Acoirazado Bismarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 75:
 
As ordes operacionais do ''Bismarck'' non requirían que repostase en Bergen (o ''Prinz Eugen'' fíxoo por necesidade), e o acoirazado non tomou combustible extra no día que pasou no Grimstadfiord. Este feito tería posteriormente consecuencias serias para o barco, sobre todo porque saira dende Gotenhafen sen que os tanques estivesen completamente cheos e xa consumira unha décima parte da súa carga durante a viaxe ata [[Noruega]]. O Almirante Lütjens sabía que un barco de repostaxe, o ''Weissenberg'', estaba agardando por eles no [[Ártico]], a polo menos un día de navegación. Foi estraño que, aínda tendo esta información, non aproveitase esa oportunidade de repostar o ''Bismarck'' para a que podería ser unha perigosa viaxe. Por outra banda, a súa decisión de parar en [[Bergen]] revocou unha decisión anterior de dirixirse directamente cara o Ártico e o ''Weissenberg''. Isto tamén lles fixo perder un día e expúxoos á detección da vixilancia aérea británica.
[[Ficheiro:Rheinuebung Karte2.png|thumbminiatura|300px|Mapa da Operación Rheinübung e operación británicas para dar caza ao ''Bismarck'']]
Ás 19:45 do [[21 de maio]] Lütjens botouse ao mar, separándose da súa escolta de destrutores a primeiras horas do [[22 de maio]]. Dirixíndose cara o norte, e posteriormente cara o noroeste a 24 nós, a frota alemá avanzou a bo ritmo e sen incidentes polo [[mar de Noruega]] cara o estreito de Dinamarca entre [[Islandia]] e [[Groenlandia]], a porta de entrada ao [[Atlántico]]. Este tortuoso curso ía en contra das recomendacións do Grupo Norte de entrar no océano pola ruta que ía entre Islandia e as [[illas Feroe]]. Tamén estaba demasiado ao sur para citarse co ''Weissenberg'' e repostar o ''Bismarck''. Porén, mentres estiveron en augas do [[círculo polar ártico]], o ''Bismarck'' e o ''Prinz Eugen'' non foron detectados polo recoñecemento aéreo británico, que estaba demasiado ao sur. Coa mente no asalto de convois, Lütjens agardaba unha ruptura doada no Atlántico axudada pola brétema, pero eses plans foron frustrados.
 
Liña 84:
=== Batalla do Estreito de Dinamarca ===
A aproximadamente as 05:30 do sábado [[24 de maio]], cando os alemáns estaban a piques de abandonar o estreito de [[Dinamarca]], os [[hidrófono]]s do ''Prinz Eugen'' detectaron a presencia de dous barcos máis a babor. Cara as 05:45 ambos estaban á vista, aínda que os alemán non identificaron á forza inimiga. Resultou ser un grupo de batalla británico formado polo novo acoirazado ''Prince of Wales'' e o envellecido cruceiro de batalla ''[[HMS Hood (51)|Hood]]'', baixo o mando do Contraalmirante Lancelot Holland. O ''Prince of Wales'' fora recentemente rematado e aínda estaban traballando nel (de feito no encontro co ''Bismarck'' había ao redor de 100 traballadores civís a bordo completando o seu equipamento). O ''Hood'' fora construído como un cruceiro de batalla e modificado para darlle a protección dun acoirazado, pero aínda tiña unha blindaxe na cuberta relativamente débil. Os alemáns non se sorprenderon de ser detectados polos barcos británicos, pero que chegasen dous buques capitais ao seu encontro foi un acontecemento inesperado.
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 146-1984-055-13, Schlachtschiff Bismarck, Seegefecht.jpg|300px|thumbminiatura|O ''Bismarck'' disparando ao ''Prince of Wales'' o 24 de maio de 1941]]
Ás 05:49 Holland ordenou fogo concentrado no barco líder inimigo, o ''Prinz Eugen'', pensando que era o ''Bismarck''. Afortunadamente para os británicos, o capitán do ''Prince of Wales'' decatouse rapidamente do erro e cambiaron o seu obxectivo. Holland modificou a súa orde para interceptar o barco correcto, pero non chegou a tempo da primeira salva do ''Hood''.O ''Hood'' realizou os primeiros disparos da batalla ás 05:52, cando xa era de día, seguido pouco despois polo ''Prince of Wales''. O alcance dos barcos alemáns era de aproximadamente 20 km. A primeira salva do ''Hood'' impactou preto do ''Prinz Eugen'', causando danos menores pola metralla preto das torretas de popa.
 
Liña 90:
 
Tanto o ''Bismarck'' como o ''Prinz Eugen'' comezaron a disparar contra o ''Hood'' a unha distancia de 18 km. Os primeiros disparos dos alemáns foron moi precisos e en dous minutos o ''Hood'' recibira polo menos un impacto dun proxectil de 8 polgadas do ''Prinz Eugen''. Este golpeou ao barco británico preto mastro principal e causou un gran incendio que a tripulación procurou controlar. O ''Prinz Eugen'' acertou ao ''Hood'' tres veces durante o encontro. Porén, o ''Bismarck'' tamén foi alcanzado polo ''Prince of Wales'', causando unha fuga de combustible dos tanques dianteiros; polo tanto Lütjens ordenou que os seus canóns apuntasen ao ''Prince of Wales''. O supervivente do ''Bismarck'' Baron Burkard von Müllenheim-Rechberg inicialmente afirmou que os impactos nese barco foron realizados pola terceira salva do ''Hood''; porén, é igualmente probable que eses disparos procedesen do ''Prince of Wales'', xa que é seguro que o ''Hood'' tivo como obxectivo ao ''Prinz Eugen'' a meirande parte da batalla e que a orde de cambiar ao ''Bismarck'' fixo que case todos os seus disparos caesen entre os barcos inimigos, sen impactar a ningún deles. Ás 05:54 a distancia baixara aos 20 km, e ás 05:57 era xa de 17 km. O ''Bismarck'' entón disparou unha cuarta salva que foi lixeiramente longa e caeu cara a popa do ''Hood''. Ao mesmo tempo Holland ordenou xirar 20 graos a babor. Antes de que o barco comezase a virar o ''Hood'' disparou unha quinta salva ás 05:59:30.
[[Ficheiro:Sinking of HMS Hood.jpg|thumbminiatura|esquerda|300px|Afundimento do ''Hood'' co ''Prince of Wales'' en primeiro plano]]
Ás 06:00 o ''Hood'', que estaba no medio da manobra de virar a babor para poder encarar con todo o seu armamento ao ''Bismarck'', foi alcanzado no medio do barco por polo menos un proxectil da quinta salva do ''Bismarck'' que estaba a uns 15 km. Moi pouco tempo despois os observadores de ambos bandos viron un enorme chorro de chamas eleándose cara o ceo, seguido do ruído dun estoupido que partiu o enorme barco en dous. Moitas esquirlas caeron sobre o ''Prince of Wales'', a 370 m de distancia. A popa do ''Hood'' elevouse e afundiuse pouco antes que a proa, todo iso en tres minutos. O Almirante Holland e 1.415 tripulantes afundíronse co barco. Só tres homes (Ted Briggs, Bob Tilburn e Bill Dundas) sobreviviron. Estes foron rescatados unhas dúas horas e media máis tarde polo destrutor ''Electra''. O Almirantazgo Británico posteriormente chegou á conclusión de que a explicación máis probable foi a penetración nos seus polvoríns dun único proxectil de 15 polgadas do ''Bismarck'', causando o posterior estoupido catastrófico.
 
Liña 120:
=== Afundimento ===
Ao redor das 08:00 do [[27 de maio]], o ''Rodney'' e o ''King George V'' achegáronse a 39 km do ''Bismarck'', co inimigo ben iluminado polo sol da mañá no fondo. Nese momento a visibilidade era de só 19 km e o estado do mar era de 4–5 (de forte marusía a media vaga). O forte vento estaba soprando dende o noroeste cunha forza de 6 a 7. O ''Rodney'' dirixiuse cara o norte polo que podía disparar ao longo do ''Bismarck'', mentres que o ''King George V'' púxose de lado. Abriron fogo ás 08:47. O ''Bismarck'' respostou, pero a súa incapacidade de manobrar e a súa escora cara babor afectaron á precisión. A súa baixa velocidade de sete nós o convertía nun obxectivo doado, e rapidamente foi alcanzado varias veces, cos cruceiros pesados ''Norfolk'' e ''Dorsetshire'' incorporándose ao combate. Ás 09:02 un proxectil de 200 mm do ''Norfolk'' impactou no control de fogo principal, matando ao oficial de artillería, Adalbert Schneider, que fora galardonado coa Cruz de Cabaleiro a primeira hora desa mesma mañá pola súa participación no afundimento do ''Hood''. Ás 09:08 un pesado proxectil do ''Rodney'' alcanzou ambalas dúas torretas dianteiras do ''Bismarck'', a Anton e a Bruno, poñendo a esta última fóra de combate; este impacto foi seguido por outra salva que destruiu o posto de control dianteiro, matando á meirande parte dos oficiais superiores. As torretas de popa, Caesar e Dora, continuaron disparando localmente. Ás 09:21 Dora foi eliminada. A tripulación de Anton logrou disparar a súa derradeira salva ás 09:27. Ás 09:31 Caesar realizou o seu derradeiro disparo e entón quedou eliminada. Esta salva alcanzou ao ''Rodney'', danando os seus tubos de torpedos. Os disparos efectuados polo ''Bismarck'' durante a batalla dirixíronse cara o ''Rodney'', o barco máis vello (quizais coa esperanza de conseguir un éxito semellante ao acadado co ''Hood''). O ''Bismarck'' chegou a ser unha ameaza para o ''King George V'' cando von Müllenheim, baixo control de fogo local, concentrouse neste barco pero o seu control foi voado por un impacto directo antes de que puidese disparar ao acoirazado británico. Aos 44 minutos, os canóns pesados do ''Bismarck'' estaban silenciados. O ''Rodney'' colocouse a queimarroupa (aproximadamente 3 km) para varrer a superestructura, mentres que o ''King George V'' disparaba dende máis lonxe.
[[Ficheiro:HMS Dorsetshire Bismarck survivors.jpg|250px|thumbminiatura|Supervivintes do ''Bismarck'' sendo izados ao ''HMS Dorsetshire'']]
O ''Bismarck'' continuou coa súa enseña izada. Sen sinais de rendición, a pesar da desigual loita, o británicos resistíanse a deixar o ''Bismarck''. As súas reservas de combustible e munición eran baixas, unha demostración do difícil que era para un acoirazado destruir unha unidade semellante, incluso nun combate desequilibrado; porén, cando se fixo evidente que o seu inimigo non podería alcanzar un porto, o ''Rodney'', o ''King George V'' e os destrutores foron enviados a casa. Ao ''Norfolk'' non lle quedaban torpedos, polo que o ''Dorsetshire'' lanzou tres de 533 mm a unha distancia relativamente curta, que poderían alcanzar ao ''Bismarck''. As cubertas superiores do barco alemán estaban case completamente destruídas, pero os seus motores aínda funcionaban, aínda que Johannes "Hans" Zimmermann, un fogueiro que sobreviviu, confirmou que a auga salgada entrara nas liñas de alimentación das caldeiras o que obrigou aos enxeñeiros a reducir a velocidade a sete nós, por medo a un estoupido, e o casco aparentemente estaba en bo estado; polo que, en vez de arriscarse a ser capturado, aos supervivintes déuselles a orde de afundir o barco e despois abandonalo. Moitos dos tripulantes caeron á auga, pero poucos mariñeiros das zonas máis baixas dos motores sobreviviron. Como o capitán Lindemann presumíase morto, como todos os seus oficiais, despois do impacto na ponte cun proxectil de 410 mm, non está claro se puido dar a orde de afundir o barco.