[estaleiro]]s de [[Tortosa]].
Liña 65:
 
=== Cultura ===
[[Ficheiro:Arabic herbal medicine guidebook.jpg|thumbminiatura|250px|[[Herbolario]] de [[Al-Ándalus]].]]
O desenvolvemento das [[ciencia]]s e das [[letra]]s debeuse ás facilidades que os califas Abderramán III e Al-Hakam II deron aos sabios orientais inmigrados, xa que os [[abásida]]s perseguiron sen tregua a quen cultivara o saber máis alá dos rudimentos necesarios para a solución dos problemas xurídico-relixiosos. A difusión da cultura andalusí por Europa quedou asegurada grazas ás continuas viaxes dos monxes [[mozárabes]] á España cristiá, á [[Marca Hispánica]] e até a [[Lorena]].
 
Liña 71:
 
* Al-Hakam fundou 27 escolas públicas nas que os eruditos ensinaban de forma gratuíta aos pobres e aos orfos a cambio de atraentes salarios, e decretou a ensinanza obrigatoria para todos os nenos.
[[Ficheiro:AndalusQuran.JPG|thumbminiatura|250px|Volume dun [[Corán]] de [[Al-Ándalus]].]]
 
* Creou unha [[biblioteca]], símbolo da cultura andalusí, pluralista, tolerante e universalista, con máis de 400.000 volumes que abarcaban todas as ramas do saber. Tiña anexo un taller de escribanía con copistas, miniaturistas e encadernadores, e se coñecen os nomes das dúas copistas máis importantes: Lubna, secretaria de Al-Hakam II, e Fátima. Segundo os cronistas, nun só arrabalde da cidade podía haber unhas cento setenta mulleres dedicadas á copia de libros, o que dá unha idea da cultura á que chegou a muller cordobesa naquelas datas. Tamén tiña axentes para ollear e comprar libros en [[O Cairo]], [[Bagdad]], [[Damasco]] e [[Alexandría]]. Desde a biblioteca subvencionaba no só aos escritores e estudosos de Al-Ándalus, senón de todo o mundo: cando soubo que [[Abu'l-Faraj al-Isfahani]] comezara a súa célebre antoloxía de poesía e cancións árabes (o ''Libro de cantos''), envioulle mil moedas de ouro para ter unha copia. Isfahani envioulle unha especial, coa xenealoxía dos Omeias, porque Al-Hakam, que leu e anotou moitos dos milleiros de libros da súa biblioteca, era un xenealoxista consumado, o máis importante que tivera esta disciplina; aínda hoxe é a máxima autoridade na materia. Pasaron séculos antes de que se reunira en España unha biblioteca como a súa, só porque escribía, perdoaba, protexía aos filósofos e pagaba a todos os poetas, incluso aos máis desvergonzados.
Liña 83:
 
== Almanzor ==
[[Ficheiro:Almanzoralgeciras.jpg|130px|thumbnailminiatura|Almanzor.]]
Durante o reinado de Al-Hakam II fixo a súa aparición na historia Muhammad Ibn abi-Amir, máis coñecido como [[Almanzor]] quen, tras realizar os seus estudos na capital califal, iniciou a súa carreira política pasando desde o posto de auxiliar do [[cadí]] de Córdoba ao de administrador do patrimonio de [[Subh]], a concubina favorita do califa, de gran influencia política na corte e que o fixo ascender rapidamente até alcanzar, en [[973]], o cargo de intendente do exército na campaña africana.