Acontecementos en Vitoria en 1976: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Vitoria - San Francisco de Asis01.JPG|thumbminiatura|right|Monumento ás vítimas.]]
Os '''acontecementos de Vitoria de 1976''' refírense a un feitos ocorridos o [[3 de marzo]] de [[1976]] na cidade alavesa de [[Vitoria - Gasteiz|Vitoria]], no [[Comunidade Autónoma Vasca - Euskal Autonomia Erkidegoa|País Vasco]], durante a chamada etapa de [[Transición española]]. Neles produciuse o enfrontamento da [[policía]] armada, da cal o responsable máximo era o daquela ministro [[Manuel Fraga]], con traballadores que realizaban unhas xornadas de [[folga]] e que se refuxiaron na [[igrexa de San Francisco de Agarrades]] no barrio de Zaramaga, co resultado da [[morte]] de 5 deles.
 
== Historia e características ==
[[Ficheiro:Recriminacion a fraga na usc.jpg|thumbminiatura|right|Cartel opositor das políticas levadas a cabo por Fraga durante o franquismo, entre elas as relacionadas cos acontecementos de Vitoria en 1976, colgado no taboleiro de novas da Facultade de Historia da USC durante os días posteriores ao falecemento do político vilalbés.]]
Durante o mes de xaneiro de [[1976]] arredor de seis mil traballadores iniciaron unha folga en contra do decreto de topes salariais e en defensa de mellores condicións de traballo. Dous meses despois convocaron por terceira vez unha folga xeral que foi masivamente seguida o día 3 de marzo. Ese mesmo día a policía armada entrou na igrexa San Francisco de Agarrades en Vitoria, na que estaba previsto realizar unha asemblea de traballadores e, facendo caso omiso da decisión do párroco e do contido do Concordato, cominou ao desaloxo. Pouco despois do ultimato, as forzas da orde dispararon [[gas lacrimóxeno|gases lacrimóxenos]] nun recinto pechado e ateigado de xente. O tropel de xente que foi saíndo do templo, foi agredido fisicamente, do cal se derivou o [[asasinato]] de [[Pedro María Martínez Ocio]], traballador de [[Forjas Alavesas]], de 27 anos, [[Francisco Aznar Clemente]], operario de panadarías e estudante, de 17 anos, [[Romualdo Barroso Chaparro]], de Agrator, de 19 anos, [[José Castillo]], de Basea, unha sociedade do Grupo Arregui, de 32 anos. Dous meses despois morrería [[Bienvenido Pereda]], traballador de Grupos Diferenciales, con 30 anos. Dous obreiros mortos no lugar dos feitos, catro feridos moi graves dos cales tres morrerían, e varios feridos máis, algúns con ferida de bala, foron o resultado da masacre.